Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVULSIÓNS NA DEREITA ESPAÑOLA

Fraga escaravella na ferida: “Barberá está por riba de calquera sospeita, de Camps non diría o mesmo”

O ex presidente da Xunta subliña que tardou en decatarse de que a trama Gürtel tamén estaba en Galiza pero sinala que soubo acabar con ela.

Redacción - 11:50 15/10/2009

A piques de cumprir 87 anos, o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, négase a deixar de dar batalla dentro da dereita español. O agora senador vén de botarlle máis lume ao incendio que o PP está a sufrir na Comunidade de Valencia. Nunha intervención na cadea Cope, Fraga afirmou que a alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, é “extrordinaria e por riba de toda sospeita” e a continuación espetou que “non diría o mesmo” do presidente da Generalitat de Valencia, Francisco Camps.

Fraga tamén aproveitou para eludir calquera tipo de responsabilidade na trama corrupta do caso Gürtel. Así afirmou que “non é fácil” detectar as persoas que se achegan á política para se enriqueceren: “Eu mesmo en Galiza tiven xente que o intentou. Tardei en sabelo pero daquela dixen acabouse”.

O ex presidente da Xunta reivindicou o seu labor pasado no executivo galego. Así asegurou que durante os 16 anos que presidiu Galiza gobernou dende un posicionamento ideolóxico de “centro democrático e mirando en ambas direccións”.


3.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: