Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O diálogo interno faise público na web

As bases da esquerda abertzale aceleran o debate cara a unha nova "fase política"

"O proceso democrático debe ter como base a palabra e a decisión da cidadanía e debe realizarse sen ningún tipo de violencia ou inxerencia externa".

Redacción - 11:30 02/11/2009

"Clarificando a fase política e a estratexia" é o título do documento que guía o debate interno en Euskadi entre as bases da esquerda abertzale. Un texto do que nas últimas semanas se foran coñecendo diversos extractos e que agora pode xa consultarse integramente en internet. A proposta sae á luz logo de que fosen detidos recentemente parte importante dos líderes políticos chamados, con probabilidade, a ter importante protagonismo no novo proceso en preparación.

A análise contén significativas chamadas á retirada do protagonismo á ETA en favor da saída á luz e a consolidación de propostas políticas sólidas. Entre outros, indícase por exemplo que o proceso democrático "é unha acción política xeral que ten como obxectivo a acumulación de forzas para o cambio político". "Non é só unha liña de traballo, senón a columna que sostén a estratexia independentista", expón o documento, subliñando como fundamental que teña como base "a palabra e a decisión da cidadanía". De xeito destacado á luz do acontecido durante a anterior cesamento de fogo da ETA, expoñen ademais que o camiño en proceso "non debe subxugarse" á negociación, de xeito que no estremo de que esa negociación "estea bloqueada polo Estado", o proceso debera continuar "dando pasos cara a acumulación de forzas e a construción nacional".


Ligazóns

4.8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: