Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PASO ADIANTE

Caamaño entra na política galega da man de Moreda

O titular da Deputación anuncia que o ministro de Xustiza será presidente provincial dos socialistas se el logra a secretaría este sábado.

Redacción - 18:00 06/11/2009

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, pode comezar a ter un papel relevante dentro do PSdeG a partir deste sábado. O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, gardaba un as na manga para a súa loita contra o deputado Xosé Manuel Lage, co que desputa a secretaría provincial do partido. Segundo lle filtrou o entorno de Moreda a Europa Press, Caamaño convertirase en presidente dos socialistas coruñeses se a secretaría recae no titular de Deputación.

A pesar de que o cargo de presidente provincial dos socialistas non lle dá ningún poder real orgánico, a ninguén se lle escapa que con este nomeamento Caamaño entra de cheo, simbolicamente, dentro da estrutura do PSdeG

A decisión causa certa sorpesa porque para moitos Caamaño está encadrado dentro da sensibilidade galeguista do PSdeG. De feito, o ministro non dubidou en afirmar que estaría disposto a apoiar un Estatuto de Autonomía que recoñecese Galiza como nación. A isto súmase a súa participación en manifestacións a prol da normalización da lingua galega.

O congreso provincial da Coruña está a ser especialmente disputado dende que o deputado do Barbanza decidiu botar un pulso contra Moreda. Aínda que, a priori, o presidente da Deputación semella ter máis perto a vitoria, a partida permanece aberta.


4.75/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: