A FEG rexeita o marco legal para o sector deseñado polo Goberno, reprocha as "nulas" garantías ambientais e denuncia o "desprezo" á Rede Natura.
"Con toda probabilidade a avaliación estratéxica axustaría a potencia eólica á capacidade real que Galiza pode aturar". Aí estaría a clave, consideran desde a Federación Ecoloxista Galega (FEG), do "medo" da Xunta a axustar a planificación eólica ao marco lexislativo europeo e o contexto concreto en Galiza. Para a FEG é "unha burla" que o reparto eólico de 2300 MW se estea vendendo como "algo novo e óptimo".
"Na realidade están a aproveitar os rasquizos legais que permite o desfasado plano de 1997", denuncian. Un "erro" do que acusan tamén ao bipartito, insistindo en que Galiza necesitaba dun no plan sectorial eólico "que permitise desterrar os máis escuros intereses de adxudicación que agocha a planificación eólica concibida en plena voráxine do PPdeG ao fronte da Xunta". Para os ecoloxistas quedaría claro que o executivo evita responder aos requirimentos da directiva 2001/42/CE, trasposta na Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente". Isto é así pola inexistencia de carácter retroactivo no devandito marco legal, polo que para escapar ás novas normas a Xunta aposta por ampararse no plan aprobado hai máis dunha década.
A FEG critica que a nova proposta da Xunta é "pésima" e cualifica de "paradoxal" que "con toda a inseguridade xurídica suscitada", se pretenda orquestrar un reparto de tal potencia "partindo duns mínimos condicionantes ambientais". Entre outros, recordan que se rebaixa e anula o proceso de avaliación de impacto ambiental, que se simplifica a tramitación por medio das licenzas municipais, "cando seis de cada dez concellos en Galiza carecen de Plano de Ordenación Urbanística (que, tamén debe estar sometido a Avaliación Estratéxica Ambiental)", advirten de que se incumpre a lei de 2007 sobre Patrimonio Natural e da Biodiversidade, o Decreto de 2007 que regula o Catálogo galego de especies ameazadas e a Lei de 2008 de protección da paisaxe de Galicia. E por último, subliñan o "desprezo da Rede Natura 2000" que amosa esta actuación e insisten na necesidade urxente de Planos de Conservación e da propia ampliación en Galiza desta Rede, equiparando a Galiza con outros territorios do Estado.
E que estos europeos fan unhas leis que son imposibles de cumprir!!
A quén se lle ocurre que haxa que ter en conta aos cidadáns para opinar sobre o impacto medioambiental do proxectos!! Asi non se poden esquilmar tranquilamente e a fondo os recursos naturais, como imos manter o crecemento indefinido entón??
E andan a publicar por ahí que o €$tado €$pañol fai da eólica a mitade da enerxía que produz. Ou sexa que entre a dos encoros dos ríos que nos roubaron, e, a das tarabelas que nos asulagan por doquier, GZ, nós, produciremos polo menos o 70% ou máis da enerxía.
Qué número de GALEGOS de feito e de dereito se BENEFICIAN de esta situación PRODUCTORA? E a nível de custes do noso CONSUMO?
CONTROL DOS NOSOS RECURSOS NA GZ XA! (Non se pode agardar máis).
E qué ESTUDIOS DE IMPACTO, como os do Cando e Monte Seixo na Terra de Montes, cabados, aplanados e arrasados 24 km2. de IMENSA RIQUEZA patrimonial non material, paisaxística, turística, etc.??
É que non é posivel obrigar a tecnoloxías menos OFENSIVAS como o recorte e a diminución do número de tarabelas, e mesmo a sua maior potencia e aproveitamento, gardándoas dun INEXISTENTE mapa de zonas a EXCLUÍR?
PARALIZACIÓN das concesións ata ter os requisitos MÍNIMOS LEGAIS ATA O INTRE!!
O que non entendín foi como a FEG apoiou hai uns meses ao PP cando o goberno actual decidiu facer borrón co plan eólico do bipartito. Desde entón xa reduciron superficie protexida no Xurés para aumentar a zona onde instalar muiños, xa deron pasos de xigante para continuar a política medioambiental de Fraga: os muiños regalados aos amigos onde todas partes, minicentrais en todos os ríos ata desaparecer como tales, etc. E o choio de Reganosa que? Repetirase o tema? FAise a montaxe cando o Pp ata que non ten volta atrás e logo a culpa lévaan os outros. Galiza non se vende tamén axudou na práctica á situación actual. Miopes...
A ver, que e mellor, que un concurso eólico de Galiza séxalle entregado a empresas GALEGAS ou a foráneas... Branco e en botella... Mais claro, o mais conveniente para Feij009 é compracer e lamerlle o cu aos seus amiguiños.
A ver, que é melhor? Destruír em chave espanhola ou destruir em chave de país?...
Galiza Non Se Vende cometeu o terrible crime de acusar a Fernando Blanco de promover un plan eólico a dedo e sen avaliación ambiental, de mirar para outra parte no tema de Reganosa, de presentar unha lei de minería enormemente destrutiva e de non facer absolutamente nada por tirar Ence e Elnosa do sitio. Non se poden acumular tantas críticas sobre os verdes gromos dun goberno, hai que ter fé (miope non, cega)porque senon, xa miras, ven o PP e hai que seguir repetindo o mesmo...
Reflexivo, o que dis é umha meia verdade, ou seja umha dupla mentira
http://www.vieiros.com/nova/75...
Mas nom nego que seja um excesso de ingenuidade na sua formulaçom.
Fermosa-bágoa, para chorar o teu, já cho deixa claro signatus.
Porque umha merda nom é melhor que duas merdas, é igual. é que BNG,PSOE,PP...
É curioso ler como se mesturan os temas dun lado e doutro. Un grupo ecoloxista ten calar cando hai intereses económicos, políticos ou interesados por outros movementos sociais?. Aínda lembro, como nos pediron calar a boca cando se quería abrir unha canteira no P.N. das Fragas do Eume, porque lles interesaba a uns (incluído un alcalde nacionalista) e non tiña forma de xustificalo ambientalmente, incluso triplicando aleatoriamente o nº de empregos que ía xerar, calar a boca co tema da Limia como se nos pidiu pois era ataco por un sindicato nacionalista e manipulado por un Alcalde do PP, ou calar a boca con obras de concentracións parcelarias que nin siquera estaban aprobadas, estaban destruindo Espazos protexidos. Temos que calar a boca pois segundo quen o faga.
Un grupo ecoloxista terá que ser coherente cos seus principios, e non matizalos segundo esté diante uns ou outros, senón serán ferramentas doutros movementos políticos ou sociais. Non se pode ler a Coz de Galicia, segundo conveña.
# Lura e # Reflexivo... a ver que o entendamos ben e desculpádeme de antemán pola linguaxe soez, agardo non ofender a niguén: vos sodes partidarios de que vos dean polo cu, si ou si, non? uns faranno cun pouco de vaselina e marmurando alalás na caluga e outros a pelo e cantando un pasodoble español, é iso o que sostedes, non?
Creo que xa o vou entendendo.