ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
INICIATIVA LEXISLATIVA

Carlos Marcos ou a tentativa de resucitar o "coruñesismo"

O ex candidato do Partido Galeguista intenta atopar un sitio en María Pita apelando ao “coruñesismo”. Agora busca 50 mil sinaturas a prol da cooficialidade do topónimo.

R.Vilar - 09:30 05/11/2009

Cando en 2007 o Partido Galeguista anunciou que Carlos Marcos sería o seu cabeza de cartel nas eleccións municipais o estupor foi monumental. Calquera que coñecese minimamente a traxectoria política do empresario coruñés sabía que o seu pensamento político estaba nas antípodas do galeguismo. Marcos nin ocultou o seu ideario real cando en plena precampaña distribuiu 60 mil pulseiras co lema “Me gusta La Coruña”.

Un ano despois, logo de non conseguir representación no consistorio, e caído en desgraza dentro do PG, Carlos Marcos volvía ás súas orixes. Canda o ex líder do PP local, Fernando Rodríguez Corcoba, “resucitaba” unha vella formación localista: a Unión Coruñesa.

Pero que era na súa orixe Unión Coruñesa?

UC naceu a mediados dos 80 nucleada arredor dun importante nome da dereita local: José González Dopeso. Nacido no Carballiño, marchou sendo un neno para A Coruña, onde acabou exercendo a avogacía e sendo unha peza clave na política local. Logo de ser concelleiro co alcalde Alfonso Molina durante a ditadura, González Dopeso entrou na etapa democrática da man de Alianza Popular.

A pesar de que Dopeso era un dos homes fortes de AP na comarca coruñesa e de que chegou a ser conselleiro de Xustiza no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor, sempre mantivo un discurso radicalmente localista e combativo co cambio de capitalidade para Santiago de Compostela.

A “conexión” con Paco Vázquez

En 1983 o socialista Francisco Vázquez chegaba á alcaldía logrando 14 concelleiros, fronte aos oito de Alianza Popular e os cinco de La Coruña Unida, que lideraba o ex rexedor Joaquín López Menéndez. A axustada maioría absoluta saltou polos aires cando tres concelleiros socialistas (entre eles o actual deputado do PPdeG Pedro Arias) abandonaban o partido. Contra prognóstico, Vázquez chegou a un acordo con González Dopeso e aguantou o primeiro mandato á fronte da alcaldía.

Nas eleccións de 1987, distanciado xa de AP González Dopeso concorreu coas siglas de Unión Coruñesa. O seu segundo de abordo non era outro que Carlos Marcos. O fracaso foi máis que estrepitoso e a formación “coruñesista” obtivo pouco máis dun milleiro de votos. Cun discurso municipalista e belixerante co  poder autonómico, Váquez conseguía unha sólida maioría absoluta.

Un trampolín para a política local


Máis de dúas décadas despois da labazada electoral, Carlos Marcos segue acariñando a idea de entrar no pazo de María Pita. Logo de “revivir” as vellas siglas de Unión Coruñesa, Marcos afánase en recuperar aquel vello discurso e intenta disputarlle a “populares” e socialistas locais a bandeira do debate toponímico.

A última “aventura” é intentar lograr 50 mil sinaturas de cidadáns da Coruña que estean a prol de que se oficialice o topónimo castelán. Para iso, esta mesma semana presentou unha solicitude para levar adiante unha Iniciativa Lexislativa Popular. A intención non é outra que presentarse en 2011 como estandarte dun “coruñesismo” que tivo o seu espazo electoral na primeira metade da década dos 80, unha idea que non lle disgusta a unha pequena pero moi influinte facción do empresariado local.


1,38/5 (13 votos)


Comentarios (42)

Raimundo #1 5/Novembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Souto-das-Dalas #2 5/Novembro/2009 Souto-das-Dalas
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Es um fenômeno Mundi! Mas, para além do localismo, tamém há naciolismo imperialista como o espanhol, ainda a serem unilingues!

Eurico #3 5/Novembro/2009 Eurico
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

Reimondo, para os únicos que traballamos os Galegos é para os MADRILEÑOS, e para a súa francesa MAXESTADE DE CASTELA. Comparemos un salario dun galego e dun español (madrileño mesmo), comparemos as xubilacións, comparemos o gasto do goberno, comparemos a cantidade de traballo, comparemos TODO!, como ti ben dis, a ver se independiza Madrid e deixa de chucharnos o sangue.

Non era en Cataluña ou no País Basco onde os galegos iamos a segar, non era alí non onde se nos trataba como escravos, e non era alí non por 2 pesetas traballabamos desde que saia o sol ata que se poñía, non señor, era EN CASTELA, recordao ben.

PARDO_DE_CELA #4 5/Novembro/2009 PARDO_DE_CELA
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Si o problema sempre é o mesmo. Madrid, Madrid, Madrid, e mais Madrid. Co xenocida Francisco Franco, todos traballabamos para Madrid, moita centralizacion. No novo reximen todos traballamos para Madrid. Calquer multinacional ten o seu centro administrativo en Madrid. por iso o Partido Podre, defende moito as multinacionais. Iberdrola, Fenosa, Endesa e demais. Todos a Madrid.

osforcados #5 5/Novembro/2009 osforcados
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

É o que fan a cotío as cabezas pequenas: trataren de convencer a cabezas pequenas con dreito a voto pra despois obteren grandes rendas dunha idea pequena.

Bacurinho #6 5/Novembro/2009 Bacurinho
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Está Galiza como para localismos,ca que esta a caer:GB,Nuñez Feijoo,etc...
Aos galegos interesanos Galiza e non as parvadas de si Vigo ten e nos non, ou se o fan en Ferrol nos aqui tamén (ainda que iso sexa dun custo elevadísimo para todos).
Este elitista,españolista e un deses canceríxenos que busca fama e prestixio local,a costa de envelenar cabezas de xente de a pé,descontenta co panórama politico e que bastante ten con chegar a fin de mes...
Galiza sempre,coruñesismo tamén,pero dende Galiza e con Galiza...sen chorradas e sen L

hsalgadob #7 5/Novembro/2009 hsalgadob
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

O que temos que aturar....estes senhoritos de caldo á merenda preocupados da L, de seren maís que Vigo, de seren a capital cultural...Capital da ineptitude e da estupidez. A nosa economía vai a menos, a nosa poboación emigra, a nosa lingua agoniza e estes parvos seguen coas súas mesquindades. Como corunhés danme ganhas de pedir que me borren do padrón.

ronpaulo #8 5/Novembro/2009 ronpaulo
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

O localismo é a mesma merda co españolismo.Os demagogos españolistas coma o reimundo, non queren admitir que niste corrupto e inmoral estado há cidadans de 2º ou 3º categoria, os galegos.So a independencia podera criar unha República de Iguais.Para iso precisamos unha Galiza Ceibe

Raimundo #9 5/Novembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Bacurinho #10 5/Novembro/2009 Bacurinho
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Querido Raimundo claro que pode haber coruñesismo, pontevedrismo,luguismo ou baltarismo...é lóxico, pero non como un movemento político,repito, elitista-españolista,senón como un sentimento de orgullo de ter nacido nunha cidade,pobo ou aldea, movido por intereses comúns e reais e non por caprichos de falsos nobres: Soto-Vazquez,Mouriño-Lendoiro...e por envexas que nada importan a un de Lalin,O carballiño ou Castro de Rei...
Este individuo,orgulloso de pertencer a GB,estivo o outro dia en Foro Aberto e falou entre outras cousas do aeroporto común para Galiza, e dixo que baixo ningun concepto...claro para él non importa que teñamos tres cortellos, mentras poida dicir "el aeropuerto de la Coruña";mais evitou o tema do pufo do porto exterior que todos pagamos, e carregou contra a cidade da cultura,supostamente por inutil,ainda que polo que espumegaba, era evidente que o que lle proia era que estivera ubicada en Compostela; agora si, o bo discurso foi o do L,ahi tiña o tema dominado..."La coruña no es de Galicia es de los coruñeses y que los coruñeses decidan" veu a dicir este señoritingo iluminado portavoz da clase mais rancia e paleta que retoña imparable ao amparo do presidente da Xunta, e que ten como única orixe o sentimento de inferioridade e a vergoña de seren galegos.
UNION GALEGA SEMPRE

fouze #11 5/Novembro/2009 fouze
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Quanto papa-conas há na cidade essa, quanto mais contra a capital mais parvos saem.

carlistos marcos: Vai tomar no meio do.....isso!!

maleiro #12 5/Novembro/2009 maleiro
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Concordo contigo Eurico. Non podo engadir nada ao teu sabio comentario.
Está cheo de razón.
Algúns chaquetas da Corunha pensan que son o ollo da Galiza.

Minho #13 5/Novembro/2009 Minho
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

O Senhor Carlos e o esbirro espanholista disfaçado de galego para apanhar votos de inconformistas,incautos e outros e depois traiçoa-los o apoiar com seus votos a seus amos da metropoli Madrid.

ulo #14 5/Novembro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Que os CTVs, é dicer, Curuñeses de Toda a Vida son un cancro para Galiza é certo; mas iso non é Coruña. Lembro vos a todos os vigueses e demáis que segundo as estadísticas a cidade onde mais libros en galego se venden é na Coruña, por cima de Vigo e demáis. Mas non é cuestion de localismos, porque iso é o que atiza a prensa, e non só La Voz, senon non ha mais que coller as paxinas do Faro de Vigo e ver como as gastan.
Por outra banda o localismo non é un mal galego, é un mal xeral no Estado Español: en Euskadi resolveron a polemica da capitalidade (que tamen houbo) entre Bilbao e Donostia, pondo a capital en Gasteiz, a cidade menos vasca de Euskadi. Na Extremadura a polemica foi entre Badajoz (si Badajoz, porque en español á asi) e Caceres, e resolveronna póndo a capital en Mérida. En Andalucia non a resolveron, e a disputa entre Malaga e Sevilla foi resolta polo peso do "centralismo" sevillano. En Catalunya non ha disputa, Barcelona é Barcelona e o demais Catalunya.
O localismo é un cancro que atizan para que non collamos conciencia colectiva, como colectivo oprimido por un estado moi concreto; mas non só me refiro a concencia nacional galega, senon a conciencia como clase social explotada.
Ou non ha localismo nas empresas. Mas o localismo nas empresas chamase "corporativismo", é dicer, eu salvo ó meu, e os demais que lle dean. Agora que estan de "moda" os EREs, como estan metendoos, pois moi sinxelo: ERE a ERE, e as cupulas sindicais entrando polo aro, aceptando esta division, en vez de dicer: os EREs son a medida que teñen TODOS os capitalistas para recuperar os seus beneficios, e polo tanto só os pararemos se toda a clase obreira do Estado loita conxuntamente, e se deixa de facer o "salvese quen poda". Ah, pero iso xera conciencia de colectivo na clase obreira.
De igual xeito atuan na cuestion nacional. Galiza é unha nacion, e iso é o que queren evitar que se vexa.
Asi que superemos as tonterías do localismo, mesmo para dicer que Coruña non é nacionalista (lembrolles aos isos que, supostamente desde o nacionalismo e a esquerda, repiten as tonterias de La Voz, que a primeira cidade que tivo un alcalde nacionalista despois do franquismo foi A Coruña), e vaiamos ao conxunto: Galiza é unha nacion, e como tal ten direito á autodeterminacion.
E a clase burguesa, coruñesa, viguesa, ourensa, pontevedresa, ferrolan ou de onde sexa non ten a menor intencion de loitar pola soberania nacional galega; que o fai o pobo traballador ou non o fai ninguen.

Raimundo #15 5/Novembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mansdodemo #16 5/Novembro/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Estes "políticos" do LA, e do coruñesismo, aínda pensan que os coruñeses e coruñesas, non teñen criterio, son parvos, parvas.
A xente da Coruña, pasa destas "memeces", e pide por favor, que non anden a "tocala gaita", e arranxen dunha vez, as moitas e verdadeiras necesidades desta gran cidade.

Xarope #17 5/Novembro/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Mais um merdám come-merdas a querer chupar do bote com o conto do "Lalala" e do "Coruñesismo" ..

Anda que vos dem polo .. !!!

MCXOSE #18 5/Novembro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Este éche un españolista vendíbel que lle dá igual extremar o cinismo (até o punto de ir co Partido Galeguista!) como facerse o boíño para o que lle ten conta. Un "pachuli" á galega, o que pasa que aquí non ten unha Pantoja que o faga famoso, pero as argucias son as mesmas: aproveitarse do poder para chupar do bote e enriquecerse. Este non é un político; é un empresario que utiliza a política -máis ben politiqueo- para facer funcionar o seu negocio, O CACIQUISMO. Se houber comunismo e cobrara por exemplo mil euros como un peón ou unha barrendeira, e todos cobráramos máis ou menos o mesmo non andaba a darlle polo cu á galeguidade. En Toledo poden facer o "toledismo", e en Segovia o "segovismo"... Eu que sei, os delirios de grandeza da xentalla coma esta entorpece a sociedade honrada e bondadosa. Confunde, engana, deturpa... Vaite oh! A CORUÑA ou A CRUÑA ou A CRUNHA, NUNCA LA!!! O La para lin; Lalín. Na Coruña en galego, e que non nos toquen máis os collóns!!! Putos renegados antigalegos!! aaagh!

MCXOSE #19 5/Novembro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

NOXO!!

gz_livre #20 5/Novembro/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#14
ulo, a que vem essa mençom aos vigueses e a Vigo?O teu comentário seria perfeito se nom meteres a gadoupa lembrando-nos nom sei o que a "todos os vigueses".Mirache o lugar de nascimento de todos os que estamos aqui?Eu sim som viguês e sei perfeitamente que a Crunha nom é este fulano e o que os meios pregoam.Tenho bons amigos corunheses que tenhem autêntica consciência de ser galegos, falam galegos e levam o país no sangue.E naturlamente, de LA's nem falar.

Por isso essa mençom desnecessária "de todos os vigueses" e isto de pôr-nos agora a ver "quien la tiene más larga" sobra.Assim de simples.Que em todas partes há de todo, e em Vigo temos a certos elementos que todos conhecemos.E assim em todas partes.A ver se agora imos medir o nível de galeguidade de cada cidadao...

gz_livre #21 5/Novembro/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#20 falam galego, quigem dizer.Desculpas

MCXOSE #22 5/Novembro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#20 gz_livre
a que vén o de traducir "quen a ten máis longa" ao castelán... É que pensas en castelán aínda? ¬¬

OBSERVADOR #23 5/Novembro/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Será o "lacoruÑesismo" ou "sentimento lacoruÑesista"...

lenin #24 5/Novembro/2009 lenin
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Claro que sí, esta es la nuestra.

Todos los coruñeses que nos sintamos españoles debemos votar Unión Coruñesa, no al PP, que mantiene posturas ambigüas o incorrectas con respecto a los temas realmente importantes*, ni al PSOE, otrora bastión de la gente de bien en la coruña, con Nuestro Alcalde a la cabeza, y a la presente esclavo de la turba de separatistas rojos del BNG.

*Temas realmente importantes:
-el topónimo de nuestra magnánima y españolísima ciudad
-la revocación de la capitalidad de la región gallega al pueblacho de santiago de compostela y la concesión de la misma a nuestra la coruña
-el descenso a 2ªB del celta de vigo
-la absorción de cajanueva por caja galicia y la posterior absorción de ambas por caja madrid

gz_livre #25 5/Novembro/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#22
Nom penso em castelám já, por sorte :) acontece que, a verdade, nom estava nada seguro de que tal expressom seja galega, quer dizer, nom sei se há umha expressom equivalente galega, por isso preferim nom traduzí-la, mas sei prefeitamente como se diz "quem a tem mais longa" em galego, obrigado ;)

gz_livre #26 5/Novembro/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

De todos os jeitos, do que eu dixem nom creio que isso fosse o mais importante..

sarriano1983 #27 5/Novembro/2009 sarriano1983
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

o problema de Galiza: ESTÁ CHEA DE TÚZAROS. e canto máis nivel de vida hai dentro da sociedade, máis túzaros se volven.

Bacurinho #28 5/Novembro/2009 Bacurinho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#15 Raimundo...efectivamente ese mismiño é o problema,toda unha vida de politicas que alimentan os localismos na busca dos votiños..agora unha infraestructura en Vigo,agora esto para Coruña ou aquelo para Pontevedra,segundo conviran as enquisas...a xente enfrentada, e Galiza a deriva...un plan perfecto.
As asociacións culturais que organizan actividades ao marxe dos concellos (porque os concellos queren),os grupos de xente anónima que traballa pola recuperación das suas parroquias,persoas adicadas altruistamente a manter vivo un clube deportivo amateur soio por paixon, etc eses si son localistas.
O demais: merda nun saco...xente que non quere a Galiza e soio busca protagonismo.

GalizacapitalBraga #29 5/Novembro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A este indivíduo não lhe chega o "papel" que lhe fornecem a prensa corunhesa (dom Santi Rei promovendo-o em LVG desde o outono de 2006 mais também em LaOdaC, mesmo Xornal) e José Maria Castellano (de onde sai o papel-moeda), e anda pedindo a berros um "papelinho" num filme de Santiago Segura... Papel e mais papel porque ademais de limpar o cu tem de limpar a merda.

Roxos #30 5/Novembro/2009 Roxos
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Este especimen é colleita da semente do psoe na Coruña durante moitos anos. Reforzado polos traidores a memoria de Castelao que roubaron as siglas do PG, polos poderes mediáticos coruñeses e polo sobriño de Ortega, léase Cebrían, non por Castellano.
Non ten parangón na política galega, pero si na española, caso do finado Gil y Gil, Rosa Díaz ou Mario Conde.

molondron #31 5/Novembro/2009 molondron
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hai xente que moito se aburre na vida...
E o caso é que conquerirá algunha representación logo das municipais do 2011. O seu discurso calla ben na xente (en bastante xente).

martin32 #32 5/Novembro/2009 martin32
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

XENTUZA!!

Raimundo #33 5/Novembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



gz_livre #34 5/Novembro/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#33
Ostiá!Agora os nazis som antifascistas?Bua, neno, muito cambiou a cousa!

basteira #35 5/Novembro/2009 basteira
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O caso é que o Raimundo este ten unha mala valoración, mais o que di neste asunto tonterías non son. Non deberíamos esquecer o seguinte:

1/ É inxusto, cando se fala de localismo enfrentado a Galicia, referirse a Coruña como se fora a raíña do campionato. Que eu saiba, tamén en Vigo houbo algún vergoñento exemplar que representaba o máis rancio localismo, e que se mantivo moito tempo como concelleiro, e logo o ínclito Manuel Soto non é que fora un modelo de nada. Ferrol, con Juan Rodríguez, tamén ten esa forza localista que tanto monta.

2/ Ten toda a razón cando fala de que o localismo non é só cousa de fulano ou mengano, simplificando. A política galega, non só a localista, foi quen de, efectivamente, multiplicar innecesariamente recursos que poderían manter unha unidade de de moita máis utilidade para o país que o que temos agora. É un auténtico escándalo, e o tempo só dá a razón a quen iso pensamos, a idea apoiada por moita xente de multiplicar as universidades, facéndoas máis febles e caras. E falando dos aeroportos, en lugar de facer un de categoría e ben comunicado optouse por facer dous máis que repiten o mesmo esquema, é dicir, non temos un bon aeroporto e temos tres malos (o de A Coruña especialmente malo), cun conxunto costoso e pouco operativo.

3/ Chegarmos a esta situación é culpa de todos, pois todos somos responsables da clase política que temos, non penso que sexa unha boa idea insultar á xente da Coruña como conxunto, pois na Coruña hai xente como mínimo tan respetable como a xente de calquera outro punto de Galicia.

xoca #36 5/Novembro/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Merecen, que lle poñan, non a cooficialidade "L" senón a oficialidade e que a parties de agora se chame La Coruña (exclusiva), mira que hai que ser imbecil. Co nome de A Coruña aparece nos listados de primeira província, co valor engadido que iso supón; en troques, co nome de La Coruña vai a parar ao posto 15 detras de Cordoba. ¡Viva a intelxéncia do coruñesismo!

xoca #37 5/Novembro/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Hai que deixar-se de dar-lle á cabeza con argumentos, a xente tenos todos e todos xa están de volta e media. O único que lles pode importar é o peto, o valor económico que ten estar de primeira ou de 15 en calquer listado.
1 A Coruña
.
.
.
15 La Coruña
Escolle?

Fumedecarozo #38 6/Novembro/2009 Fumedecarozo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Ao fin, algo comeza a reaxir no movemento cidadán da miña benquerida Coruña, berce das Irmandades da Fala.

Trascribo aquí o comunicado dunha meirande parte do mevemento asociativo cidadán da nosa cidade, perante unha incríbel manobra manipuladora da diretiva da Federación Veciñal no eido da defensa do noso patrimonio cultural e da nosa lingua, que nos ocupa.



As Asociacións de Veciños e Veciñas: Agra do Orzan, Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, Oza – Gaiteira – Os Castros, Os Rosais e San Pedro de Visma asinan conxuntamente este comunicado:

1º Pór de manifesto o malestar das citadas Asociacións Veciñais pola campaña posta en marcha pola Federación de Asociacións Veciñais sen ter en conta a opinión dos seus asociados.

2º Pór de manifesto que a actuación da Federación de Asociacións Veciñais, ao noso entender, está rexida claramente por intereses partidistas, actuando dita Federación baixo a influencia dun determinado grupo político, deixando de lado as distintas sensibilidades que a día de hoxe expresa a cidadanía.

3º Pór de manifesto que o paso ao fronte dado agora pola Federación, nunca o deu para exixir o cumprimento dunha lei que se estaba a incumprir de xeito irresponsábel por boa parte da clase política desta cidade. E tampouco criticou que se empregasen cartos públicos para tentar xustificar o incumprimento da Lei de normalización lingüística, e se deixasen de empregar en paliar as carencias da nosa cidade.

4º Vémonos na obriga de lembrarlle á Federación o compromiso adquirido pola súa directiva do emprego da lingua galega de xeito voluntario e consecuente. E facemos un chamamento á Federación e á cidadanía para defender con dignidade e orgullo a nosa lingua e os nosos sinais de identidade.

As asociacións asinantes amósanse así claramente en contra da campaña iniciada pola Federación e do xeito partidista no que se esta a empregar o movemento veciñal para tentar manter un discurso galegofóbico, apoiando o ideario partidista dun dos grupos maioritarios do Concello da Coruña.

A Coruña, 29 de Outubro do 2009

Xarope #39 6/Novembro/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Avante e parabéns às Associações de Vizinhos!!

E que ponham lume logo à merda escumalhenta essa da "Federación de Vecinos Malnacidos" que decerto é uma coveira de mangantes e trapaceiros!

O poder ao Povo! E na Galiza e na Corunha, em Galego!!!

Nambuangongo #40 6/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Na Crunha há um grande buraco chamado Porto Exterior, tão grande que até os vizinhos mais parvos estão a dar com os olhos nele.

Agora todos perdem o cú por cobri-lo com qualquer coisa, e primeiro que têm a mão são os cantos do LA LA LA.

LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LALA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LALA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA LA...

Dissimulem!!

Se o BNG é o suficientemente inteligente para não se deixa enganar pelos cantos de sereia e centra sua atenção nos verdadeiros problemas, pode que as coisas comecem a mudar.

O LA LA LA de uns e outros por si mesmo os desqualificam, até para os Lacorunhesistas.

Serenidade, seriedade e trabalho. As parvoíces para os parvos. Nem vale a pena discutir estas imbecilidades.

ferreirolo #41 18/Novembro/2009 ferreirolo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O Carlos Marcos adicase a publicidade, é a súa empresa a que fai as campañas, primeiro enganou ao PG e agora aos que financian UC. O tipo sempre gaña, teña moitos ou pocos votos. O da L importalle un carallo o caso e facturar.

chacho #42 19/Novembro/2009 chacho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#41 "O da L impórtalle un carallo o caso é facturar."
Malláchelo. Eis a clave do asunto. Este señor vive disto e hai moita xente que podería acreditalo (por exemplo os que lembren a alcaldía de Manuel Pérez en Vigo). Nas anteriores municipais ficou moi claro que algúns empresarios ligados ao negocio urbanístico estaban interesados en apuntalar a maioría absoluta do PSOE-VAZQUISMO e este individuo parecíalles útil. O resultado xa se viu. Fracaso total despois dunha inversión millonaria que incluía o encarte de un comic na Coz. O porque volven a apostar por él non o entendo moi ben xa que agora teñen en Negreira un candidato con, algunha, posibilidade de gañar e que está perfectamente amoldado ao patrón do que eles precisan.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: