Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O CAMIÑO DA NORMALIZACIÓN AO REVÉS

O PP coruñés solicitará un pleno extraordinario para que A Coruña leve “o L da liberdade”

Logo de que o goberno local lle rexeitase a urxencia dunha moción, Carlos Negreira anuncia que forzará unha sesión monográfica sobre o topónimo.

Redacción - 18:00 05/10/2009

O Partido Popular da Coruña quere que se convoque formalmente aos 25 concelleiros do municipio a unha sesión plenaria extraordinaria na que se debata  o topónimo da ciadade. O seu líder local, Carlos Negreira, anunciou que van facer a petición formal para que se lle pida oficialmente á Xunta unha modificación da Lei de Normalización Lingüística.

A decisión dos conservadores coruñeses ten lugar despois de que o goberno local rexeitase a urxencia de discutir unha moción sobre o nome da cidade que presentaron no pleno deste luns. Negreira cualificou esta negativa como “un dos episodios máis lamentábeis da lexislatura”. O PP local subliñou que o acalde, Xavier Losada, “perdeu unha oportunidade histórica para solucionar en cinco minutos este problema”.

Negreira sostén que coa futura convocatoria extraordinaria do pleno sobre o topónimo vaise visibilizar “o dobre xogo do PSdeG” a respecto da castelanización do nome da cidade. Nun momento do pleno, o concelleiro “popular” Juan de Dios Ruano chegou a dicir que o debate era sobre o “L da liberdade”.

Os socialistas coruñeses dan voltas
A concelleira de Facenda, a socialista Carme Marón, volveu deixar claro o máis que estraño posicionamente do partido. Mentres que por un lado acusaba ao PP de intentar crear “crispación” coa cuestión toponímica, polo outro lembraba que Fraga “perseguiu” os socialistas coruñeses cando defendían “La Coruña”. Para rematar, Marón subliñou que o seu grupo segue a defender a cooficialidade do topónimo pero afirma que non é competencia municipal o cambio.


1,27/5 (15 votos)

Comentarios (20)

Creador #1 5/Outubro/2009 Creador
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Negreira agora ve unha posibilidade coa L de LA para acadar máis votos nas municipáis, este cínico nos tempos de Paco Vázquez estivo a prol de A Coruña. Sería moito mellor que lle dixera os galegos cal e a súa responsabilidade no caso GÜRTEL.

Alghien #2 5/Outubro/2009 Alghien
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O problema tem-o Negreira na cabeça, com L de LOBOTOMIA

fuco-lois #3 5/Outubro/2009 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O Ele de elementos fascistoides acomplexados e cheos de auto-odio.
O ele de lambecús amadriliñados!

Barcelos #4 5/Outubro/2009 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non vale a pena perder nin un minuto con este tema e menos con esta xente que non representa nin á súa sombra.

Que se leven a L de ladróns.

acarondosil #5 5/Outubro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"Convoque formalmente aos 25 concelleiros do municipio"

Pero 25 concelleiros non van poder cambiar o nome que o pobo galego lle deu a esa cidade.

Nambuangongo #6 6/Outubro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Cortinas de fumo, amigos. O porto exterior e a operação imobiliária no atual foram pró caralho, agora a cidade está hipotecada para várias legislaturas.

Agora andam com o LALALÁ outra vez por ver se os crunheses não se apercebem....

EVAZSOU #7 6/Outubro/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#6 Completamente de acordo

amoscaesquerdosa #8 6/Outubro/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Non deberiamos tomar a coña este tipo de iniciativas. Hai moita xente que se deixa influenciar por esta caste de campañas. Agora máis ca nunca, a unidade na loita pola defensa do galego debe primar sobre outras intencións partidistas.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Cancalla #9 6/Outubro/2009 Cancalla
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu penso que se oficializan o L na Coruña vaise vivir moito mellor.

É que claro, os españois preguntan por onde se vai a La Coruña e o paisano non sabe que responder. Sí, penso que gañaremos en calidade de vida. Menos mal para os habitantes do planeta terra que aínda quedan mentes librepensantes coma a do ínclito Negreira que se preocupan polo noso benestar.

cachindiola #10 6/Outubro/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

isto acontece porque dá votos. e dálles votos porque a xente, a maioria da xente, non quere falar nin ouir falar en galego.
a nosa raza dexinerou tanto coma a do noso can: hoxe ambólos dous somos palleiros.
e aínda non vos decatades da correcta definición que nalgúns diccionarios fan do gallego.

Xarope #11 6/Outubro/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pido para que o PP apresente a mesma moçom em todos os concelhos galegos:

Puente Viejo, Redondilla, Órdenes, Viana del Bollo, Puerrito, ...

mansdodemo #12 6/Outubro/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os seres humanos, están a dexenerar con moita presa.
Existen valores que non teñen que mudar, como o respecto a NOSA IDENTIDADE coma pobo, e as leis que defenden todo isto, e valoran O NOSO en primeiro lugar.
A xente, ten que ter máis formación, ler moito e millor.
Que sepa, e aprenda a VALORAR, o que fai que sexamos NÓS, cheos de orgullo pola NOSA CULTURA con moitos anos de andaina, que da sentimento e paz interior.......aínda que non axuntemos bens materiais.

COIRAMIA_GZ #13 6/Outubro/2009 COIRAMIA_GZ
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Aclaración necesaria para Vieiros: o Pleno do Concello da Coruña está formado por 27 concelleiras/os, non 25.

Indo ao cerne da noticia, cómpre recoñecer que o PP non é parvo no seu cálculo, malia que afina a xogada lle saia mal ou, cando menos, non como queren que lles saia. Forzaren un pleno extraordinario (non sei se o poden facer cos 10 votos que teñen, se cadra si) serviríalles para pór ao PSOE nun compromiso e evidenciar as contradicións internas que este tema segue a xerar dentro dese grupo municipal. Ao tempo, é tamén unha proba de lume para o BNG, que tería a oportunidade (ou o compromiso) de ser a única forza coherente coas posicións mantidas desde sempre.

Mágoa que non haxa na Coruña regulamento de participación veciñal e non se permita ás veciñas e veciños ou ás entidades cidadás interviren no pleno, como si acontece noutras partes.

Xeonllo #14 6/Outubro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu creo que Vieiros anda de brincadeira.

¿Van facer un pleno por iso?, ¿en serio?

¿Tan tarados están na Coruña?

¿Con ese L de lelos, lacaios e lambecús?

¿Vai montarse un circo así no concello?

¿Aínda non superaron a infancia eses macacos?

¿Non teñen nada mellor que facer no concello da Coruña?

¿Entón queren facer o entroido fóra de tempo?

Non pode ser.

Hispanico #15 6/Outubro/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#11
Quizanes, villardebuenos, quiroganes, bempuesta, villamayor del valle, morazos, Feces de arriba, castrejo del valle, riones, sandianes, sarrianes, los blancos, la godita, villar del barrio, villarito del cuenso ...

CHANDREJA DE QUEJA

LIBERTAZ PARA TODOS, NO SOLO PARA LOS SENHORITOS DE LA CORUNHA!!

Xarope #16 7/Outubro/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Nom!

Que leve o L .. o L de GürteL !!

Gaias #17 7/Outubro/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Ousexa que o galego para eles que é una lingua de ditadura?. Pois foi precisamente o castelan a lingua imposta e oficial durante a ditadura franquista. Pola contra o galego foi sempre lingua de intelectuais e loitadores pola libertade.

Gaias #18 7/Outubro/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu son da Coruña e digovos que estes fachas queren desviar o tema coa polemica da toponimia, que xa cansa e que non se fale do que si nos interesa os coruñeses, coñecer quenes estan implicados no GürteL galego.

FROUXEIRA #19 8/Outubro/2009 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A estes xa os coñezo eu o que queren é o LE LE LE ou o LA LA LA, para bailar pola desfeita clamorosa e ILEGAL do CASO GÜRTEL.
Que espliquen o GÜRTEL e que proven a traballar que están que feden por todas partes.
MÁIS DEMOCRACIA E MENOS GÚRTELAZOS, QUE NA GALIZA TAMÉN PARECE QUE OS HAI.
lIBERDADE? A QUE LLE CHAMAN ELES LIBERDADE? SABEN O QUE É?.
Por culpa de catro como eles A CORUÑA está a ser caso de mofa, xa non só eiquí, tamén por fora da GALIZA..........EN GALEGO.

luiz #20 9/Outubro/2009 luiz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

a minha opinião aqui:
http://www.galicia-hoxe...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: