Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrevista en La Nueva España

Fraga: "Franco prestou grandes servizos, é figura 'señera' da nosa historia"

"O bable non é ningún problema nin para Asturias nin para España", comenta tamén na entrevista concedida ao xornal asturiano La Nueva España.

Redacción - 09:00 20/10/2009

-Foi Franco o seu único xefe?
-O meu único xefe foi a miña conciencia. Franco prestou grandes servizos.
-Foi Franco bo xefe?
-A campaña que hai contra el desde a esquerda é en boa parte inxusta. Todos os homes cometen erros, pero Franco é figura señera da nosa historia.


(...)

-Preferiría vostede comer só ou con Blas Piñar?
-Mire vostede, eu non quero meterme con ninguén. A nosa distancia de opinións é coñecida, pero non teño ningún problema en comer con el.

(...)

-Que opina vostede da pretendida cooficialidade da lingua asturiana?
-Non teño nada en contra pero entendo que o bable desenvolveuse dun xeito moi peculiar e teño a impresión de que non é ningún problema para Asturias nin para España.
-A confusión de idiomas na Torre de Babel, que foi unha maldición de Deus, hoxe sería contemplada como unha benaventuranza, sinal de identidade.
-Os idiomas que teñen repercusión internacional vanse reducindo a dous: inglés e español.
-É unha sorte que os europeos falemos tantos idiomas?
-Os idiomas nacen e morren e, a pesar de que hai un intento de defensa dos estabelecidos, non é probable que consigan apoio de grandes números de persoas.


Recomendámoslles ler a entrevista completa en La Nueva España


2.3/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: