Conseguiu o apoio do 97,8% dos compromisarios que participaron no XV Congreso provincial, ao que concorreu como único candidato.
Louzán acadou o 97,8% dos votos dos compromisarios populares
Como "extraordinario" cualificou Rafael Louzán o traballo feito até o de agora como presidente provincial do PPdeG. E semella que os compañeiros de partido lle dan a razón, como demostrou o resultado da votación, na que Louzán recibiu 807 votos dos 825 emitidos. O dirixente popular renovou así o liderado do PP pontevedrés no XV Congreso, no que el era o único candidato.
Segundo explicou, o obxectivo agora é "recuperar as alcaldías" nas vindeiras eleccións municipais de 2011, para o que adiantou que está "confiado", grazas ao traballo "dunha formación moi viva que soubo ampliar a súa base electoral coa fichaxe de independentes".
Dirección provincial
Na cúpula do PPdeG en Pontevedra seguirá o concelleiro vigués Xosé Manuel Figueroa (designado vicepresidente) e incorpórase, como principal novidade, Begoña Estévez Bernárdez, funcionaria da Deputación, que ocupará o cargo de secretaria xeral. Mentres, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, será vicesecretario xeral e Xosé Xoán Durán seguirá sendo secretario de organización.
O Congreso serviu tamén para darlle un papel aos conselleiros que carecían de representación no partido, como o titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández (que levará a Secretaría de Medio Ambiente e Infraestruturas) ou o de Economía, Xabier Guerra (que asumirá a Secretaría de Economía e Industria). Ademais, a coordinadora xeral de Política Nacional será Ana Pastor.
Congreso búlgaro. Moi democrático
Trabalho extraodinário.Certo, quantas moçons levam?E quanto caciqueo?
Xabier Guerra?!. Eu só coñezo a Javier Guerra, o deslocalizador.
Estos PPes están unidos na súa gran ideoloxía unitaria:UN GRANDE CHUPE. Por certo, quén é ese Xosé Manuel Figueroa?.Cal é o TITULO ACADÉMICO do PRESIDENTE?.( Aos de esquerda miraselle o certificado académico).
Pois en ourense din que estan en guerra.
Jajaja...ya os gustaría a los del PP y compañía estar ahora con la paz interna en que están los otros partidos... que andáis buscando un líder o una lideresa como Espe desesperadamente, porque a este Maricomplejines (igualmente al otro, al bedel de Ribadumia) no lo conocen ni en su ciudad.
Está moi clariño que no PP premian os corruptos. Manda carallo.
Sigo sin entender as cartas de Rafa Cuiña. Si Louzan é un Gaviotonto, porque tanto interes en seguir cos mesmos. Gañou con o 98% dos votos, logo todos son Bifidos. Rafa, deixa de xogar a ser Flamenco, o eres Gaviotonto ou eres Galego, ambas as dous non podes ser. Ademais non hay cousa mais irrisoria que un Galego danzando Sevillanas. No Partido Podre, queras ou non, estás só, eres o unico que defende a Galeguidade do Partido Podre.