Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo en Londres

O G-20 propón manter as medidas de estímulo á economía

Rodríguez Zapatero non descarta subir a tributación das sociedades de investimento de grandes patrimonios, actualmente do 1%.

Redacción - 10:45 06/09/2009

Os responsábeis de economía e finanzas do G-20 acordaron en Londres manter as medidas de estímulo para a reactivación económica, a pesar de que algúns estados xa amosaron síntomas de recuperación. Ademais, avogaron por aplicarlles estritos controis ás bonificacións dos banqueiros.

Ao seu entender, a política monetaria e fiscal debería seguir sendo "expansionista" até lograr a recuperación. Porén, melloraron as súas expectativas sobre a saída da crise con respecto a anteriores encontros.

Nun comunicado conxunto, os responsábeis financeiros acordaron aplicar máis controis sobre as bonificacións que as institucións financeiras lles dan aos seus directivos co obxectivo de desincentivalos a realizar apostas arriscadas, como as que provocaron a crise 'subprime' en agosto de 2007. Entre as medidas que propoñen para "moderar" esas bonificacións están pospoñer os pagos das primas ou devolvelas se a situación empeora. En calquera caso, os países decidiron profundizar nestas propostas máis adiante, por falta de acordo.

Sicavs
Pola súa banda, o presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, subliño que "non hai nada pechado" no plan de suba de impostos en que traballa o executivo, polo que non lle pechou a porta a unha posíbel suba fiscal par as sociedades de investimento de grandes patrimonio, coñecidas como sicavs. Nunha entrevista radiofónica, Zapatero insistiu en que non se lles subirán os impostos ás empresas nin ás persoas físicas.

As sicavs son sociedades que invisten en activos financeiros e que requiren un capitl mínimo superior aos dous millóns de euros e a partir de 100 accionistas. A ministra Elena Salgado lembrou que o goberno español "nunca cuestionou" a decisión do goberno Aznar en 2003 de que as sicavs só tributasen o 1%.


2/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: