Rexeita unha proposición non de lei do PSdeG que pedía a adopción de medidas para que a fábrica de Outeiro de Rei fose adquirida polo grupo liderado por Feiraco.
A deputada socialista entende que "Pascual ten noiva e quere casar (coas cooperativas) mais semella que lle están preparando outro casamento"
"Pascual ten noiva e quere casar (coas cooperativas) mais semella que lle están preparando outro casamento" dixo Sonia Verdes (PSdeG) no debate do Parlamento. O seu grupo presentou unha proposición non de lei, que foi apoiada polo BNG, na que pedía á Xunta a adopción das medidas necesarias para impulsar a adquisición por parte das cooperativas galegas lideradas por Feiraco da planta de Pascual situada en Outeiro de Rei.
Porén, o PP valeuse da súa maioría parlamentaria para rexeitar a iniciativa, que solicitaba tamén a participación económica e a implicación política da Consellaría de Medio Rural para crear un gran grupo lácteo, que garantiría a actividade da planta, mais tamén o mantemento dos empregos e a recollida de leite aos produtores. Dende os partidos da oposición apuntaron ao posíbel apoio do Goberno a outros proxectos como o de Nova Rumasa ou A Arzuana, unha alternativa que consideran "impensábel, se non é atendendo a un criterio partidista".
Feiraco cre que as cousas "están ben encamiñadas"
O presidente de Feiraco, que lidera o grupo de empresas que opta á propiedade da fábrica, Xosé Anotnio Casais asegurou que "as cousas están ben encamiñadas" para facerse co control da fábrica de Outeiro de Rei. Se ben non quixo facer valoracións sobre as declaracións do conselleiro de Medio Rural ao respecto, expresou a súa confianza en que "todo evolucione positivamente". Así, adiantou que nos vindeiros días "poderemos ter boas noticias" se ben preferiu "manter un pouco a discreción e evitar declaracións que se poidan prestar a malas interpretacións".
O de "adopción de medidas" refírese a que nós lle demos diñeiro ás cooperativas para que compren Pascual.
En primeiro lugar, se o investimento fora rendible, non compre a Administración para regalar o noso diñeiro. Abonda con que un banco analise o investimento e de a pasta.
En segundo lugar, dar diñeiro para qué?, para que dentro de outros cinco anos estemos nas mesmas?. Eu estou totalmente en contra.
Estes das cooperativas, que deixaron fuxir a decenas de persoas da miña xeración do agro. Xente formada e con moitas gañas de traballar e de aportar alomenos un toque de profesionalidade ao agro (economistas, avogados, enxeñeiros, etc.). Rexeitaron a esta xente porque pensaban que xa eles sabían todo e como as vacas dan leite, o resto non interesa moito. Pois ben, a estes nin auga, e menos co meu diñeiro.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral