ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Centros de día

O PPdeG quéixase de chamadas a usuarios do Consorcio anunciando o empeoramento do servizo

Antonio Rodríguez Miranda culpou dos feitos a militantes do BNG, mentres Carlos Aymerich asegura que o xerente do Consorcio confirmou a privatización de 14 centros.

Redacción - 19:00 01/12/2009

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, denunciou que existen "chamadas ameazantes" por parte de traballadores do Consorcio "presuntamente ligados ao BNG" a familiares de usuarios dos centros de día. Segundo Rodríguez Miranda, nesas chamadas din que a Xunta recortará servizos como o transporte integrado e que subirá os prezos.

O dirixente 'popular' cualificou os feitos de "campaña nauseabunda" e asegurou que non se recortará nin un só servizo nin se incrementará o custo para os usuarios. De feito, anunciou que a Xunta poñerá en marcha 577 novas prazas na rede de centros de día de Galiza. Asemade, felicitouse polo feito de que o Goberno conseguise que o organismo "deixe de ser un retiro dourado para cargos do BNG ou unha ETT para militantes e simpatizantes con carné do Bloque e colocados a dedo".

Pola súa banda, o voceiro do grupo do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, instou o PPdeG a que deixe de "acosar" o persoal do Consorcio e non tente erguer unha "cortina de fume" coa que agochar feitos como a privatización de 14 centros de día, confirmara polo xerente do Consorcio, "para lle entregar a xestión a empresas afíns".

Aymerich advertiu o voceiro do PPdeG de que membros do seu partido e do actual Goberno xa se viron obrigados a rectificar publicamente acusacións semellantes para ocultar "un paso máis cara ao desmantelamento dos servizos sociais públicos". O voceiro nacionalista asegurou que malia a "poderosa maquinaria de mentira e propaganda" dos 'populares', o BNG seguira co compromiso por uns servizos sociais públicos e de calidade, que non poden ser "oportunidade de negocio".

O voceiro do BNG considera "intolerábel" que o PPdeG queira estender este modelo ao conxunto dos Servizos Sociais do país en vez de apostar "por uns servizos profesionalizados, iguais para todos, dos que os usuarios, ademais, se senten plenamente satisfeitos".


4,2/5 (5 votos)

Comentarios (7)

Cuevillas #1 1/Decembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Semella co neno de papá miranda anda quentiño. Agardo que non sexa con Frijol.

castelao #2 2/Decembro/2009 castelao
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Esta é a forma de reaccionar cando lles pillan coas mans na masa. Recordo que UGT e CCOO, aos que algo lle deberá o PPdeG, pasáronse días tentando de desmovilizar ás traballadoras e traballadores do Consorcio dicindo que iso da privatización dos centros de día era unha invención da CIG e do BNG... para unha semana despois anunciarse a bombo e platillo a privatización de 14 centros de día... Pos vaites.

fidalgogaliza #3 2/Decembro/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Moitos ánimos para os e as currantas do Consorcio.

Mágoa que moitos e moitas se acorden AGORA de defender o consorcio que tanto atacaron. Se se tivese visto antes a razón POLÍTICA dos ataques a situación seria moi diferente, mais até o de AGORA pasou sempre:
O PP cando é oposición situase á esquerda e sabe engaiolar ás bases sociais para convencelas de que os seus non están facendo una labor de goberno desde a esquerda, así fica desgastada, perde apoio social e electoral, o PP pasa a gobernar e facer o contrario do que dicia na oposición, eis a política de dereitas de sempre.

Eu non digo que non haxa responsabilidade da/das organizacións política, seguramente poderiano facer mellor. Mais o que é innegábel é que a parte da sociedade que se considera de esquerdas e/ou ten os seus intereses obxectivo situados nese espéctro político-ideolóxico é feble, despolitizada e desmobilizada, e cae enseguida nas trampas das dereita, dalle credibilidade ás mentiras, difamacións e trapalladas que emite a clase dominante e non acredita nos propios a priori, desconfia por sistema.

Exemplos temos a eito, é preciso recordalos?

Polo tanto, deberiamos deixar de "picar" e desconfiar de TODO o que diga a dereita, e as súas organizacións, e asumir dunha vez que SÓ están facendo política para acadar, manter o poder e defender en EXCLUSIVA os intereses das clases dominantes.

Ou iso, ou seguiremos sen avanzar, ou desandando o camiño andado.

Dixen.

fillotolo #4 2/Decembro/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Que va Miranda se o que hai que dicir é que todo vai moi ben, de feito ti segues coa mesma cara de palurdo ben mantido así que mira o ben que vai todo....

uxiovillamar #5 2/Decembro/2009 uxiovillamar
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



castelao #6 3/Decembro/2009 castelao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

61 traballadores vanse á rúa a 31 de decembro, despedidas. 14 centros de día van ser privatizados, cando uns días antes os sindicatos vendidos ao PPdeG pretendían desmovilizar de cara á folga do pasado 24 de novembro dicindo que iso eran inventos da CIG e do BNG... O goberno galego non ten credibilidade.

fidalgogaliza #7 3/Decembro/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Van dar ás mans privadas os servizos criados con recursos públicos. E todos debemos sentinos afectados e responsabeis, o PP pode facer isto pola nosa acción ou por omisión.

Dixen

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: