Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Proxecto "Galiza co Galego"

Gaña forza a iniciativa a prol dunha rede privada de ensino en galego

O próximo sábado constitúese formalmente na Coruña o colectivo que buscará recursos económicos con este obxectivo.

Redacción - 12:15 02/12/2009

Subliñan desde a comisión promotora "Galiza co Galego" que a idea nace con data de caducidade. Xa que logo fíxanse o obxectivo de desaparecer como colectivo na altura do 17 de maio de 2012. Para esa data contan con que xa estea en marcha o proxecto. De momento, e na procura do apoio económico que impulse a posibilidade dunha rede privada de ensino en galego, cavilan que será necesario o apoio dun mínimo de 3 mil persoas que garanta o soporte do proxecto "económica e socialmente".

O ensino "laico e independente" en Galiza e "no seu idioma propio" é a meta fundamental dun colectivo que colle forma este próximo sábado 5 de decembro, a partir dunha xuntanza convocada para as 18h30 no Centro Cívico do Castrillón, na praza Pablo Iglesias d'A Coruña. "Vai ser unha data a lembrar na defensa do ensino en galego e do galego, vanse a organizar un grupo de persoas que queren facer efectivos os seus dereitos, con independencia da opción política que goberne", subliñan desde o grupo de persoas que promove a idea. A xeito inicial, cavilan atender de forma preferente o nivel da Educación Infantil, mais a meta última sería garantir a posibilidade de ofertar prazas até a finalización do ensino obrigatorio, deica os 16 anos.

Poden ampliar información na bitácora Limiar Galego, onde xa asinaron a prol do proxecto 770 persoas. Á xuntanza do sábado confirmaron asistencia entre outros os escritores Xabier P. Docampo, Xosé María Álvarez Cáccamo e David Otero e a Associaçom de Maes e Pais “Agarimar”.


4.76/5 (37 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: