Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reacción nos medios

A relación Gürtel-PPdeG: en todos os medios públicos..menos nos galegos

Os medios españois e galegos recolleron en grandes titulares, con máis ou menos precisión, a nova información sobre a trama.

Redacción - 18:45 06/10/2009

Todos, ou case todos, os medios de comunicación galegos e con difusión no Estado Español recollen nas súas webs a información sobre a trama de financiamento ilegal do PPdeG. Dentro da prensa madrileña, El País titula "Una conversación grabada en la cárcel apunta a la financiación ilegal del PP gallego". En El Mundo optan por "El 'número dos' de 'Gürtel' admitió irregularidades en las cuentas del PP gallego". ABC sinala que "Pablo Crespo habló de posibles irregularidades en el PP gallego".

Dentro da prensa catalá, La Vanguardia titula: "Crespo habla de irregularidades en la financiación del PP gallego", mentres que Vilaweb escolle "L'aixecament del secret de sumari del cas Gürtel esquitxa ara el PP gallec".

Na prensa galega, La Voz de Galicia fala de que "Pablo Crespo admitió irregularidades en las cuentas del PP gallego entre 1996 y 1999". No Faro de Vigo abren con "Pablo Crespo admite irregularidades en las cuentas del PPdeG". Semellante titular é o de El Progreso: "Pablo Crespo fala de posibles irregularidades no financiamento do PP galego".

En El Correo Gallego optan por restrinxir o período temporal das irregularidades, como La Voz, cun "Pablo Crespo habló de posibles irregularidades en la financiación del PP gallego entre 1996 y 1999". Xornal afirma: "El abogado de Crespo dice que las cuentas del PP gallego pueden conducir a un "delito electoral"". A Nosa Terra titula por "Fraga sabía dos pagos electorais en negro ao Gürtel".

Os medios públicos autonómicos tamén salientan a información. Así, a televisión catalá di que "Crespo va parlar de possibles irregularitats en el finançament del PP gallec amb el seu advocat", e a vasca, xeraliza cun "Levantan parte del secreto de sumario del caso 'Gürtell'". O mesmo fai a televisión murciana, 7RM, con "La trama Gürtel siguió actuando desde la cárcel". Porén, a Televisión de Galicia non fai ningunha mención da nova na súa web ás 18:45 do martes. Tampouco a Radio Galega recolleu, ás seis da tarde, a información nos seus boletíns.


4,81/5 (21 votos)


Comentarios (10)

cachindiola #1 6/Outubro/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

é que aquí os meios de comunicación son libres, e exercen a liberdade de publica-lo que queren e do que non. liberdade con l... de la cruña

teixugo #2 6/Outubro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

***PP PODRIDO***

teixugo #3 6/Outubro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A VER la voz de galicia, EM Q SE COMPARA ISTO COM OS QUATRO CHUPITOS D'HABANA???!!!

DanielErreCe #4 6/Outubro/2009 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A mágoa é que moitos galegos e galegas sabemos que os do PP son ladróns porque levan así toda a súa puta vida durante varias xeracións... e, sen embargo, os seguen a votar... que país máis patético!

A ver agora as clases de xestión política nos dan, porque de honestidade, honorabilidade e transparencia xa non poderán.

tinho #5 7/Outubro/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

nom vam dizer rem porque istes medios som a plataforma electoral do caciquismo popular, nom ha mais que escoitar a radio ou televissom publicas galegas para ver de que pe coxeam, ainda seguem a voltas a votar-lhe toda-las culpas do pais o goberno bipartito, pero se ja levam eles 5 meses no poder!!

supiko #6 7/Outubro/2009 supiko
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se seguen a votar ao PP haberá que facer serio balance da xestión bipartita e exercicios de autocrítica. Eu xa non sei a quen votar...

giao #7 7/Outubro/2009 giao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Em cámbio, seguro que em Canal 9 falam dos galegos e ocultam o de ali.

molondron #8 7/Outubro/2009 molondron
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ai, ho!! Que novidade que os "medios galegos" adíen contar polo miúdo o caso Gürtel aos seus leitores "gallegos"?...
Non son estes os medios que hai apenas uns meses recibiron un fato de cartos públicos por parte de Frijolito e a súa Junta?
Pois iso!!!

Tome #9 8/Outubro/2009 Tome
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A prensa galega,é moi doce co caso gúrtel, soo publican as respostas do PP, as medidas que van tomar ( que é mentira),non publican as acusacions de corrupción que fai o BNG. O faro de vigo, publica un posible caso de corrupción do BNG na parte de galicia, é o caso gürtel na parte de España. Está prensa ten claro cal é o inimigo BNG, e saben cal é o seu obxetivo

Roxos #10 8/Outubro/2009 Roxos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E qué dirá agora desto o liberal de Roberto Blanco Valdés, tan crítico co resto de partidos e tan calado na macrocorrupción do pp?.
Seguro que o señor "yo protesto" non o deixa opinar. :)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: