ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PREMIOS FERNÁNDEZ LATORRE

Paco Vázquez volve á Coruña co L debaixo do brazo

“Liberdade escríbese con L e o que aparentemente poida semellar unha cuestión menor convértese no paradigma da imposición e da tolerancia”.

Redacción - 10:55 20/11/2009
Tags: A Coruña

Durante case 23 anos Paco Vázquez foi alcalde da Coruña. Aínda que dende hai tres anos e medio a súa función é a de representar o Estado Español no Vaticano, o ex rexedor non é, nin moito menos, deses que deciden afastarse do seu “legado”. Demostrouno este mesmo xoves durante a entrega do Premio Fernández Latorre (el era o galardoado), que organiza o xornal La Voz de Galicia. Diante dun público composto por cargos institucionais, grandes empresarios e representantes das tres principais forzas políticas, Vázquez 'pontificou' no seu discurso: “Liberdade escríbese con L e o que aparentemente poida semellar unha cuestión menor convértese no paradigma da imposición e da intolerancia”.

Mais no discurso as referencias á situación lingüística en Galiza tiveron moito maior espazo e non faltaron críticas aos que denominou “fundamentalismos excluíntes”. Vázquez reivindicou o legado que deixaron os escritores, todos en lingua castelá, que citou: “Ninguén reflectiu mellor a nosa realidade realidade social que dona Emilia Pardo Bazán, don Ramón María del Valle Inclán, don Gonzalo Torrente Ballester, ou un dos grandes españois gañador do premio Nobel, o galego Camilo José Cela”.

As palabras de Paco Vázquez teñen especial trascendencia porque se producen logo dun mes pasado que estivo marcado pola discusión toponímica. O Partido Popular local, capitaneado por Carlos Negreira, aproveitou para reabrir a discusión sobre a necesidade de oficializar un nome bilingüe para a cidade. Os conservadores eran conscientes de que deste xeito poñían contra a parede a un Partido Socialista que segue atrapado entre o pasado vazquista e o presente de coalición co BNG.

O actual alcalde, Xavier Losada, tamén presente no acto, intenta facer equilibrios. O seu propio grupo municipal é heteroxéneo. Por un lado a vella garda de concelleiros herdados das etapas de 'Paco' Vázquez e por outra edís da última fornada, que non teñen especial interese en manter a sempiterna batalla do L.


1,76/5 (37 votos)


Comentarios (36)

volvebreogan #1 20/Novembro/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

jaja que crack! a min un tipo qur vive nun palacio na piazza spagna de Roma que non me veña a dar leccións de liberdade,igualdade ou franternidade, e aínda menos de humildade!! érache o que nós faltaba!!

juli_gz #2 20/Novembro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Paco Vazquez presenta: Con "L" de lambón, despois da sua fuga de A Coruña polas súas chorizadas volve máis facha que nunca...

rinlo #3 20/Novembro/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Onde se tem que meter o "L" este home é no seu apelido: Paco VeLáquez, por nom sermos maleducados.

pani #4 20/Novembro/2009 pani
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

"... paradigma da imposición e da tolerancia": se o texto está ben transcrito por Vieiros, o que demostra é unha tremenda empanada mental do señorito Vazquez.

peroxa #5 20/Novembro/2009 peroxa
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

E os do BNG presentes na merenda de La Voz aplaudiron as palabras do premiado?

Arujo #6 20/Novembro/2009 Arujo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Pako bazkez i Jalizia Vilyngue son la garantya de ke la unidaz de'spaña no sea atakada por los malbados separatistas que anidan en los cobiles de la yamada "inteleztualidaz gayega". Biba Ezpania y Biba la Lejion! LIBERTAZ, LIBERTAZ, LIBERTAZ.

acarondosil #7 20/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"Paco Vázquez volve á Coruña co L debaixo do brazo"
Non facía falta que viñese cargando con el. Alí xa hai algúns que o teñen preparado por se fai falta e chega a ocasión.

sozinho #8 20/Novembro/2009 sozinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Muera la ingeligencia! (y la ortografía también, ke kogno!)
Asnado: Pro-Hombre Universal

subela #9 20/Novembro/2009 subela
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Prevaricación escríbese con P, de Paco Vázquez

AGIL #10 20/Novembro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Que restitua os dinheiros que dedicou a defender esse L, de "lelo"...

osforcados #11 20/Novembro/2009 osforcados
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Latrocinio tamén empeza por La.

cantinflasgz #12 20/Novembro/2009 cantinflasgz
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Onte falaron Fernandez Latorre, Feijoo e Paco Vazquez que definiuse como "progresista, catalico y español"

E triste que ante esta cuadrilla ainda haxa quen dubida de que é o nacionalismo e de quenes son os inimigos dos nacionalistas. E que se sigan aferrando a posicións ortodoxas comunistas tirando pedras contra sectores nacionalistas menos de esquerdas en vez de actuar en comun contra a españolidade esta. E seguiremos a darlle chance o psoe dicindo eso de "o inmigo e a dereita, o PP". O inimigo e España e eses tres son perfectos exponentes do colonialismo español neste pais.

BonKarallan #13 20/Novembro/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Esta noite en LA CORUÑA, zapateado de Negreira: "El hombre que no pudo reinar" e Paco Vázquez: "El Chiquito del Vaticano" (Premio Fernández Latorre de Hércules) coa non asistencia de Javier Losada que ten a gripe A, mentres os outros dous teñen a gripe LA.

Ele, ele, ele, ELE, ELE, ELE...con eles.

ronpaulo #14 21/Novembro/2009 ronpaulo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Obom #15 21/Novembro/2009 Obom
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

CRUNHA FOREVER!!!!

tiEsMoito #16 21/Novembro/2009 tiEsMoito
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

FADESA deixou un gran legado de miseria e vergoña para a Coruña. E escríbese con F de fraude, de fascismo e de fantoche. Por la, certamente, tamén empeza Ladrón, Ladrido, Lambecús, Lampantín, Lacazán...
O que xa dificilmente pode parecer unha cuestión menor, resulta que é un paradigma da burremia, o pirateo e a miseria intelectual de "LA élite de provincias".

pelourinho #17 21/Novembro/2009 pelourinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Gostariame saber quen estaba do BNG e si non se levantou e saiu da sala.

Caotinha #18 21/Novembro/2009 Caotinha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

CORUNHA

NenoJosele27 #19 21/Novembro/2009 NenoJosele27
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

lacón

fuco-lois #20 21/Novembro/2009 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Fascista escrévese con F, de francisco...
Vendido escrévese con V, de vázquez...
Pelouro escrévese con P, de paco...

milleira #21 21/Novembro/2009 milleira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Que un home que fuxiu da Coruña para o Vaticano, para liberarse da xustiza que xa lle andaba na pista das súas corrupcións, veña falarnos de Libertade...Manda carallo! A Coruña non hai por onde collela. Gobernan os mediocres e o capital está feliz. E os traballadores dormidos.

placidinho #22 22/Novembro/2009 placidinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O modelo legal que Paco Vázquez propóe para a língua e a toponímimia, é mais ou menos o existente hoje no Bierço occidental, que como todo o mundo sabe é paradigma de liberdade, progresso material e social e cosmopolitismo sem igual.

Gaviotero #23 22/Novembro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



nubeseclaros #24 22/Novembro/2009 nubeseclaros
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Tes razón gaviotero. O paradigma de alcalde dunha cidade que mentras fai paseos marítimos ben bonitiños, rebéntalle a merda toda acumulada por detrás no basureiro de Bens, pois non tiñan idea de como tratala ,morreu unha persoa(toda unha metáfora). Ti o teu amigo, que bastante tes "con lo tuyo", a saber que entendes ti poe "Mejor Alcalde"

luaminguante #25 22/Novembro/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

L de........................LAMECUS

luaminguante #26 22/Novembro/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

eu o L leveino no coche como sinal de que aínda non sabía ben o que facía,e de que os que circulaban ao meu carón era millor que apartaran de min coma da peste;
é dicir ,o ele que porta este ser vivo (que non humano)quere craramente dicir "cuidado co individuo,que non sabe o que fai,inda está a apprender"

mundialista #27 22/Novembro/2009 mundialista
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ordeno y Mando:

Artículo 1º: Todo elemento extremista que al darle el grito de VIVA ESPAÑA, no conteste de igual forma, será ejecutado pasado por las armas en el acto.
Artículo 2º: Al presentarse las autoridades a las inmediaciones de sus domicilios y no salga el personal que haya dentro del mismo antes de la llegada de la fuerza con los brazos abiertos en alto gritando VIVA ESPAÑA serán pasados por las armas en el acto (...)
Falces, 11 de Agosto de 1936. El Excmo. Sr. Comandante militar de la plaza.
Recogido en Navarra 1936. De la Esperanza al Terror

Obom #28 22/Novembro/2009 Obom
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Informai-vos bem!!!

FORA ARTIGOS DO NOME DA MINHA CIDADE!!!

http://www.galicia-hoxe...

mundialista #29 22/Novembro/2009 mundialista
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

# 28. Isso é o mais sensato. Oxalá. Eu assino.

AGIL #30 24/Novembro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Este senhor anda na horta: "liberdade" não se escreve, para ele e para outros muitos, com L, mas com F inicial, de Freedom...

aeitoeconxeito #31 26/Novembro/2009 aeitoeconxeito
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Paco, paco, vaite castighar Deus ¡¡ Cagho en idem¡¡¡

Indixenanoapartheid #32 26/Novembro/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Paco,Paco,Paco,que mi Paco,Paco,Paco,Paco (bis).Van siete niñohg, Pacó,Pacó, van siete niñohg. Van siete niñohg, camino de Sevilla Pacó, camino de Sevilla Pacó, camino de Sevilla Pacó,Pacó,Pacó, van siete niñóhgs. Paco,Paco, Paco, que mi Paco, Paco, Paco,Paco. Van siete niñóhgsss. Con uno de los siete Pacó, con uno de los siete Pacó, con uno de los siete Pacó, Pacó, Pacó, va mi cariñooó. Que son ladrones, Pacó, y roban como nadie Pacó, y roban como nadie Pácó, y roban como nadie Pacó,Pacó, Pacó...
Encarnita Polo

gzlivre #33 28/Novembro/2009 gzlivre
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Qual é o vindeiro passo? Chmár-lhe "Ribera" à Ribeira?

pelourinho #34 1/Decembro/2009 pelourinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Creo que por o BNG estaba Guillerme Vazquez, en fin, peor que o do iate do Quin, ainda que "por o BNG" é un dicer xa que non creo que a militancia apoiase a asistencia a ese acto.

pitiriti #35 5/Decembro/2009 pitiriti
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

gustariame deixar aqui un comentario sesudo e intelixente, pero so se me ocorre esto: este tío é anormal

mandacaralho #36 5/Decembro/2009 mandacaralho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Como se chama a gripe A na Coruña de Paco?: Gripe La ho!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: