Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Manifestación a prol da lingua

"Todas as organizacións sindicais, partidos e mesmo votantes do PP"

'Queremos Galego' fai un chamado global a "todos aqueles que entendan conculcados os seus dereitos lingüísticos".

Redacción - 14:00 18/09/2009
A organización agarda aumentar a participación do pasado 17 de maio, cando se sumaron 40 mil persoas á manifestación

A organización agarda aumentar a participación do pasado 17 de maio, cando se sumaron 40 mil persoas á manifestación

Cando falta exactamente un mes para a celebración da manifestación en defensa da nosa lingua que promove a recentemente constituída plataforma Queremos Galego, os seus representantes fan un chamamento para que se sume a esta protesta toda a cidadanía que estea en desacordo co "ataque que está a sufrir o noso idioma". Neste chamado teñen cabida, segundo destacou un dos portavoces do colectivo, Xurxo Souto, "todas as organizacións sindicais, partidos políticos e mesmo votantes do PP", é dicir, "todos aqueles que entendan conculcados os seus dereitos lingüísticos".

Neste sentido, a plataforma, integrada por máis de 50 colectivos e adhesións individuais, adiantou que mantén conversas co PSdeG e con sindicatos como Comisións Obreiras (CCOO) e Unión Xeral de Traballadores (UXT) para animalos a participar nesta manifestación. Souto avogou por "recuperar o pulso" e "o poder da palabra" por parte da mocidade quen, malia seren os que máis valoran o galego, son o colectivo no que máis falantes se perden".

A Iniciativa Lexislativa Popular, tamén en marcha
Outro dos obxectivos que se marcou esta entidade na súa formación é a de impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que exixa a garantía dos dereitos lingüísticos dos galegos, un trámite que se iniciará a vindeira semana no Parlamento. Segundo explicou outro dos portavoces da plataforma, Fran Rei, a ILP axustarase aos prazos polo que, logo da súa presentación, iniciarase o período dun mes para que a Mesa da Cámara responda sobre a súa aceptación.

A partir dese momento, comezará o proceso de recollida de sinaturas para o que se dispón de tres meses (até febreiro de 2010). O número mínimo exixíbel para que a ILP poida ser debatida no Parlamento é de 15 mil, unha cifra que os promotores da iniciativa confían en sumar. "O único que pedimos", insistiu Rei, "é que se cumpra a lexislación vixente en materia de normalización lingüística, máis nada".


4,86/5 (35 votos)


Comentarios (29)

juli_gz #1 18/Setembro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

unha manifestacion precisa onde as haxa. É un pouco cedo máis espero que se asemelle moito, espero que "GALEGO SEMPRE MÁIS" vaia e a ver que tal sae a cousa.

volvebreogan #2 18/Setembro/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

parabéns pola iniciativa,seguro que vai ser un éxito e alí estaremos todos.

folgaxeral #3 18/Setembro/2009 folgaxeral
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

pareceme raro que acudan os ppeiros mais si a maioria da sociedade

Xeonllo #4 18/Setembro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A maioría da sociedade galega inclúe inevitablemente parte dos que votaron polo PP, xa que eles tiveron esa maioría absoluta que é unha vergoña para todos os galegos.

Carlinhos #5 18/Setembro/2009 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Para "pedir" que se cumpra a legislaçom monárquico-nacional-católica vigente (que obriga a conhecer o espanhol e catalisa a desapariçom da nossa língua) nom me mobilizo; depois do 8-F só me mobilizarei pola equiparaçom real de direitos entre galego-falantes e renegados-do-idioma e pola hegemonia social da língua galego-portuguesa na naçom galega.
Aos votantes do PP só lhes mobilizaria (de boa vontade) o tabique nasal, o mesmo que a quem "reconheceram" a imposiçom do galego em datas imediatamente anteriores às eleiçons autoanémicas.
Creio que é ineficaz, falaz, ridículo e suicida encenar agora na rua umha unidade fictícia e que só beneficia aos hipócritas que nom crem no futuro da língua e que só a usam liturgicamente.
A língua NOM é de tod@s; é de quem a defende.
Alguns queremos o galego e sempre o quixemos, é claro; porém, boa parte dos assistentes quererám agora credibilidade, e já é muito tarde demais.
Nom duvido da honradez nem das boas intençons dos convocantes, nomeadamente do Xurxo Souto, mais do PPSOE nunca esperarei já nada bom.
A quem quixer ir de maos dadas cos lingüicidas com rosto amável, adiante, boa viagem (e, provavelmente, até vermo-nos o 17 de Maio)!

sarriano1983 #6 18/Setembro/2009 sarriano1983
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

XEONLLO estás trabucado a maioría da sociedade galega non votou ao PPdG...o bipartito tivo 5000 votos máis que o PPdG pero polo sistema de reconto de escaños súmanse os escaños por separado dun e doutro pero non os votos simples...o PPdG ganhou 30000 votos e o PSdG perdeu 30000 e o BNG perdeu 40000....moitos votantes quedaron na casa confiados..ao PPdG votouno os de sempre,vellos,supostos galeguistas de dereitas,galegos conservadores de pouca identidade galega e os españolistas das burguesías urbáns.

Xeonllo #7 18/Setembro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Sarriano, esas son miudencias. O resultado, o vergoñento resultado, foi que aproximadamente a metade da xente votou polo PP e a outra metade por todos os demais xuntos. E para que unha maioría de galegos vaia ou apoie esa manifestación pola lingua é imprescindible que o faga polo menos unha parte dos que votaron como parvos polo PP.

Xeonllo #8 18/Setembro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

miudezas

galicecos #9 18/Setembro/2009 galicecos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

boa iniciativa que terá unha grande participación. Contade conmigo

peroxa #10 18/Setembro/2009 peroxa
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A lingua, estimado Carlinhos, si é de todos. Mesmo dos que non a empregan. Muda o discurso se pretendes incorporar falantes, facerte entender e chegar aos que sentan arredor.

Adiante con alternativas plurais, é tempo de sumar apoios.

Carlinhos #11 18/Setembro/2009 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#10 A língua também é de Glória Lago! Arredemo, virghensartirma!
Oxalá esteja enganado e iniciativas como esta (mais umha) incorporem novos falantes e nom sejam utilizadas para dar image de normalidade lingüística democrática quando a situaçom é umha outra; se quixermos resistir, acho que temos de passar à ofensiva e EXIGIR o DEVER de conhecer o galego-português a tod@s os que morarem na Galiza; isto é, a cooficialidade no plano legal e, a nivel social toleráncia zero com o espanholismo(PPSOE) ainda que forem travestid@s de gaiteir@s um dia.
Creio que o momento de convocar a cidadania de Galiza em resposta as agresons ao galego já passou e que as "rebaixas" do BNG nom derom bom resultado, se os donos da Galiza nom aceitarem os galegos e as galegas sem castrar, teremos que castra-los a eles; nom podemos mudar o mundo, nem o país, mais podemos mudar as nossas vidas e aproveitar o conflito lingüístico rearmados moralmente, tínhamos razom e eles nom!
Lembro já quase três décadas de "toleráncia amável" co galego ("yo respeto el gallego pero no lo hablo... eu falava galego... pero aghora como te nos lo tienen imponido te hablo como Dios manda...) os quase trinta anos nos que o galego-português na Galiza, depois de mil primaveras, se converteu em língua minorizada na mocidade.
Vês a José Blanco como presidente da Junta? Pois prepara-te para isso se continuamos com amabilidades lingüísticas e com parvadas como "o galego é de todos".
Boa sorte e até o 17 de Maio.

galicecos #12 18/Setembro/2009 galicecos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Ainda que non ven a conto o que vou dicir, cómpre que saibades que, na TVG2 o programa dos teletubis o cal emitían dobrado ó galego, agora é en inglés con subtítulos en galego. Xa tocou fondo este PPG e non se darán conta que os neniños non saben ler.

Gaviotero #13 18/Setembro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Ama #14 18/Setembro/2009 Ama
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

penso que todas as iniciativas coma esta hai que apoialas, todas as veces que saiamos a rua a dicir o que nos importa o galego, e defender o dereito de usalo son poucas, é certo que o importante e o día a día o uso cotidián, e que a xente que non o fala o vexa como algo normal, eu o digo polas grandes cidades que é donde menos se fala, si o facemos de seito normal e cotidiano, e mais facil que os que no teñes a costume de falalo, algunha vez decidan dar o paso a falalo, se non en todos os aspectos si en determinadas ocasión, é dar pequenos pasos, gañando sitio o castelan.
Animo a todo-as que participen das movilizacións, non hai nada peor que a desidia,e dar a batalla por perdía antes de loitar, o inimigo ven con forza e dicidio a acabar coa cultura e a identidade galega, non lle deixemos , estou convencido que incluso os galego que non falan galego pero que collecen o idioma polos seu pais ou abos teñen ese sentimento de singularidades é de orgullo de ser galego, e non están disposto a que se poñan todos os medios para acabar con el.
Non sei se o día da manifestación estará a maioria da sociedades galega, pero os que estemos alí vai ser porque a razón esta da nosa parte, e por que nos da a gana, e queremos ao noso idioma e vivir coma galegos-as en galiza, polo menos, os que estemos ali, por que é o noso dereito.

teixugo #15 19/Setembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

FUI O 17 DE MAIO, EI IR A ESTA TAMBÉM, E NÃO SO, EI IR COM AMIGOS E FAMILIA.

peroxa #16 19/Setembro/2009 peroxa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois un segue pensando que "eles" teñen razóns, varias e poderosas, para actuar contra o uso normal do galego. Descoñecelas e mesmo negalas non axuda a gañar esta batalla.

Carlinhos #17 19/Setembro/2009 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#16 Nem as desconheço, nem as nego; simplesmente combato as suas sem-razons, as suas falácias, todos os dias e em toda a parte.
Nom quero mobilizar-me COM, POR e PARA eles: se deveras "querem galego" na Galiza que venham o 17 de Maio e que trabalhem pola língua no seu ámbito de influência no dia-a-dia.
Devem vir arar ao nosso rego, nom nós ao deles.

PARDO_DE_CELA #18 19/Setembro/2009 PARDO_DE_CELA
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Vindo a reacdión do manso "Gaviotero", o que mais lles doe, é cando os demais collemos as ruas a prol da lingua. A extrema dereita nunco tolerou, que a leven a contra, por iso é moi importante que a xente saia as ruas, e que berre ben alto.Ademais cantos mais sexamos mellor. Unha sinsela razon, os Xornais Castelans non poden deixar de dar as novas. É unha boa maneira de poñele un pau na roda do Feijoo, na sua carreira política, para ser o Golfiño de Rajoy.

Komun #19 19/Setembro/2009 Komun
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

En primeiro lugar, cantos máis sexamos millor. Pero, non caiamos na autocomplacencia. Todas as organizacións son próximas ao nacionalismo, e a súa capacidade de mobilización é limitada neste intre. En resumo, imos ser os mesmos de sempre, e a ausencia de pluralidade volta a deixar isto coma "consumo interno".

Gaias #20 19/Setembro/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Igual e ata van alguns votantes do PP. Agora xa estan os seus na Xunta e xa non lles importa defender o galego. Antes non, antes tiñan que contribuir coa mentira da "imposicion do galego" para favorecer a caida do bipartito e ainda que fose contra os seus dereitos linguisticos dicianche que eran galegofalantes pero antes "defensores da liberdade" (supostamentes ameazada polo bipartito co decreto do 50/50 en galego/castelan).
Un pobo que non defende o seu patrimonio, a sua identidade, e un pobo sen futuro, sen nada que ofrecer o mundo, que non pode ter o respeto de ninguen. Un pobo de xente paleta e sumisa que non merece outra cousa mais que o desprecio de calquer persoa cunha pouca de cultura.

Xeonllo #21 19/Setembro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

De todas formas, o que está claro é que en ningunha manifestación están presentes todos os que están de acordo con ela e, por suposto, nesa manifestación e en calquera outra non vai estar presente a maoiría dos galegos. Iso é imposible.

Xeonllo #22 19/Setembro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Todo o que sirva para que a xente en Galiza cambie a súa maneira de votar será bo. A ver se algunha vez deixamos de ser tan monicreques.

acarondosil #23 19/Setembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moitos do votantes dos conservadores son os que conservaron e conservan a lingua. Telos en conta creo que é unha boa idea de "Qeueremos Galego".

sarriano1983 #24 19/Setembro/2009 sarriano1983
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xeonllo...a ver...é normal que unha gran parte da sociedad galega sexa conservadora,os cataláns de orixe son case todos conservadores pero tenhen un partido da terra CiU, os vascos unha gran parte deles son conservadores pero tenhen a PNV, e os galegos tamén unha parte importante son conservadores...a quén votarán???sexan ou non sexan nacionalistas non tenhen alternativa...é un detalle penso que moi importante.

sarriano1983 #25 19/Setembro/2009 sarriano1983
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

estou convencido que moitos votantes do PPdG están dacordo co actual decreto do galego e mesmo queren que se siga fomentando a nosa lingua como pasaba ultimamente...nesta manifestación verase se tenhen o valor de saír a rúa a defender os deus ideáis.

o_da_vila #26 19/Setembro/2009 o_da_vila
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu vou seguro! Temos que berrar alto e claro QUEREMOS GALEGO!

É importante activar á xente que estamos moi parados.


Algúns parece que estades noutro mundo, 5000 votos máis, si e que? A realidade é a que hai, o PP goberna e o PSOE sacoulle o segundo posto ao BNG. Iso non ten nada que ver con defender ao galego e os dereitos de todos os galegos a usalo, aprendelo...

Cando atacan ao galego atacan a todos os galegos falen o idioma que falen.

O idioma galego é patrimonio de Galiza e da Humanidade e hai que defendelo.

Xeonllo #27 19/Setembro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sarriano:

Se os galegos de dereitas non teñen partido nacionalista de dereitas é porque non son nacionalistas. Unha dereita nacionalista crea partidos nacionalistas de dereitas. A dereita galega vive absolutamente de costas ao feito nacional de Galiza. Por iso a burguesía galega non fala galego, mentres que a catalana, aínda que non toda, si que fala catalán e é catalanista. En Galiza falan galego os labregos que votan polo PP, mais eses son de dereitas por ignorancia, non son eses os seus intereses. Xa sabemos que a dereita non gañaría nunca se a xente votase segundo os seus intereses, se a xente non puidese ser manipulada, se non houbese ignorancia nin alienación.

cachamuina #28 19/Setembro/2009 cachamuina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou disposto a defender o galego sempre e en calquera lugar, pero non estou disposto a ser un monifate da UPG. Se se quere constituir unha plataforma en defensa do galego, que se faga unha convocatoria aberta a tódalas organizacións e asociacións de toda Galicia. Mentres se creen plataformas ó servizo da UPG e mentres se pretenda facer do idioma o problema central dos galegos e das galegas, xogando no campo que quere o PP, comigo que non conten.

sferreiro #29 20/Setembro/2009 sferreiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ánimo coa iniciativa!
Adiante!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: