A marcha -histórica, plural e cun discurso máis positivo e aberto- terá continuidade coa recollida de sinaturas por vilas e cidades para unha iniciativa lexislativa popular. Fortes asubíos para a cobertura da TVG.
"A forza do noso amor non pode ser inútil. Viva Galiza e viva a lingua galega!". Con este desexo, parafraseando o homenaxeado no Día das Letras de 2010, Uxío Novoneyra, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística pechaba o seu discurso ao termo da manifestación a prol do galego deste domingo en Compostela.
Unha marcha histórica, tanto polo número de participantes -maior que na anterior, do 17 de maio, e que os organizadores estiman en 100 mil persoas- como pola súa pluralidade ideolóxica, con representantes de todos os partidos políticos -agás o PP- e sindicatos. Todos con dúas reivindicacións comúns: exixir "o dereito a vivir en galego" e protestar pola política lingüística do Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo.
A manifestación partiu pasadas as 12.15 horas desde a Alameda e contra as 13.30 aínda había xente que non comezará a andar. A actriz Isabel Risco, que se encargou de manter o ánimo festeiro na Quintana, ironizou coa posibilidade de "ir tirando tabiques" para coller todos. "Se se pode tirar a lingua, porque non imos tirar tamén os muros da Quintana. Sóbranos patrimonio", dixo con sorna.
De feito, cando se soubo que a marcha non saíra por completo da Alameda, os asistentes que xa ateigaban a praza comezaron a berrar "Obradoiro, Obradoiro", aludindo á posibilidade de trasladar o acto final a esta outra, máis grande e con maior capacidade.
"Cuestións técnicas" e "simbólicas", segundo explicou Fran Rei, impediron que así fose. O vicepresidente da Mesa quixo "pedir desculpas" por ver sobrepasadas todas as previsións. "Unha vez máis os galegos e as galegas demostran que cando nos tocan algo tan básico como a lingua, a nosa esencia, respondemos", dixo, e advertiu que "mentres esteamos aquí dando esta lección de civismo non haberá ningún goberno, veña quen veña, que sexa quen de nos dobregar".
Os maiores aplausos recibiunos Avelino Pousa Antelo -e tamén Mini e Mero, que interpretaron 'O carro'. Moi emocionado, o histórico intelectual fixo un discurso en que citou Castelao -"se os galegos aínda somos galegos é por obra e gracia da nosa lingua"- e Celso Emilio Ferreiro -"falo galego porque me peta". Ademais, arengou a ir "tocarlles a San Caetano , para que non durman tranquilos" e "cantarlles as corenta a eses galegos arrecastados que pensan que poden dispor para si de algo tan sagrado como a liberdade".
A actriz Patricia Vázquez foi a seguinte en falar. Enumerou as diversas medidas do Goberno da Xunta que "atentan contra o galego" -derrogación do decreto no ensino, retirada de subvencións as traducións ao galego ou a eliminación da proba de idioma nas oposicións-, todas elas recibidas con asubíos pola audiencia.
O discurso de Callón, a continuación, comezou con críticas para a TVG. "Esta si é unha verdadeira manifestación provida", sinalou en referencia á marcha contra o aborto deste sábado en Madrid, con ampla cobertura na televisión pública galega.
O presidente da Mesa -unha das organizacións convocantes de Queremos galego- realizou un discurso optimista e aberto a toda a sociedade. Fixo unha mención especial aos que "non usan o galego no día a día" felicitándoos pola súa presenza e recordándolles que "a mellor forma de defender o galego é falándoo".
"A política galegófoba e de racismo lingüístico conseguiu unha caída no número de falantes, mais trabúcanse Feijoo e os seus conselleiros se pensan que representan eses que non o falan pola presión social, pola ausencia de espazos", advertiu, e criticou a actitude "chulesca, arrogante e prepotente" dos dirixentes da Xunta que mesmo "presumen de non saber falar galego".
"Señores conselleiros, señor conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que se manifestou en contra do galego, terían vostedes algún tipo de cargo se a lingua galega non existise?", preguntouse Callón, que tamén recordou, en referencia á "pseudoconsulta" lingüística aos país e ás subvencións da Deputación de Pontevedra ás Xornadas Bilingües, que "para atacar o galego non hai austeridade".
Asubíos para a TVG e concentración no Toural
Xurxo Souto pechou as intervencións cun tirón de orellas aos que non falan galego por "preguiza". A seguir, interpretouse o Himno, e unha vez rematou chegou a polémica. Cando a xente comezaba a abandonar a Quintana para que puidesen acceder os que aínda quedaban por entrar -uns 200 foron para o Obradoiro- e que case a volveron encher, a TVG fixo a conexión en directo. A reprimenda do público e dos que estaban no palco -especialmente de Pousa Antelo- foi intensa.
Por outra banda, a plataforma Galego Sempre Máis e as organizacións partidarias do reintegracionismo leron dous manifestos na Praza do Toural -o manifesto 'Contra o bilingüismo. Pola hegemonia social do galego' e o dos 'Três Pontos'-, onde remataron a marcha e que tamén estivo ateigada de xente. En xeral, tanto aquí como na Quintana e durante todo o percorrido salientou o ambiente festeiro, acompañado de música de gaitas e bombos, e con relativa abundancia de cativos e xente nova.
Falando de futuro, cómpre salientar que a plataforma Queremos galego comezará en días vindeiros unha recollida de sinaturas por vilas e cidades de todo o país para poder presentar unha iniciativa lexislativa popular e "termos voz propia no Parlamento".
video da noticia no Telexornal TVG
http://www.youtube.com/watch?v...
O pobo galego creou, ao longo da historia, unha fala, un idioma propio. Palabras coas que se relaciona cos seres queridos: pai, nai , fillo, filla, irmán, irmá.
Palabras para nomear a realidade que o rodea: leira, millo, eira, maceira, cerdeira, amieiro...Tamén dorna, xouba, ollomol, ameixal...
O pobo galego hoxe non quere deixar desaparecer a lingua que herdou e que ten a misión de transmitir. Por iso, parte dese pobo galego saíu esta mañá á rúa en defensa da súa lingua. Pero moitos máis quedaron nas súas casas e tamén eles queren defender a súa lingua e fano día a día.
Por iso eu, hoxe, estou orgulloso do pobo galego e orgulloso de ser galego.
cando nos tocan algo tan básico como a lingua, a nosa esencia, respondemos......unha terra, un pobo e unha fala, SEMPRE!
pensan que poden dispor para si de algo tan sagrado como a liberdade........liberdade e democracia, SEMPRE!
Precisamos, queremos e reivindicamos máis "espazos para o galego".......dereitos civís a vivirmos en galego en Galiza
Parabéns!!!!!!!!!!!!
Mas nom há que desconfiar mais nunca do Povo, DE NÓS!!!!
Tínhamos que ter ateigado o Obradoiro para nos escuitarem os mamons na Xunta!!!
Pois a ver se iso se nota á hora de votar, que se agora temos o goberno que temos é porque o noso pobo así o quixo. Hai que ser consecuentes e non vale adherirse con entusiasmo ás movilizacións progresistas ou en favor do idioma e logo contradicir todo iso regalándolles o goberno aos que representan todo o contrario.
Eu acabei no Obradoiro com vários milhares de pessoas mais.
Penso que esta foto de "La voz" non pode resumir mellor o que esta a facer Feijoo na Galiza.
http://www.lavozdegalicia.es/f...
Gaivota a esquerda sacou 5.000 votos máis ca os da caverna así que eu de ti despois da manifestación de hoxe iríame agarrandoos machos para non levar un disgusto demasiado grande dentro de tres anos.
Como sigades así igual o PP dentro de tres anos se convirte en medio partido,en Navarra xa pasou, ¿Quen sabe pequeno facha?
Viva un mil anos máis a nosa fermosa lingua
Las banderas franquistas al principio de la Quintana dejaron bien claro el carácter antisistema y facha de la manifestación de Galicia Bilingüe.
Lamentable que a ello se apunten los destronados de la Falange.
Recuerdo además a los presentes que en la Quintana apenas caben tres mil personas y en el Obradoiro diez mil, siendo generosos.
Esto nos da las cifras reales de asistencia.
Lo de los cien mil ni en la manifa de fachas de ayer en Madrid.
Pero bueno, ya se sabe que de ilusión también se vive.
Seguid manifestándoos en las calles, que nosotros seguiremos mangoneando en las urnas, donde os ganamos por CACICADA ABSOLUTA.
Quen queira ver a realidade que a vexa. Hoxe eramos unha multitude. E non tivo que vir xente intolerante, involucionista e inculta española en autobuses pagada cun bocata de sardiñas.
E olliño, que o PP só ten un deputado máis que a oposición. Está no poder polos pelos.
O pailã de sempre esquece um dado importante: a praça encheu-se várias vezes, e milhares de pessoas nem sequer puderam entrar ;-)
#13 E o Toral, e mais o Obradoiro.
Os meus parabéns aos organizadores! Lamentavelmente eu não pude assistir. Mas acompanhei-vos.
E insisto: Continuidade... Continuemos. O entusiasmo (de um dia) amostra-se na continuidade (de todos os dias).
Gaviotero que;parece que che proe o cu,como che dixen,xa onte ,creo,tes que ir o médico,que che poña do dereito o sistema dixestivo,telo do reves por iso para te alimentares tes que tomar polo CU,por iso che proe.O mellor proeche porque os fachas coma ti que vivides na GALIZA,non daredes nunca xuntado nin a décima parte de xente do que os galegofalantes xuntamos,por moitos autobuses que traiades da PUTA ESPAÑA con fascistas,foros de Ermua e demais especies fedorentas e cavernarias coma ti.Por certo para o proido anal que che quedou despois do que viches,din que é moi bo meter un allo un pouco esmagado no cu,claro que non teu caso vaiche facer falla unha boa resta deles.Saudos troglodita
Fotos da manifestación: http://picasaweb.google.es/xes...
Asubio, non te rebaixes, non paga a pena entrarlle ao trapo ao troll que leva moitos días agardando por esta manifestación para entrar a incordiar neste foro. Nos medios ultras como Libertad Digital comezan a cargar contra o ministro caamaño.
Penso que feijoo é o mellor que lle puido pasar a lingua galega,con esa política que esta a facer contra o país e lingua está a conseguir que dunha vez por todas nos poñamos de acordo en defendela coma se merece.Hoxe foi unha mostra,se queremos podemos,que este paso atras que está a recibir a lingua sirva para coller impulso,adiante.
Sociatas había alguns mais estaban un tanto"diluidos"de seguro que non queren molestar os seus Caballeros,Losadas e outras especies desa pelaxe,que se aclaren dunha vez,neste tema non hai termo medio ou estas dentro ou fora,mais nunca se poderá estar na porta
Compostela: Entre 50.000 (dados da Policia) e 100.000 (dados da organizacao) pessoas.
Madrid: Menos de 100.000 gavioteros e os seus amigos camisas azuis do Foro de la Familia.
http://manifestometro.blogspot...
Madrid: Entre 1 e 2 milhoes de pessoas para a imprensa adepta ao regime.
#19 As manifes estao muito bem, mas agora haveria que por a andar Galescolas (sem esperar a chegar ao governo). E quem diz Galescolas, diz meios de comunicacao proprios e toda uma estructura paralela para fazer pais.
Xa vexo Gaviotero, que tes moitos seguidores que che queren ben. Eu tamen querote. Por certo é imposibel que nas vindeiras eleccions podas facer un listaxe, si o Partido Padre está na cadea. Seguro, seguro, que en Carabanchel gañan e por maioría absoluta, a mitade da poboación prisioneira e do Partido Podre. Unhas apertas Goviotonto.
Nada machiño, xa é a segunda vez que non podo entrar na Praza Quintana á primeira; e mira que o intentamos.
Polo menos desta vez fixo un sol de xustiza. Teño entendido que tamén houbo xente que farta de esperar, a que se baleirara a da Quintana, foron parar á do Obradoiro. Por favor, a próxima vez, mellor na Praza do Obradoiro.
É un día importante para Galicia e é un día importante para a Lingua Galega. Ata na TVG se recolleu o clamor popular encontra da política linguicida deste goberno.
Parabéns.
Parabéns!!
Um abraço solidário desde de Portugal!
Na Galiza em galego, pois claro.
Enchemos 3 veces en diferentes quendas a Praza da Quintá, e houbo que repetir duas veces o manifesto porque non dabamos entrado coa cantidade de xente. Tardamos máis dunha hora (saimos á unha) en chegar á Praza. O segundo acto acabou pasadas as 3 e 20 da tarde. Esto demosa que eramos unha chea de xente, e que quedou moi pequeno o sitio. Moi boas a s palabras de Xurxo Souto, a canción de Mini e Mero, as verbas retranqueiras de Avelino Pousa Antelo.
Superamos con moito a G.B. (Gripe B.) en número de xente, e por riba aqueles cobraron hahahahahahahahahahahahaha
Porque non falou Feijoó, que dí defender o galego,o castelán, o inglés, etc etc??
Porque non falou o Consejero de La Educación Desideologizada y Despolitizada de Listas de la Oposición, que defende el uso del gallego?
Porque non falou a Sr Lago, que defende o Bilinguismo e o uso das duas linguas oficiais en Galicia?
Porque non falou a Presidenta do Parlamentiño, para defender o uso do Galego na Alta Administración?
Porque non falou o Consejero de la Cultura Gallega e Limitativa?
AHHH, que non foron...tiñan millores cousas que facer...como ir de caza, por exemplo...con Fraga quizais??
Fixádevos no que dicía este tío -AGRESIÓN Á PARTE- na pasada manifestación de Galicia Bilingüe e todo o facherío hai uns meses. Entre outras moitas cousas, isto:
-El gallego normativo es incomprensible hasta para los propios gallegos. Es de chiste. Se trata de un gallego inventado, en el que gran parte de las palabras no las entiende la población. Se conocen gracias a repetirlas machaconamente la televisión autonómica. El gallego que quieren imponer no lo fabrican los gallegos con el uso, sino los organismos oficiales de la Xunta. Ese idioma no es el que habla la gente. Así que cuando vienen a la aldea los estudiantes de Santiago, con su gallego de laboratorio, la gente de aquí se ríe y dice: “Mira que ben fala o alemán o señorito” [“Mira qué bien habla el alemán el señorito”].
- ¿Tan paradójica es la situación?
- Así es. El primer objetivo del aparto político lingüístico de la Xunta es buscar siempre una palabra distinta y muy diferenciada del español. Si tienen que dar una vuelta de tuerca, lo hacen. Si no encuentran el término suficientemente diferenciado, entonces buscan en la lengua portuguesa. La televisión comienza a repetir el término y, aunque la gente no lo utilice, al cabo de un tiempo lo entiende porque lo ha ido asimilando por el contexto en el que lo emplean los locutores. Por ejemplo, en Galicia nunca se ha utilizado la palabra ‘estrada’ (‘carretera’ en portugués), pero nos la imponen cada día. Y así cientos de palabras.
http://www.lavozlibre.com/noti...
¿Así que a palabra "estrada" é unha invención da normativa? ¿Será por iso que hai un pobo que se chama precisamente "A Estrada"? Outra cousa é que o esmagador proceso de castelanización estea dende hai séculos e especialmente dende último século acabando progresivamente coas formas galegas, mais o que di este tío é representativo do que moita xente pensa, uns por ignorancia e outros simplemente porque son de extrema dereita ou fachas.
En realidade é ao contrario, a normativa máis ben oficializou un certo grao de castelanización do galego.
Digo que a normativa oficializou un certo grao de castelanización do galego, pero a realidade é que o galego falado na TVG está aínda bastante máis ou moito máis castelanizado.
Xentes de tódalas idades, de tódalas condicións sociais ........ e acudiron levantando o seu corpo moi cedo, dende toda Galiza, e costearon o bus, a agasolina, o xantar e demáis...., e TODOS e TODAS, EN PE CO GALEGO, LOITANDO e DANDO TESTIMONIO POLO NOSO IDIOMA.
Os que están a mandar, que miren a este pobo ERGUIDO E CON DIGNIDADE.
Parabéns aos organizadores. Notou-se mais pessoas e mais decididas. Esta é a força do país.
denantes mortos que escravos.
sempre en Galiza.
http://www.bandeiragalega.com/...
http://video.google...">http://video.google...
http://video.google...">http://video.google...
Oxe sintome orgullosa de ser galega o ver esas fotos que me enchen de esperanza.pero sinceramente hai moitas veces que me sinto sen forzas porque vexo como o pobo galego non defende que e seu:a lingua!!! empeñamonos uns en convertela en portuguès e outros en trocala en castelàn,porque non defndemos en galego?¿XUNTOS!!sen feijoos ke tenten separrnos e que destrùn as nosas escolas,e tenten suirnos nas tebras da ignorancia.Oxalà o galego sobreviva e os cidadàns da galiza nos demos conta do que temosQ ESPERTA GALIZA
A min custoume entrar. Estaba xente saído tanto por Praterías como pola Conga e taponaban a entrada, polo que moita xente quedou sen entrar.
# 32. Eu quando menos não me empenho: constato. Constato também que nada lhe pareceria menos engraçado aos que sempre desejaram a desaparição do galego. Tens um positivo meu porque dizes que estás em contra das trevas da ignorância.
http://www.youtube...
http://www.youtube...
http://www.youtube...
fagamos algo xa, os que queremos a nosa terra unidos contra o opersor.
denantes mortes que escravos
sempre en Galiza
unamonos todos pra conquerir o fin comun.
http://www.youtube...
si en oitocentos anos nom poideron ca nosa lingua non van poder agora.
denantes mortos que escravos
sempre en Galiza
Mirade como manipula a extrema dereita
http://www.libertaddigital.com...
AVELINO POUSA ANTELO, galego valente e leal. Que o destino nos conceda 95 anos para poder botar-lhe umha bronca à TVG com a força de um rapaz de 20.
Avelino, quero ser coma ti.
A prova final que os galegos ainda estão vivos!!
Cuida-te Feijóo!
Em (#32) iria_v sente-se triste porque diz que alguns estamos a converter o Galego em Português... É que o Galego é Português ou vice-versa, o Português, Galego. Como o argentino é español (ou castellano) ou o andaluz, ...
Por que nos equipara com os espaÑolizadores? Faça o favor de informar-se bem e verá (VERÁ!) que os reintegracionistas somos os que na realidade procuramos que o GALEGO SEJA GALEGO DEVERAS.
Os defensores da "liberdade" hoxe protestaron pq a manifestacion asistiu o Ministro de Xustiza (que é galego). Polo visto un por ser politico non ten dereito a manifestarse (salvo que sexa cos inimigos do galego, coma fixeron na manifestacion dos GB, os Negreiras, A. Pastor, Rueda, Albert Rivera, Rosa Diez,etc).
Unha contradicion mais deste goberno galegofobo que vive so da mentiras que eles mesmos inventan.
Em (#37) Gaias convida-nos a visitar não sei que sítio... Gaias, deixa que os mortos se encarreguem dos seus mortos. Nós vámos à vida, procuremos viver, apesar e contra dos que nos querem matar!
eu non inventei nada, e o que teña dúbidas que fale cun tal Afonso X ( 0 sabio)e ao través dos contactos espirituais e rezos derivados,lle pida explicacións... jjjjjjjjjjjjjjjjjj
se non da feito que pida recomendaciós aos ada conferencia episcopal... jjjjjjjjjjjjjjjjj (seica teñen liña directa con deus...)
#38
Certamente é de xustiza recoñecer a figura de D. Avelino Pousa Antelo, exemplo de home bo e xeneroso. Eu emocioneime moito coas súas palabras hoxe na Quintana, as dun mestre no amor á Galiza.
Uma presença reintegracionista inesperada: havia 1000 pessoas atrás da faixa laranja? Pode...
# 47. O ódio não dá tanta força, nem por ódio se esforça qualquer um havendo tantas cousas que fazer. Asseguro-che que para escrever assim tenho que deixar muitos partidos de futebol por ver...
Saberias dizer, iria_v quanto de ideologia há no teu comentário. Duvido-o.
Para a tua informação: o galego, a língua dos galegos, acaba de ser reconhecida como Português por portugueses e brasileiros. Já vai para duas vezes.
Andas um pouco despistada...
un día máis para estar orgullosa do que son.día triste porque non puiden estar ,pero dou grazas aos amigos que me enviaron fotos durante a mañá;grazas a don Avelino,e tamén a tantos outros;seica xa non somos tan sumisos como crían os inimigos da língua.
non creo que gb teña gañas de se manifestar de novo en santiago,por aquilo de non facer un espantoso ridículo(aínda que ridículos son mesmo dentro das súas casa);ben,non quero facer leña da árbore caída
Iria_v:
1) Falar não é escrever, nós aqui escrevemos, não falamos.
2) O prof. Malaca Casteleiro (pt) e o prof. Evanildo Bechara (br), máximas autoridades na língua portuguesa disseram isso já de maneira oficial muitas vezes. Toda a informação está na rede.
3) Por se fosse pouco, também a Porto Editora (uma das editoras mais importantes em Portugal) acaba de publicar um novo Vocabulário da Língua Portuguesa com o léxico galego que faltava, elaborado pela AGLP. Está toda a informação na rede.
Faz favor de não falar por falar. Informa-te.
# 51 disse: "A m i n h a aboa"... Eu tenho como referente à "comunidade de avôs" (que, aliás, era o que elas e eles viviam quando receberam o que seria bom que recolhesses).
Unha que xa peitea canas, aínda que as agoche. Unha que xa está curtida en mil batallas, manifas con choiva, frío, calor, mesmo correr diante de grises, verdes e vermellos.
Hoxe estou leda. Vin xente do meu pobo que nunca antes vira en ningún tipo de reivindicación, non importa o por que, estaban alí, defendendo a nosa lingua pero sobor de todo vin a moita xente nova, e decateime de que a desesperanza destes derradeiros meses, viuse recompensada ao sentir que detrás veñen, ou vides con forza, con paixón, con amor ao noso, á nos aterra, á nosa lingua…
Grazas a todos por facerme sentir de novo a ilusión de que non imos esmorecer, que hai moitos e moitas mozas e mozos que nos irán substituíndo cando xa non teñamos folgos para correr nin diante dun sapoconcho.
Hoxe durmirei ben.
Somentes un apuntiño: hoxe non discutades de si uns escribides mellor e outros facémolo peor. Hoxe é día de ledicia, non o estraguemos entre nós.
quero recoñecer tamèn que tarxa ten razòn oxe e un dia de ledicia,so que dar grazas a todos por estar nesa manifestaciòn quo goberno para coa sua tiranìa,que a poboaciòn galega se de conta de a quen elixiu para levar o noso pobo.
que o ùnico que fai atentar contra a nosa cultura,o bo e saber que eso non nos separa comoels crin que iba ocorrer.O noso pobo esta unido cousa que eu non via dende hai moito tempo.
Oxe,ainda que sexa so oxe,sìntome feliz.:)
# 56 Pois essa felicidade não merece que ponhas aos espanholistas e aos que iam de últimos compartindo presença no mesmo pelotão de fuzilamento. Deixo a anfibologia para que a tua ciência lhe confira o sentido.
#54 tarxa:
Tanto os que foron como os que non foron, hoxe hai moitos galegos e galegas que van durmir, coma ti, orgullosos do seu pobo. E mañá seguiremos loitando polo mesmo.
Dicía antes que mañá seguiremos loitando polo mesmo porque, aínda que non quero estropear o día de festa nin amargarlle o sono a ninguén, poño aquí as palabras da noticia da reacción do secretario xeral de Política Lingüística:
"pór en marcha un política lingüística que acepten a maioría dos galegos", contraria ás liñas de "imposición" estabelecidas polo bipartito.
É dicir, hoxe durmide ben, pero mañá hai que seguir loitando pola lingua.
Íria, nâo está bem que ponhas no mesmo lugar os castelanizadores e os reintegracionistas. Nâo está bem e fai-me sentir muito mal neste dia de ledice. Eu sou reintegracionista, E SEMPRE DEFENDEREI A LÍNGUA QUE FALO, O GALEGO -ainda que internacionalmente seja conhecida como português- E QUEM QUERA TROCÁ-LA POR OUTRA QUE O TENTE, MAS EU TAMBÉM LUTAREI PARA QUE O GALEGO QUE FALO E O QUE FALOU MINHA AVÓ E O QUE VÂO FALAR MEUS FILHOS SOBREVIVA. Lembra, Íria, que os castelanizadores NÂO querem o galego; os reintegracionistas sim o queremos. E além do mais, escrito com a sua própria ortografia, sem utilizar para nada a ortografia espanhola, que é patrimônio ÚNICO do espanhol. E essa é a grandíssima diferência. E a ninguém se lhe pode impôr pronúncia nenhuma, isso si é parvada. Lembra CASTELAO ("E logo os da outra banda do rio sâo mais estrangeiros que os de Madrid?") E falando de avós, eu fiz-me reintegrata com 14 anos (1979), quando lendo um livro em português à minha avó com pronúnica galega, ela pensava que era galego. Assim e tudo, desejo-te um muito bom remate da festa, e quem defende o galego (escrito como for) nâo pode estar confrontado comigo.
Hai que recoñecer que o ministro de xustiza falou ben:
"Identifícome plenamente con Galiza e é o que estou facendo nunha xornada como a de hoxe, defender a lingua dos meus avós, dos meus pais e a miña, porque tamén quero que sexa a dos meus fillos"
E as palabras soaron por TV para todo o Estado. Si señor, señor ministro. Falou ben.
Cincocentos millóns de persoas falan inglés; 400, castelán; e 200 millóns pertencen ao mundo lusófono. En definitiva, se temos eses tres idiomas podemos comunicarnos practicamente en todo o mundo", resaltou.
Agora o zipaio de Feixoo faise lusista.O que faltaba,lusista e españolista polo mesmo prezo(50moedas de ouro).Quere falar con 1000millóns e non quere falar co seu pobo.
Reboirassempre, estás a fazer um comentário anti-reintegracionista? Lembra que isso é um comentário ANTIGALEGO!!! E aqui estamos TODAS e TODOS para defender a NOSSA língua, escrevere-la como a escreveres!!
Había moitaaaa xente, ata había bandeiras do Bierzo, un lugar onde vivir en galego é moito máis complicado que aqui.
DESAGRÁDAME QUE VIEIROS LLE DÉA IMPORTANCIA A ESA TAL GLORIA E XA A POÑAN EN TITULARES ANUNCIANDO A SUA OPINIÓN, XUNTO A XENTE QUE SI TÉN REPRESENTACIÓN DEMOCRÁTICA. PERO QUEN CARALLO SE CRE ESA TAL GLORIA QUE É? E VIEIROS, MAL IMOS SE LLE DADES PÚLPITO AOS NOSOS INIMIGOS.
65
todos coñecemos xente que vos firmou,ben engañadiña e xa arrepentidiña
por non falar dos miles de firmas vascas,que non sei que pintan,ou dos miles de firmas de velliños,con pulso demasiado firme para seren autéticas
tampouco érades moitos na guerra civil,pero a maldade faivos perigosos;a ignorancia faivos perigosos;o fanatismo faivos perigosos
pero somos moitos e xa non vos temos medo
ánimo compañeiros,para loitar mañá coma hoxe:coa palabra,e por suposto sempre en galego
A min o que máis me gustou foi a cara dos fachas que estaban no casino. Víaselles tan crispados e doentes coma o #65.
Daríanse conta os upegallos que o idioma non é patrimonio da UPG e que o conxunto do pobo galego está disposto a defendelo? Aprendería Paco Rodriguez e Carlos Callón?.
Impresionante D. Avelino Pousa Antelo!
Rueda, Lorenzo e Lago doentissimos XD XD XD
Feijoo bem, por umha vez.
Caamanho chapeau!
#72 E Blanco Valdés hoje também visivelmente molesto na Rádio Galega e imagino que também em breve em certo jornal :D
#73 de cuyo nombre no quieres acordarte? XD
A maré humana de onte faz albergar certa esperança para impossibilitar que os inimigos do galego recuem no poder depois de umha primeira legislatura. (como se passou com o ex-franquista Fraga)
Tudo depende sobretudo de que no àmbito do nacionalismo parlamentar se aclare umha direçom clara e umha volta ao compromisso com a cultura, direitos nacionais e interesses dos trabalhadores galegos. Pois foi o BNG quem perdeu mais nas últimas eleiçons.
Francisco Caamaño (o da Xustiza), coma GALEGO que é, estaba alí ....EN PE.
O Sr. Roda(Rueda), coma sempre a meter o dente ao ministro da Xustiza. Pensa que pode DOMINAR a XUDICATURA, e non toma conta de que o Sr. Caamaño mantén o nivel MOI PRETO DO POBO, e defendendo o IDIOMA del....., e de todos e todas NÓS.
Dende aquí darvos as gracias e a minha noraboa a todos. Onte foi un día moi emotivo e moi esperanzador.
Destacar o apoio dos, poucos, membros do PSOE que se animaron a vir.
Isto será un pulo moi importante pra que o conxunto da sociedade defenda a nosa lingua.
Ata agora isto vinha sendo unha reivindicación dos galeguistas, e pode que a partires do día de onte empece a ser unha reivindicación da inmensa maioría do pobo galego.
Que máis de 50.000 estiveramos onte en Compostela, sen o patrocínio nen apoio de ningún gran médio é moi moi significativo de que cada día somos máis os que amamos o noso idioma.
#59
Amigo acarondosil: eu esta noite durmín coma un bendito. E hoxe aquí estou novamente, disposto a continuar. Hai que desaloxalos do poder, botalos fóra dos centros de decisión de xeito rotundo. Saúdos, folgos, ánimo.
Ollando desde lonxe só se me ocorre unha palabra para desribir o que acontece neste impais chamado galizia...surrealista.
Da a impresión de que algunha forza represiva, interna ou externa, nos impide expresarnos e desenvolver a nosa vida no noso idioma; tal como se foramos un pobo indixena colonizado, conquistado,asoballado e reprimido...tal vez algo deso houbo ou hai, mais a realidade é que somos nós mesmos, tal vez ti ou teu irmán, o teu veciño ou o teu xefe..os que provocan ou provocamos todo isto, en definitiva somos un país suicida.
Por outra parte que demo pasa con vos, cos de Vieiros. Convocastes o concurso "Unha imaxe para o galego" aí polo mes de maio; xa estamos a finais de outubro e ainda non se resolveu. Unha falta de formalidade total, lamentable.
#21 Falou Sara_Mago, e esta vez falou ben. Pasou a manifestación e vin xa algúns dos que alí estiveron coa Voz de Galicia debaixo do brazo.
Pois iso.
Saúde Libertaria
Dende Bos Aires mandamos adhesións sinceras e sentidas. Aquí temos moita xente estudando galego non porque sexa portugués, non porque teña "utilidade" coma o inglés, senon porque É GALEGO, agora non é momento de discutir se normativo ou reintegrado; agora é tempo de dicirlle aos que mandan que teñen que ter respecto pola lingua histórica de Galicia. E ollo que non gañaron cos votos da emigración, hai que dar a loita para convencer á xente que os votou para que nunca máis volvan.
Alicia, nom e que o galego seja portugues,mais acaido sera dizer que o portugues e o galego espalhado cara o Sul, partilhando mais do 90 por cento do lexico nom se pode estar a falar de duas linguas (chama-lhe galego ou galego-portugues ou portugues da Galiza a fim de contas E A MESMA LINGUA)...daquelas teria mais sentido dizer que na Argentina fala-se argentino, em Andalucia andaluz, em Cantabria cantabro e em Castela castelhano....Apertinhas e noraboa a tud@s @s que onte estuverom na manife em Compostela ( aminha mai e aminha irma e curmaos) e a tud@s @s que dia a dia loitamos (primeiramente por que o falamos mesmo nas lonxanas diasporas...nom so com compatriotas senom tamem com brasileiros, portugueses, angolanos etc etc pra a nossa fachenda) porque a nossa lingua tenha milheiros de primaveras mais...Apertas a Tud@s os Amantes da Nossa Lingua, seja normativa A como normativa B
http://porquegalegos.blogspot....
NORABOA!!! unha vez máis (e as que fagan falta) polo éxito da manifa de onte en Compostela!!! Desde Tenerife únome a ese sentimento continuo de loita e reivindicación dun galeguismo do século XXI, plural, lingüístico-cultural e europeísta, sen complexos nen chorimiqueiras; coa cabeza e a voz ben alta, SEMPRE!!!
Algún, máis arriba, critica a asistencia e fai gala do "éxito" político dos pepes hai uns meses nas autonómicas. Velaquí unha mostra de por que gañaron esas eleccións e co apoio mediático de quen:
http://es.globedia.com/alberto...
Saúde e moitos ánimos sempre!!!!!
#81 Agora de que é tempo? De saltarmos a nossa Questione della lingua como tiveram todas as línguas nacionais de Europa?
Não misturemos. Não pretendamos tomar atalhos. Não CRIEMOS TEMAS INTOCÁVEIS contrários ao interesse da língua... 'pola língua'.
Sim, e tempo de exigirmos os nossos direitos e de que a língua ocupe todos os espaços da sociedade. E também é tempo de não renunciarmos a debater o modelo de língua, e menos de renunciar a optar pelo ótimo... pelo 'que dirán'.
#87 Hermerico, STOP INSULTOS.
Iria, non te preocupes, que xente así hai pouca e non vale a pena. E se eu pensase coma el, sería o primeiro en dicirlle que non insulte a quen non pense coma el. Pero vexo que non é así.
¡Un saúdo pa ti, Iria!
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Herm, ti es, con diferencia, o participante máis borde que hai neste foro. Gaviotero, comparado contigo, é un santiño. Mira o que te digo.
iria_v
"Nunca conseguiredes os reintegarcionistas que a xente galego-falante utilice a fonètica portuguesa porque e unha parbada facelo tendo a do emu idioma propio galego que ten a sua propio lingua escrita e falada"
Fonética portuguesa????
Vou pôr a tua frase escrita com a fonética que temos na ilha da Madeira:
"Naunca caunsiguireis os raintegracioniistas que a gêente galego-falante utilêze a fonética portuguêsa porque ée uma pravada facêlo tendo a do meue idioma própriu que tem a sua própria língua escrêieta e falada"
Se quiser podemos pôr também em alentejano... algarvio.... beirão.... açoreano....e temos, na sua teoria, pelo menos umas 10 línguas....só em Portugal!!!!!
A frase "Concho Baltar, déboche unha..." vaiume 4 negativos, polo de agora. Curioso.
Lembremos unha verdade histórica e presente que é indiscutible: O galego non é outra cousa que PORTUGUÉS CASTELANIZADO e o portugués non é outra cousa que GALEGO CONSERVADO.
Así é, nós falamos como falamos polos estragos que o castelán vén facendo na nosa lingua, e cada vez de maneira máis acelerada. Quen non o ve é porque non quere.