Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
No CERN

Volve funcionar o Gran Colisor de Hadróns

Remata con éxito a reparación do acelerador de partículas, co que se pretende estudar a orixe do universo.

Redacción / EP - 11:38 21/11/2009

O Gran Colisor de Hadróns (LHC), un dos proxectos científicos máis custosos da historia, reiniciouse este sábado con éxito despois de máis dun ano de paréntese en que estivo sometido a reparacións. Despois da súa primeira activación, en setembro de 2008, sufrira un fallo inicial de funcionamento.

O enorme acelerador de partículas, soterrado a 100 metros nas proximidades de Xenebra e valorado en 4,8 mil millóns de euros, funciona xa practicamente a pleno rendemento, segundo informou o director xeral da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), Rolf Heuer.

Segundo Heuer, "aínda nos queda un pouco antes de comezar os experimentos, pero con este momento histórico podo dicir que estamos, dende logo, en camiño". O sistema pretende disparar feixes de protóns para simular algúns eventos acontecidos durante o momento inmediatamente posterior ao Big Bang, o momento da creación do universo.

A reactivación tivo lugar nove horas antes do agardado, para compensar os últimos problemas que atravesou a reparación da máquina nos últimos días. A principios de mes, "un cacho de pan", probabelmente deixado caer por un paxaro, entrara na maquinaria causando un fallo no sistema.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: