Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Foro 'Nueva Economía'

Caballero mete fenda na cooperación aeroportuaria e defende Peinador como o de "máis potencial"

Por outro lado, e fronte ao desinterese da Xunta, o rexedor vigués insinúa que o Ministerio pagará o total da depuradora.

Redacción - 17:50 15/10/2009
Abel Caballero, alcalde de Vigo

Abel Caballero, alcalde de Vigo

Coordinación si, mais "sen hexemonías". Tal foi a análise realizada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa intervención este xoves na cidade olívica no Foro Nueva Economía. En velada referencia ao protagonismo do aeroporto de Lavacolla e ao fío das chamadas á coordinación con Alvedro e Peinador, que desde a Xunta cualificaban recentemente como tres terminais unidas na idea dun único aeroporto, o rexedor vigués defendeu que Peinador opere "como terminal única e singular". "É o aeroporto galego con máis potencial", argumentou Abel Caballero, avisando contra a posibilidade de que funcione con papel secundario respecto dos outros.

Por outro lado, Caballero salientou a necesidade de avanzar nos mecanismos de xestión propios para a urbe máis poboada do país. Así, aínda prognosticando que se producirán avances en breve, laiouse de que aínda non estea en funcionamento a área metropolitana e solicitou que o Goberno teña na cidade delegacións de todas as consellarías. Doutra banda, definiu como prioritaria a depuración da ría viguesa e asegurou que Vigo "está ao límite" na espera por esa demanda. Nese sentido, avanzou que o Ministerio de Medio Ambiente "comeza a pensar" na posibilidade de costear a construción da nova depuradora "na súa totalidade" e malia ser en teoría "competencia exclusiva" da Xunta.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: