ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consello Nacional do BNG

Xosé Manuel Beiras presidirá a comisión de estratexias, que emitirá informes sobre temas "de fondo"

Un grupo de traballo analizará a situación "xeral e particular" nos concellos e proporá plans de acción ante as municipais

Redacción - 11:15 15/11/2009

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado que o ex voceiro nacional da formación, Xosé Manuel Beiras, presida a comisión de estratexias, creada no seo do máximo órgano de decisión entre asembleas coa finalidade de emitir informes sobre cuestións políticas "de fondo".

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, cualificou de "moi interesante" a constitución desta nova comisión, que pretende servir para que a formación realice "unha reflexión de fondo" e evitar, con iso, o "curtopracismo" que rexe no panorama político. Tanto a súa creación como a presidencia de Beiras foron propostas do propio Vázquez.

Nesta dirección, e logo da reunión ordinaria da Executiva Nacional -que se produce cada dous meses-, Vázquez salientou que Beiras "será o responsábel político" da comisión e, xa que logo, el decidirá "que temas ten que abordar".

"Terá a misión de analizar cuestións de máis profundidade no marco político xeral", explicou, e indicou que os informes serán recibidos pola Executiva "para a súa valoración e debate", como ocorre co resto de comisións.

"A ninguén se lle escapa que o mundo se move. Non tiña razón Fukuyama, non era o final da historia", ironizou Vázquez para argumentar que o BNG, "aí, terá que facer un esforzo para se mover tamén en consonancia".

Eleccións Municipais
O Consello Nacional debateu e aprobou un documento de traballo para as próximas eleccións municipais, previstas para 2011, e nas que os nacionalistas aspiran a aumentar a representación institucional nos concellos.

Vázquez asegurou que farán "todos os esforzos necesarios para afrontalas" e incidiu na "implicación" de toda a militancia. Para iso, puxeron en marcha unha comisión de traballo que se dedicará a analizar a situación "xeral e particular" nos concellos e proporá "plans de actuación" para a Executiva Nacional.


4,6/5 (15 votos)


Comentarios (19)

vermelhogz #1 15/Novembro/2009 vermelhogz
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

nao sei até que ponto a UPG deixará trabalhar a Beiras livremente,
é em gente como Beiras que o Bloco pode procurar soluçoes para voltar ser referente viável e creível para Galiza

cachindiola #2 15/Novembro/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

!Ah, aupegá, o comunismo, os rusos, a finada aleñaña oriental!, tan de moda neste vinte cabodeano. son coma unha nube que non deixa ve-lo sol,que é, que ven sendo, a liberdade.
Mais eu coido que somos nós, non vos: beiristas, quintanaesencistas e demais aire fresco que entra pola fiestra, e que coa escusa de renovar non facedes máis que botar fóra o aire puro que na peza había e hai, nós, non vós, estaba a decir, sómo-la liberdade, os disidentes desta comedia, os mártires da vosa estupidez de sistema.
amén

MrSrD #3 15/Novembro/2009 MrSrD
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"curto"+"prazo"= "cortoplazo"!?;
Facer o neoloxismo está ben, pero é necesario ir pedir a novidade a outra galaxia lingüística?
Segue sendo incríbel como perviven e perviven e perviven rotinas mentais, mesmo entre os supostamente máis alerta.

redaccion #4 15/Novembro/2009 redaccion
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Cuevillas #5 15/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Señores de Vieiros, eu non insultei a ninguén. Somentes dixen "Soviet supreto" tal e como poñen algúns xornais cando falan da UPG. E dixen que Beiras é algo así como un invitado, cando dirixe o partido o sindicalista "vintage". O Guillerme é do sindicalismo doutra época (eso quer dicir "vintage" en inglés), e non está conectado coa realidade actual galega como a súa agrupación: a Inión do Pobo Galego. Por que en vez de censurar, non deixades expresar libremente. Menireiros, eu non insultei a ninguén!!! Xa que censurades, por que non o facedes co gaviotero ou con micsha?

xacataca #6 15/Novembro/2009 xacataca
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

#5

Home, Cuevillas. Eu non gusto de que se apaguen comentarios, nin sequera aqueles nos que hai insultos (retratan os que os fan), mais neste caso ten razón Vieiros, porque ademais de todo iso que dis aí non sei que de "que se meteran polo cu" non sei que dicías.

Por certo, tamén chamabas "Gorila!" a Manuel Zelaya. Polo que vexo xa tamén cho quitaron. Deixo constancia aquí de que o dixeches. Máis que nada para que a xente vexa que tes certa debilidade por cuestións como etnia, raza, etc. ... deixas un cheirume un pouco rancio alí por onde comentas, Cuevitas.

fillotolo #7 15/Novembro/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

cachindiola así que os da UPG sodes o aire puro que hai que conservar, escacho de risa por non chorar. Pérdestedes a maioría, pero vos xa sabedes que o mellor está por vir, máis concretamente na vindeira Asemblea Nacional, que de seguro, aprazaredes ao máximo permitido a súa convocatoria, coa finalidade de tentar lavar a cara daquí a aló.
Sodes sectarios, máis non tan parvos como para pensar que ides ser vos os que lideredes ao nacionalismo galego. Cando chege ese día, darásevos (a algúns vividores, que non todos, da UPG) un agradecemento público polos "servizos" prestados á patria e logo para casa descansar. Ven o merecedes, despois de ser durante anos os "únicos e verdadeiros" traballadores do país e do BNG, é hora de que se comeze un proxecto novo e sobre todo de que descansedes, ¡Tédelo ben merecido!.

fillotolo #8 15/Novembro/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Cuevillas, gorilas hai moitos, máis como en todas as especies, uns individuos son máis listos ca outros..., é máis, xa lle gostaría a moitos chegar a ser gorila.

Cuevillas #9 15/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mansdodemo #10 16/Novembro/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Con todo o meu respecto a todas e a todos. Hai moitas, moitos, que puntean positivos e negativos, que fan un feble favor ao sentido exquisito da tolerancia, do equilibrio, e do neutral senso do bó facer.
Os comentarios ben pensados e ben feitos, xa non precisan puntuación.
A xente que dí practicar a neutralidade, non debera puntuar ou responder, sen razóns, ou por amizade. E nalgúns destes foros, acontece iso.
Hai moitas, moitos, lectores, que se deixan levar polas puntuacións positivas ou negativas, e non profundizan demasiado, no que se quere expresar. E que quizais non entendan ben o que é o verdadeiro sentido da tolerancia e do respecto.

MCXOSE #11 16/Novembro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

vavavah... todos sodes moi boíños e moi santiños: xa xa. Xa sei Eu de que vai o rolo. Por iso gaña o PP, por iso pasan fame máis de mil millóns de seres humanos e por iso lle vai tan ben a Zara e a Nike e a Adidas: si si. Eu doulle o meu voto de confianza a Cuevillas, sempre e cando non mostre racismo. A Vieiros dígolles que metan polo cu a censura. Franco morreu, hostia! de que ides?!

uxiovillamar #12 16/Novembro/2009 uxiovillamar
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Agora parece que beiras tiña razon...en vez de renovarse...voltan as vellas glorias nacionalistas...unha magoa que non escoitaran ao pobo galego nas pasadas eleccions...

Nambuangongo #13 16/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu também digo o mesmo. A censura, para vós e por via anal!

Nem lhe fechais a conta a trolls como Gaviotero, nem lhe removeis comentários a mestres do insulto e a linguagem despectiva tipo micsha, nem a lançadores de spam como Raimundo,...OS QUE REALMENTE ROMPEM O FIO DO DEBATE comentam livremente, e vindes agora censurar os palavrões do Cuevilhas?

Não li os seu comentário (O QUAL LAMENTO, MESMO FOSSE MERDA), porém todo aponta a que foi eliminado por CENSURA POLÍTICA.

A imprensa digital galega não admite quaisquer críticas ao BNG. No seu panfleto (gznacion.com) também estabeleceram um sistema de censura, e A Nossa Terra, não é nossa, é deles. Outros diretamente não admitem comentários ou são sometidos à censura do administrador antes de serem publicados. Pois mal andamos de Vieiros também escolhe esta via.

Se Cuevillas escreve parvadas, com votos negativos será oculta.

Se fez comentários racistas (coisa que também não surpreende nele), dai-lhe um aviso e a oportunidade de desculpar-se. E se não o faz, conta destativada e a tomar pelo cú. Terá seu espaço nos foros nacistas.

Nambuangongo #14 16/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Quanto ao BNG, lamentável. Face aos problemas galegos leva desde o Março durmindo. E agora que vêm as eleições municipais há que dar signos de vida....

O BNG está está durmido, está morto, porque morreu a sua estrutura organizativa de base. Agora é outro partido mais do sistema.

Não sabe se é de direitas ou de esquerdas (seica agora é o mesmo). Depois de perder as eleições esta questão também não se tocou. As assembleias são para reparto de cadeiras, não para as linhas ideológicas e os programas.

Romperam com as aspirações do galeguismo histórico, cadaver enterrado no enxebrismo e no passado, enquanto os seus traidores o reciclaram para regionalismo barato. Só temos que ver quais são as revindicações quanto a língua ou o abandono da ideia de autodeterminação para vermos até onde cairam.

E acima cai de forma exponencial o seu apoio eleitoral, porque chegaram a governar e o único que fizeram foi trair aos seu eleitorado. Sairam do governo, e o seu eleitorado não apercebeu qualquer mudança.



E agora, estamos a ver o mais patético de tudo:

Ante a ameaça de sair um grupo importante de pessoas de esquerda do BNG e se reorganizar o nacionalismo galego em volta de uma verdadeira esquerda galega anti-colonial, envolvem ao Beiras nos cargos do partido para evitar a sua iminente saida e o terremoto político que poderia causar nas filas do partidinho.

O BNG terá oxigênio para agonizar uns anos mais, mas nestes momentos estamos a assistir ao suicídio político do galeguismo nos braços dum partido-cadáver que necessitava ser reorganizado. Mágoa.

Parabens aos espanhóis. Eu já estou comprando vaselina para suavizar o muito que nos vão dar pelo cú.

Mahleriano #15 16/Novembro/2009 Mahleriano
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

13# Completamente de acordo, e dize-o um reintegracionista que tem sido alvo, polo simples facto de nom aceitar a ortografia espanhola, dos comentários desafortunados e alicerçados na ignorância desse Cuevillas.

Sres de Vieiros: se vai haver censura, nom seria tam difícil incluir uma janelinha na que pudêssemos ler quais os critérios para essa censura. E se o Cuevillas a merece, mil vezes mais a merecem todas essas escumalhas espanholistas que entram a insultar-nos, a Mijar pola nosso acervo, a romper qualquer debate: Papamerdas Gaviotero, Maccarally, Mija e um longo etcétera.

Mahleriano #16 16/Novembro/2009 Mahleriano
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

14# Nom o poderia dizer muito melhor. Parabéns aos "Grandes Timonéis" que tenhem levado o barco até o recife do espanholismo mais ranço, que nestes anos tanto tenhem transigido com os ataques ao nosso Acervo e mesmo os tenhem apoiado. Pouca memória histórica tenhem, e pouca história sabem: de nom ser assi, nom teriam seguido o caminho dos zipáios.
Por certo, vistes o que alguns estám a cozinhar para nós:

http://www.publico.es/espana/2...

mansdodemo #17 16/Novembro/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

E agora que teño un pouquiño máis de tempo vou a tratar do tema de Beiras.
O Beiras foi para mín, un dos millores políticos que houbo neste noso país.
O fulminaron.......e agora, pensan colocalo nunha especie de pedestal que queren que dea solucións aos múltiples problemas deste noso nacionalismo.
Beiras é, moito Beiras, e sempre destacou polo seu posicionamento a prol da política de altura, que acouga a realidade desta nosa terra.
En xeral, hai moita "mediocridade" nos políticos que están a mandar na actualidade: nos que están no goberno, e tódolos demáis dos distintos partidos políticos.
Teño lembranzas da súa presenza no parlamento galego, da súa brillantez de expresión e da sua cultura.
A partires da súa falta, a nosa política decaeu, foi costa abaixo.....e segue costa abaixo.....e máis.
E vexo que non hai ninguén que poña os puntos sobor dos ies.

Hermerico #18 17/Novembro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Que bem, o velho e os seus já tenhem umha comissom para se entreter. O guilherme tem-lhes "colhida a medida". O que querem só é ser críticos, disidentes, mas...sem sair da casinha, que levam toda a vida dentro. O caso é continuar com a "posse", ser muito crítico, mas com "responsabilidade". Um saúdo e até as próximas eleiçons, com posterior rolda de imprensa do colega, ultimato à UPG -ma non tropo- e volta a começar

Ama #19 17/Novembro/2009 Ama
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Que pesados sodes coa UPG, que eu sepa tanto xente como Paco rodríguez, Guillerme Vazuquez, ou Beiras estan ahí porque queren, niguen se puxo unha pistola no peito.
Beiras dende logo que é parte da historia do BNG, pero tamén pareceme que xogou máis de unha vez a dicir que se ía, o a non definirse en moitos temas. Hai moita xente en este foro que nunca lles vin esixirlles a Beiras o que lle esixen a upg, e me refiro a que se posicionen en temas concreto e non que dera a calada por respostas.
Tamén decir que espero que nas vindeira elección as autonómicas, ver a Beiras, a Paco e Guillerme (de este último o dou por feito) traballando a reo para conquerir os mellores resultados, e dando o callo nos mítines trasmitindo a mensaxe do BNG, repito do BNG, que somos moitos, e non todo pensamos igual.
Non se pode mirar para o futuro, sin ter enconta o pasado, e estes 3 personaxes entre outros son parte da historia do BNG, e parte de seu futuro, xente na que os novos militante poidar ter como exemplo, e de quen aprender, tanto nas cousas boas que a haí, como nos erros, que tamén os hai.
A todos ese que queren ver ao BNG afundido e sen futuro, que sigan esperando.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: