Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ÚLTIMO MES

O BNG sobe en estimación de voto

Mentres PP de PSOE retroceden, as enquisas de opinión outórganlle catro décimas máis aos nacionalistas galegos.

Redacción - 16:10 10/11/2009
As forzas nacionalistas gañarían máis peso nas seguintes eleccións

As forzas nacionalistas gañarían máis peso nas seguintes eleccións

O BNG gañaría catro décimas en estimación de voto no último mes. Así o asegura o estudo elaborado polo xornal español Público, que analiza o retroceso ou avance das diferentes forzas políticas do Estado Español.

Mentres retroceden os grandes partidos estatais como o PP e o PSOE, as forzas hoxe minoritarias nas cámaras de representación españolas experimentan un destacábel aumento de apoio. Así, CIU gaña un punto, pasando de 2,2% a 3,2% en estimación de voto. Tamén soben, aínda que en menor medida, ERC (que gaña tres décimas) e o PNV (que gañe outras seis).

Pola súa parte, o BNG rexistraría un incremento na estimación de voto situándose no 1,4% (por enriba de ERC e á par co PNV). Os nacionalistas galegos acadarían a cota máis elevada no último ano, conseguindo unha remontada de até nove décimas nos oito últimos meses (no pasado mes de marzo rexistraba a estimación de voto máis baixa do último ano, cun 0,5%.

Mentres, confírmase unha tendencia á alza de Esquerda Unida (que chega até o 4,7% subindo tres décimas) e de UPyD (que se estabiliza no 5,3% e gaña unha décima con respecto a outubro).


4.44/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: