Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informa o xornal 'La Nación'

Costa Rica investiga o Grupo Calvo por suposta competencia desleal

A empresa galega asegura que cumpre todas as leis costarriqueñas e subliña que ten un posicionamento "marquista e non de prezos".

Redacción - 08:10 10/09/2009

O Ministerio de Economía, Industria e Comercio da República de Costa Rica investiga o grupo conserveiro galego Calvo por suposta competencia desleal, logo dunha solicitude presentada pola empresa local Sardimar, que acusa a compañía de practicar dumping, segundo informa o xornal La Nación.

As atuneiras locais, segundo esta publicación, alegan que Calvo vende os seus atúns en Costa Rica a un prezo inferior ao de comercialización en Brasil e El Salvador, onde ten plantas de produción.

Pola súa banda, o director xeral de Calvo, Javier Lazcoz, asegurou que a compañía cumpre con "todas as leis e todas as regulacións" de Costa Rica, e que compite con Sardimar "nas mesmas condicións", informa Europa Press.

Calvo, "a favor da libre competencia"
"O Grupo Calvo ten un posicionamento marquista e non de prezos nos mercados en que está presente, aposta firmemente pola innovación e polo consumidor, e está a favor da libre competencia", agregou Lazcoz.

Segundo defendeu, os prezos da compañía en Costa Rica non son menores que noutros países, "pero si son menores aos de Sardimar en Costa Rica, non por prácticas desleais de comercio, senón porque Calvo ten flotas pesqueiras propias, economías de escala, opera sen intermediarios e ten unha dilatada experiencia nesta industria, o que permite ter unha estratexia de prezos competitivos".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: