Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sondaxe da UOC

O "si" á independencia chimpa ao 50% en Cataluña

É o primeiro estudo que prognostica a vitoria do "si" nun hipotético referendo. Ademais, un 83% dos cidadáns apoian a realización da consulta.

Redacción - 18:35 03/12/2009

Cun 64,5% a prol do "si" á independencia destácanse as comarcas de Girona sobre o mapa de Cataluña segundo analiza o estudo da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Perto deses números aparecen as comarcas centrais, cun 64,2% polo "si" e só un 9,1% en contra e as de Ponent e Alt Pirineu, cun 56,3% e un 11,3% respectivamente a prol do "si" e do "non". O "si" chega ao 63,4% nas Terres del Ebre, onde un 11,9% votaría "non".

Como media en toda Cataluña o apoio á independencia chegaría nun referendo ao 50,3%. O voto en contra sumaría o 17,8%. A abstención sería dun 24,6%. O maior rexeitamento abrolla nas comarcas de Tarragona. Por outro lado, un 83% dos cidadáns consultados consideran que Cataluña ten dereito a decidir o seu futuro político a través de procedementos democráticos.

Máis información:


4.95/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: