Xornalistas e blogueiros do país participan este mércores nun seminario sobre comunicación política en internet.
Parlamento Europeo
O Parlamento Europeo acolle este mércores un seminario no que xornalistas e blogueiros de diferentes nacións debaterán sobre o “activismo político na rede”. Galiza será unha das protagonistas da xornada, de feito unha das mesas públicas leva por título “a blogosfera galega: tecer dende a esquerda lingua e nazón”. Na conferencia participarán os xornalistas Marcos Pérez, María Yáñez, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Salgado. Canda eles estarán diferentes blogueiros e opinadores: Xabier Pérez Igrexas, Manuel M. Barreiro, Manoel Santos, Antón Baamonde e Filipe Díez. En representación de Vieiros tamén tomará a palabra Fernando Arrizado, responsábel da sección de Internacional.
No seminario presentado polo eurodeputado de ERC Oriol Junqueras e tamén coordinado por Ana Miranda, representante do BNG en Bruxelas e próxima europedutada, tamén se tratarán os seguintes temas: “Os blogs como instrumentos para o debate europeo” (Anne Autio i Rina Tsbaki, do European Journalism Centre); “O xornalismo catalizador de iniciativas sociais” (Martí Crespo, do xornal catalán Vilaweb); “O partido pirata, o suceso da política na rede” (Christian Engström); “A blogosfera escocesa e a campaña polo dominio .scot” (Davie Hutchison e Christian Jones); “A Osonosfera, exemplo de comunidade virtual comarcal” (Enric Xicoy); “A blogosfera flamenga” (Theo Francken); “Características da blogosfera sueca” (Henrik Alexandersson); e “Máis democracia: Politika 2.0 (Paul Rios).
A última hora da tarde do mércores, e xa fóra das actividades do seminario, a comitiva galega participará nun debate aberto á colectividade de emigrantes en Bruxelas que levará por título “A situación da rede en Galiza como instrumento de identidade e defensa da lingua”. A cita terá lugar no Orfeu-Livraría Portuguesa e Galega (19.30 horas).
simplemente lamentábel que A Randeeira e O Traveseiro quedaran fóra dunha delegación galega que ule a reseso que tira para atrás
Pois sí que se luciu a Ana Miranda levando a preas tan grandes coma o Xabier Pérez, o apadriñado do tío Paco. O rapaz famoso por editar a súa propia páxina da galipedia e despois publicalo el mesmo en chuza!
Así habemos chegar lonxe!
Que contradición, non? Falar de activismo político na rede e deixar fora a practica totalidade do activismo pois, que eu saiba, quen vai asistir a ese debate non representa a ninguén máis que a si mesmos, e no caso de XPI, nin eso,... un monicreque que reza o que lle manden.
O leriante-iñorante ese, o XP, non ten nen media ostia (dialéctica, enténda-se. Suponho que será un mandato desde as altas instancias Bng=UPG, (tio PR,o da faciana con aires de xenreira permanente)pra darlhe pintos ao CV do neno, e non vontade de Miranda.
Sabemos que a hai luz no nacionalismo gakego de esquerda, pero que non está no planeta upg, aínda que controlen a leira, como bos terratenentes políticos que son