Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMUNICACIÓN

O BNG pide a transferencia do espazo radioeléctrico para garantir a banda larga en todas as comarcas rurais

Jorquera presentou unha iniciativa no Congreso para que internet chegue aos municipios pequenos a través da telefonía 4G e da tecnoloxía WIMAX.

Redacción - 11:57 05/12/2009

Como darlle servizo aos 700 mil galegos que non teñen acceso á banda larga de internet? O BNG ten claro que o goberno español debe mover ficha. O deputado Francisco Jorquera acaba de presentar unha iniciativa na que lle pide ao executivo estatal que transfira á Xunta o espectro radioléctrico que vai quedar libre coa implantación da TDT.

Dende as filas nacionalistas consideran que esta é a solución máis acaída para moitas comarcas rurais que teñen déficits na conexión: utilizar un espectro que permitirá a fusión da tecnoloxía móbil e a WIMAX para poder implementar tecnoloxía 4G. Jorquera explica que “esta tecnoloxía vai ser comercializada en 2010 e podería ir asociada á bandas radioeléctricas de 2,6 GHz e 2,0 GHZ, 1,9 GHZ, 1,8 GHZ, 0.9 GHZ ou ao novo dividendo dixital en 0.8 e 0.4 GHZ. A asignación das primeiras dependería da súa saturación, pero o destino do dividendo dixital está sen asignar e depende claramente dunha decisión do goberno estatal”

Jorquera defende que “a asignación deste dividendo, acompañada dunha actuación tendente ao establecemento das redes troncais precisas, en colaboración coa Xunta de Galiza, podería cubrir toda a xeografía galega e daría o servizo final desexado de acceso a Internet aos cidadáns do rural, cumprindo co obxectivo do Servizo Universal”.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: