ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate na Cámara da nova lei para o sector

A "vendetta" eólica axita as bancadas parlamentarias

O PSdeG ve buratos que lembran "as peores maneiras do fraguismo". "Volvemos á espoliación dos nosos recursos", agoira o BNG.

Redacción - 14:30 24/11/2009

"Menos Estado, menos control e máis facilidade para decisións discrecionais e arbitrarias". Así opina o grupo parlamentario do PSdeG ao respecto da lei eólica que esta semana chega á Cámara despois de que o seu anteproxecto fose ratificado no Consello da Xunta do pasado 28 de setembro. O voceiro en materia de Industria dos socialistas, Abel Losada, cualificou a iniciativa eólica da Xunta de "auténtica vendetta política". "Un túnel do tempo que transporta a nosa comunidade ás peores maneiras do fraguismo", advertiu.

"Galiza perdeu o tren do desenvolvemento eólico", laiouse Abel Losada, denunciando que o proxecto do Goberno é "unha volta atrás". Na opinión dos socialistas a norma que pretenden botar adiante os populares esquece as directrices de ordenación do territorio, a lei da paisaxe e minimiza as medidas de control ambiental. "Hai unha clara indefinición do proxecto e tamén unha falla de planificación", expuxo o portavoz socialista.

Segundo Losada, a lei relaxa os controis ambientais e territoriais para as instalacións eólicas, permitindo a súa construción en Rede Natura e obviando a avaliación de impacto ambiental. O deputado vigués foi especialmente crítico co chamado Fondo de Compensación Ambiental que crearía esta norma, definíndoo de "excesivamente vago" e de xestión "dubidosa". Para os socialistas, e en referencia ao conselleiro de Presidencia, este Fondo "non debe estar dirixido polo comisario político Afonso Rueda, senón pola consellaría de Facenda". Agoirou Losada que se trata dun mecanismo aberto a "todo tipo de manipulación política". "É o máis apropiado para Baltar en Ourense: señor Guerra, vai quedar sen consellaría ", ironizou.

"Volvemos á espoliación", quéixase o Bloque
"Co decreto eólico do goberno bipartito púñase por primeira vez a enerxía ao servizo de Galiza", subliñou Fernando Blanco, portavoz de Economía do grupo parlamentario do BNG. "Coa nova lei eólica do goberno do PP volvemos á espoliación dos nosos recursos, sen contrapartidas para Galiza", queixouse.

Blanco teimou en que o anterior decreto garantía o retorno de riqueza "para o país", respectaba o ambiente e garantía seguridade xurídica. Na opinión dos nacionalistas "ningún destes requisitos son cumpridos por esta nova norma do goberno de Feijoo". "Por iso se queren protexer a través dunha lei", censurou Fernando Blanco. "O bipartito modificou as regras de xogo impostas, poñendo a enerxía eólica ao servizo do país, e abrindo a participación ás empresas galegas, pero vostedes volven ao modelo anterior onde empresas de fóra espolian os nosos recursos enerxéticos sen que nada quede en Galiza, e iso ten un nome: é un proceso colonizador", denunciou o deputado lugués.


4,8/5 (10 votos)


Comentarios (5)

Cuevillas #1 24/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



PARDO_DE_CELA #2 24/Novembro/2009 PARDO_DE_CELA
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Que noxo da todo isto. As trapalladas de sempre, sempre quedandonos co lixo, e os demais cos cartos. Temos que aturrar os mouños, os encoros, e con todos os collons os postos de traballo e os impostos son para fora. Si non é colonialismo que viña Deous o que o vexa.

uxiovillamar #3 25/Novembro/2009 uxiovillamar
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A nova Lei Eólica vai dar ó sector o impluso preciso. Ademais vai dotar a Galicia dunha norma que garante o respeto ó medio ambiente e que vai beneficiar á metade dos concellos galegos que están afectados pola presencia de aeroxeneradores.



Todos os parques van a ser sometidos a evaluación de impacto ambiental. Ademais, cabe destacar que non se vai autorizar ningún parque na actual Rede Natura nin nas súas futuras ampliacións.



Non é certo que o canon xestionado a través do Fondo de Compensación Ambiental vaia repercutir nun incremento do recibo da luz, posto que o canon non grava a actividade eléctrica, senón que é de carácter medioambiental.

asubio #4 25/Novembro/2009 asubio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A "uxiovillamar",AMEN JESUS,é o que nos falta,dicirlle amen o expolio e o colonialismo de Galiza.Xa imos empezar a ver as avaliacions de impactos ambientais;e tes toda a razon en que lle vai dar "o impulso preciso"o sector,mais será o sector empresarial foraneo e unha vez mais Galiza a laiarse
Que se vos vé moito a pluma!!!!!!!!!!!!idelle contar as trolas aos pailans que vos votan,mais en foros deste tipo non a colaredes,que non vos creemos!!!

AGIL #5 25/Novembro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Contudo, o que preparou esta desfeita fora, e sem paradoxo, o próprio pEsoE com aquela "espantá" da Comissão da "cousa". Aquele foi um passo mais na procurada (pelo pEsoE) derrota do bipartido e na procurada cessão da CAGa ao pEpE a câmbio de Euskádi. Os dous partidos "nacionales" andam muito mais juntos do que nos fazem ver, caros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: