Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Movemento interno no Bloque

MáisBNG constituirase en corrente "con estrutura de partido" o 21 de novembro

Aínda que espera "non suscitar malestares", a UPG xa amosou preocupación pola posíbel "deslealdade".

Redacción / Europa Press - 19:15 01/10/2009
Acto de presentación de MáisBNG

Acto de presentación de MáisBNG

MáisBNG pretende constituírse como unha corrente "con estrutura de partido" no seo do Bloque Nacionalista Galego. Para iso, a xestora integrada, entre outros, por Carlos Aymerich, Teresa Táboas e Xosé Luís Barcia, xa pechou un calendario de traballo que culminará cunha asemblea constituínte, o 21 de novembro.

A corrente presentárase como plataforma para a asemblea extraordinaria de maio na que o Bloque renovou a súa dirección. A Executiva Nacional conta con sete dos outro membros pertencentes a MáisBNG. Ademais, o 18 de xullo iniciou a súa andaina coa constitución dunha xestora nun acto nacional que estivo apoiado polo ex-vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

O 21 de novembro é a data fixada para constituírse como "corrente con estrutura de partido", unha fórmula ecléctica que satisfai as súas operacións de contar cunha estrutura forte, sen chegar a fixar un bipartidismo no seo da formación frontista, o que podería suscitar malestares.

Malestar da UPG
Porén, a forza hexemónica no Bloque, a Unión do Povo Galego (UPG), xa amosou o seu "malestar" nos últimos días cos seus compañeiros de MáisBNG, aos que acusaron de xogar "unha estratexia facendo política propia" e con certa "deslealdade", segundo fontes consultadas.

"Hai un bando que xoga a organizarse, que é lexítimo, pero debe ser respectando a organización", aseguran, para confirmar que o éxito do BNG pasa polo "entendemento" de ambos, sobre todo con vistas ás municipais de 2011. Mentres MáisBNG aposta por una modernización da estrutura organizativa, a UPG defende as esencias fundacionais e lembra que "abrirse" a outros espazos pode levar consigo a perda dos seus votos tradicionais.

Cambio de nome
As comisións organizativa e de teses políticas de MáisBNG traballan en cadanseus documentos que se debaterán na asemblea constituínte e que previamente pasarán ao debate nas comarcas para recabar apoios para a organización, que previsibelmente cambiará de nome. O obxectivo da asemblea será conseguir un "liderado claro" que, segundo as fontes consultadas, se personificará en Carlos Aymerich.

Actualmente, MáisBNG conta entre a súa militancia con persoas doutras correntes, como Espazo Socialista Galego, Inzar, Esquerda Nacionalista e o Partido Nacionalista Galego, ademais de independentes. Representa no Consello Nacional un 35,89% dos miembros, fronte ao 44,44% das listas promovidas pola UPG.


4,93/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: