Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Lingua

A Mesa exíxelle a Louzán as contas das "Xornadas bilingües"

Quere saber cantos cartos achegou a Deputación de Pontevedra para financiar un acto que cualifican de "racismo lingüístico".

Redacción - 11:00 16/09/2009

A Mesa pola Normalización Lingüística pediu as contas das 'xornadas bilingües' que tiveron lugar en Pontevedra, organizadas por Galicia Bilingüe e subvencionadas pola deputación. O presidente da Mesa, Carlos Callón, afirmou que as xornadas foron "as primeiras da historia da democracia na que unha administración paga con diñeiro de todos ataques contra a diversidade e a convivencia lingüística".

Callón cualificou o evento de "monólogo de extremistas, sen abrir o contraste ás persoas de opinións diferentes nin contar coa presenza de expertos cualificados". Mesmo "chegaron a falar do galego como algo menor nunha mostra deplorábel de racismo lingüístico".

O presidente da Mesa afirmou que aínda que os dirixentes actuais do PP "queren presentarse como modernos", en realidade "hai que ser moi reaccionario para levar a cabo políticas como estas" e preguntouse se os "gobernantes da deputación pensan que os libros escritos en galego teñen algo tóxico e por iso decidiron que non se compren máis".


4.71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: