Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate

Cinco meses de novo Goberno: Pros e contras

Que valoración fas das medidas levadas a cabo desde que Alberto Núñez Feijoo é presidente da Xunta? Cales destacarías como máis positivas e cales como máis negativas?

Redacción - 14:00 14/09/2009

Este venres cúmprense cinco meses da toma de posesión de Alberto Núñez Feijoo como presidente da Xunta. Neste período, o novo Goberno executou diversas propostas políticas que o PPdeG levaba no programa co que se presentou ás eleccións.

A maioría destas, non exentas de polémica: as relacionadas coa política lingüística e co galego no ensino, a revisión dos plans acuícola e eólico, a fin da gratuidade dos libros de texto, ... Algunhas como esta última ou a eliminación das peonadas na sanidade, a reorientación das subvencións culturais e a redución de altos cargos procuran a recortar custes nunha época de crise.

Que valoración fas das medidas levadas a cabo desde que Feijoo é presidente da Xunta? Cales destacarías como máis positivas e cales como máis negativas? Mellorará ou empeorará o país como consecuencia da súa aplicación? Ti que opinas?


1.8/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: