ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANIFESTACIÓN

Causa Galiza sae ás rúas de Compostela para reivindicar que “a autodeterminación é o único camiño”

Nun comunicado aseguran que a Constitución española “afonda e perpetúa a explotación económica e a opresión cultural e política”.

Redacción - 15:25 06/12/2009

No medio dunha choiva intensa, a plataforma Causa Galiza saíu este domingo ás rúas da capital de Galiza para reivindicar o dereito á autodeterminación. A manifestación, na que participaron algo máis de 200 persoas, transcorreu baixo o lema de “Sobre nós, decidirmos nós. Soberanía é democracia”.

O acto rematou na praza do Toural onde se liu un manifesto moi crítico coa Constitución española e co Estatuto de Autonomía: “Contrariamente ao que o sistema afirma, a raquítica descentralización administrativa contemplada nesa constituición e o posterior Estatuto de Autonomía de 1981 téñense demostrado eficaces ferramentas para afondar e perpetuar a nosa explotación económica, opresión cultural e dominación política.”

O texto, que denuncia a “claudicación da dirección do nacionalismo institucional” facía fincapé en que “tras catro anos de goberno PSOE-BNG continuista co fraguismo, a recuperación de San Caetano polo PP activou a implementación de unha belixerante estratexia españolista que sen pudor pretende destruír o noso idioma e cultura.”

Logo da marcha polas rúas, comezou un xantar popular amenizado por Homens sen Medo. Ás 19.30 horas estaba prevista as actuacións musicais de Mini e Mero, Leo e Arremecaghoná, Ultraqans e Ataque Escampe.


4,69/5 (42 votos)


Comentarios (59)

tonohxc #1 6/Decembro/2009 tonohxc
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

O lema é "Soberanía é democracia" non "Soberanía e democracia". Unha aperta.

GalizaEmGalego #2 6/Decembro/2009 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

uma magoa o tempo que fixo...AUTODETERMINAÇOM!

Mcnally #3 6/Decembro/2009 Mcnally
[Valora este comentario Positivo -19 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Mcnally #4 6/Decembro/2009 Mcnally
[Valora este comentario Positivo -21 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



caloiro #5 6/Decembro/2009 caloiro
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Mcnally? Alguén me pode dicir que fai por estes pagos o honorábel vicepresidente de Galicia Bilingüe don José Manuel Pousada. Dedíquese a corrixir exames e a preparar as clases, que boa falta lle fai, e deixe de soltar sermóns políticos na clase, que todo se sabe.

Raimundo #6 6/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -19 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gabino #7 6/Decembro/2009 Gabino
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Que votarían nas últimas eleccións galegas? Era tan calamitoso o bipartito como para non daralle unha oportunidade, como para facilitar a volta da caspa e a caverna?

juli_gz #8 6/Decembro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

hai mc giver, que penoso eres, na tirania castrista como dis ti, os nenos non andan esnifando pegamento como en bogota, mexico, etc etc.. iso é o que queren fascistas monolingues como ti, en fin, non nos veñas dando clases de gramatica anda, e por certo dalle saudos á tua dona, que xa lein na coz de galicia que estades pintando o instituto e non vos faltan donativos de pintura, hahaha, que te vaia ben pousada.

trade #9 6/Decembro/2009 trade
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Eu acho que era muito melhor nom fazer muito caso a gente demagógica como McNally ou Raimundo e simplesmente comentar o que consideremos oportuno. Há que deixar que comentem o que queiram pois estam-se autoqualificando. Mágoa de país!. E por favor Macnally nom fales de igualdade de direitos lingüísticos quando a situaçom é a de indefenssom do galego...O que diga o contrário simplesmente mente.

bertus #10 6/Decembro/2009 bertus
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Soberenía é Democracia. Ou como dixo Marzoa, autodeterminación é un corolario do Principio democracia.

luaminguante #11 6/Decembro/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

pois si que foron valentes;diso non hai dúbida;todos os que loitan por esta terra,merecen o meu repeto;e moito máis agora que estamos vivindo a retauración do franquismo máis rancio

teixugo #12 6/Decembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

LUTEMOS PELA CAIDA DO IMPÉRIO IBÉRICO _C A S T E L H A N O_ DO SÉCULO XXI.
***AUTODETERMINAÇÃO DOS POVOS***
VIVA PORTUGAL LIVRE!!!!!!!!!!!!!

luaminguante #13 6/Decembro/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

eu opto polas teorias de moda entre os burricanciños:
que decidan os pais:
o que queira ser independente que o sexa,e o que non queira que non o sexa;é unha cuestión de liberdade individual,e o que non esté dacordo é un antidemócrata.
asi que,ale,a preparar a enquisa rapidiño,e sobre todo "libertazzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz para decidir",que nos amparan as teses de gloria lago

juli_gz #14 6/Decembro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#13 si digo eu, agora que esta tan de moda iso da liberdade individual haberia que facelo, tes razon. unha enquisa poderia ser: usted fala galego? como vai sair maioria en galego chimpar o castelan para españa, de onde nunca debeu sair. son preguntas trampulleiras como fan os democratas.

juli_gz #15 6/Decembro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

os mal chamados democratas, que se me esqueceu arriba, perdoade.

pedrasbermellas #16 6/Decembro/2009 pedrasbermellas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Mcnally deixando ó marxe a cuestión ideolóxica, suxiroche que te preocupes de vez en cando unhas cousiñas que che estan a saír na frente, pasalle a calquera, pero preocupate....a non ser que sexa consentido.

Raimundo #17 6/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #18 6/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #19 7/Decembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

LUTEMOS PELA CAIDA DO IMPÉRIO IBÉRICO _C A S T E L H A N O_ DO SÉCULO XXI.
***AUTODETERMINAÇÃO DOS POVOS***
VIVA PORTUGAL LIVRE!!!!!!!!!!!!!
Acastelhanados = desinerados.

Cuevillas #20 7/Decembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Viva Portugal livre? Será Viva Galiza libre. Portugal xa é libre. Se vas por outros vieiros, Galiza non é Portugal; máis ben unha parte importante de Portugal é Galiza. A ver, como se chamaban os poboadores das beiras do Douro? Galegos segundo os romanos. EU NÉGOME A CHAMARLLE PORTUGAL A ISTO. Portugal é Porto+Gaia. Paréceme ben o acto independentista, pero algúns teñen que estudar xeografía

juli_gz #21 7/Decembro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

non si raimundo? falas de fascismo cando os teus comentarios estan cheiños deles, como van pagar os galegos a seguridade social? como se galiza non tivera cartos e potencial para facer iso e moito mais, e se foramos independentes Galiza sería un dos países mais prosperos de Europa.

teixugo #22 7/Decembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#20, pois isso mesmo, VIVA PORTUGAL LIVRE QUE BEM LHES VAI SEM CASTELHANOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ELES INVENTARAM HA JA MUITOS ANOS O DE YANKIS GO HOME MAS DUM JEITO MAIS EFETIVO: FOGO NOS CASTELHANOS, E DO UNICO JEITO Q ENTENDEM.

Xos #23 7/Decembro/2009 Xos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

De todas maneiras, 200 persoas... vaia, pois moitas non son.

Carlinhos #24 7/Decembro/2009 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#23 Isso é responsabilidade exclusiva de quem nom assistiu à convocatória, nom de quem assistiu nem de quem organizou.

Garrano #25 7/Decembro/2009 Garrano
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #26 7/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #27 7/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #28 7/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



rinlo #29 7/Decembro/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



rinlo #30 7/Decembro/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Raimundo, quanto teclear estéril. Vam-se-che cair os olhos de estares colado ao ecrã.

Garrano #31 7/Decembro/2009 Garrano
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#29 A min tamén me doe dicir que McNasty leva razón, mais en parte débese a xente coma el, aos que tanto fan para que o conxunto dos galegos, nacionalistas ou non, saibamos manexarnos tan ben na nosa lingua. Eu falo sempre en galego mais decatome de que cometo moitos erros, sobre todo cando falo cos maiores. O ensino determinou e determina moito, sobre todo para os que nos criamos en ambitos moi castelanizados.

Que cometeron unha gralla? ok. Que non me poña eu a repasar as grallas de LVG, de ECG e da páxina web de GB sen ir máis lonxe. Pra combatir e prever estes erros, máis galego nas aulas!!

gz_livre #32 7/Decembro/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#31
Eu nom vejo o erro, nom é por nada.O lema "Sobre nós decidimos nós", como propondes que devia ser, é correcto, sim, mas implica afirmaçom.Do meu ponto de vista, nestes momentos os galegos nom disfrutamos desse direito (a autodeterminaçom).
O lema é correcto desde que "Sobre nós, decidirmos nós" é umha proposta, umha sugestom, umha ideia, um anceio.Nom há erro gramatical, ou eu nom o vejo.Deseja-se ou propom-se o facto de "decidirmos nós", por isso é que nom há erro nengum.

Raimundo #33 7/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



rinlo #34 7/Decembro/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Pois é verdade o que diz Garrano, e o comentário de gz_livre também é acaído.

A mim preocupa-me que nesta luita por sobreviver à pressom de Espanha nos convirtamos no baixo-relevo de Espanha ou em Espanha em negativo. Por exemplo num uso meramente diferencialista do infinitivo conjugado, etc. Sejamos nós mesmos, em ponhamos Espanha onde se merece (nom ouso fazer sugestons).

Vituco #35 7/Decembro/2009 Vituco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teixugo o teu alcume non responde á realidade, o que estás é coma unha cabra.

NenoJosele27 #36 7/Decembro/2009 NenoJosele27
[Valora este comentario Positivo -15 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Ximelez #37 7/Decembro/2009 Ximelez
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Espero que vostede, Mcnaly, a pesar das ansias que ten de nos dar explicacións sobre lingua, non sexa profesor... Sería bastante penoso que as administracións lle pagasen a unha persoa tan ignorante que, nun texto no que trata de corrixir a outras persoas, di:

"como non era seguro que faría bo tempo non foi posible decidirmos se ir ou non á praia"

Non sabe vostede que, en galego, o tempo non "fai", mais "vai"...? Entón, se é tan intelixente e ousado como para nos dar clases sobre o infinitivo conxugado, faga o favor de ser correcto en todas as súas oracións.

O de usar o infinitivo conxugado; é dicir, engadir ese -mos, é para darlle un carácter máis luso...



Raimundo... Tamén dicían iso os ingleses cando Eire quería a independencia, dicían que Eire era "unha merda de campo de millo"... E mira, en 80 anos de independencia, un dos países con máis benestar do mundo ;) ;) ;)

Gaviotero #38 8/Decembro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -15 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #39 8/Decembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Sr_J #40 8/Decembro/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#3: que atrevida é a ignorância! Manda caralho, não perceber a diferença entre "decidimos" e "decidirmos"... e ainda assim pôr-se a corrigir aos demais! Desde logo, eu também confio em que o McNally este não seja professor, e se o é que não seja de galego.

A verdade é que resulta reconfortante ver como os três palhaços de sempre botam fume polas orelhas só com escoitar falar de autodeterminação, e começam a encher Vieiros de parvadas sem desperdício. Se este é o nível do inimigo, é claro que a batalha das ideias está mais que ganhada.

Sr_J #41 8/Decembro/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#39: Hai 100 anos o Ulster era a parte rica da Irlanda, onde os británicos concentravam as suas inversões na ilha. Quando o resto se independizou, os condados do Norte pensaram: "onde vão estes... mortos de fame! Se nós vivimos da caridade de Londres... dos milhões que nos soltam cada ano... da sua seguridá sosial... de que nos comprem o que fabricamos... deixa que se vaiam esses rebeldes, nós ficamos leais à sua graciosa majestade". A República seguiu o seu caminho, escolheu a sua própria via para desenvolver-se, e prosperou. Hoje, a parte de Irlanda que escolheu seguir sendo uma colónia é a parte pobre da ilha. Enfim, lições que dá a história... incrível que a alguns haja que lhes explicar todo.

Atlantico #42 8/Decembro/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

En realidade é o reves, os españois son os que viven grazas a nós, da nosa enerxía electrica, das nosas materias primas... e dos fondos de cohesión europeos, que lles da a UE por ser pobres. Porque España, digan o que digan nón é máis que un pais pobre de segunda liña.

fandinho #43 8/Decembro/2009 fandinho
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Tanto Gaviotero, como Raimundo, como oMacKensi ese alegan os manidos tópicos de sempre, seguramente de boa fé, pero non deixan de ser simplismos.
Gaviotero manexa os argumentos menos intelixentes contra unha hipotética independencia cunha inxenuidade que abraia. Dice que de producirse a independencia ¿cantos españoles comprarian productos galegos?. ¿Que nos quere dicir que agora comprannos por que somos españois e logo no?. Non tén nin "puñetera" idea dos comportamentos do mercado. Ao comprador español importalle un carallo que o producto sexa ou non español, impórtalle unicamente que teña unha boa relación precio-calidade, a parte das campañas de marketing para introducir productos.
En canto a Raimundo seguranza social e outras prestacions do erario público, eu non son un especialista en financiamentos pero ti ¿Estudaches os datos, analizachelos, para ter esa seguranza superior ao resto dos parviños que somos criticados por ti?. Un dato: nengun país que se independizou empeorou a sua situación con respecto á anterior salvo excepcions de paises tiranizados. Eso xa a simple vista sen botar números, por sentido común. Os poderes canto mais centralizados están, mais tiranos son. Os nacionalistas o único que pretendemos é unha redistribución de poderes, hasta o límite máximo que non perxudique aos cidadans ¿Tan malo é eso?¿Por que tanta fobia a esa pretensión?

fandinho #44 8/Decembro/2009 fandinho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

En canto ao MacKensi, que dicir, perdese no anecdótico en si teñen erros gramaticais ou se non pasaban de 300. Argumentos pelingrins. A verdade é verdade digao 1 ou 1 millón. Nun país de tradición cristiana imposta polo poder é mais probable, fácil e comodo ser católico que musulman. Do mesmo xeito con un centralismo autoritario de 40 anos, hai un pouso centralista moi arraigado. Tamén hasta Galileo era evidente que o sol xiraba arredor da terra.
Alguén dice por ahi que si imos a rebufo dos catalans. Por desgracia no só nesto, noutras moitas cousas. Hai mais galegos en Cataluña que catalans en Galiza, eso deberia facernos reflexionar en lugar de escornar.

iamesa #45 8/Decembro/2009 iamesa
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

McNally non sabe que o presente "decidimos" se tería que usar de decidirMOS nós sobre nós... Mais, como sobre nós, non decidimos nós, senón Madrid, úsase o infinitivo (con sentido reivindicativo)...
Certo é que queda algo redundante conxugar o infinitivo indo ao carón do pronome "nós". Emporiso, a normativa non o prohíbe. Pensei que non eras un ignorante, pensei que sabías e tiñas os teus coñecementos e que as cousas que dicías eran por provocar e por presentar falsas realidades que puidesen defender as túas indefendibles ideas... Mais vexo que non, que "erais pocos y parió la agüela" ;)

teixugo #46 8/Decembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

LUTEMOS PELA CAIDA DO IMPÉRIO IBÉRICO _C A S T E L H A N O_ DO SÉCULO XXI.
***AUTODETERMINAÇÃO DOS POVOS***
VIVA PORTUGAL LIVRE!!!!!!!!!!!!! (QUE BEM LHES VAI)

AGIL #47 8/Decembro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Vou ser politicamente incorreto: Na Galiza, na CAG, não convém fazer muitas manifestações. Sempre os "de sempre" (média, como LVG, e "gobiernícolo" ou não "gobiernícolo" pEpE e em parte pEEsEoE) abaterão o número e a importância.
Na Galiza convém, cumpre espalhar opiniões de boca a orelha até conseguir um estado de opinião maioritária em peso de votos e sobretudo em peso de expressão escrita e oral: Grupos e atividades de todo o tipo e, no possível, bem relacionados uns e outros, sabendo, isto sim, que nem todos podem chegar a tudo, mas sim que todos podem ajudar os outros.

ecoe #48 8/Decembro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

POis saíron excesivamente rápidos e no Toural remataron axiña, pois non os alcancei: suponse que cortesmente se espera ata as 12:30 para a saída (e moito máis cando apenas media hora antes caía un diluvio do ceu).

En fin, si os pillaron as choivas, pois veña!

Nambuangongo #49 9/Decembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Uns apontamentos para os galegos que se «manexan» na sua língua tão bem como o McNally:

sobre nós, decidimos nós [presente de indicativo]
sobre nós, decidimos nós [pretérito perfeito de indicativo]
sobre nós, decidirmos nós [infinitivo pessoal]
sobre nós, (quando) decidirmos nós [futuro de subjuntivo]

O «decidirmos nós» é uma ação hipotética de futuro USADA COM TOTAL CORREÇÃO (e realismo), não uma afirmação do presente (FALSO) nem tampouco do passado (FALSO), pois nós sobre nós nem decidimos agora nem antes, talvez num futuro de democracia quando o povo galego seja realmene soberano.

Isto é um caso da destrução da nossa língua que o ensino de castrapo produz. O problema não é só ortográfico. Os que se «manexan» em galenhol tendem a confundir formas coincidentes dos verbos, como também usar «HOUBERA=HOUBESE» como em castelhano, quando em galego só existe como p.imperf. de subjuntivo a forma HOUVESSE.

Dicas para os que não distinguem o infinitivo pessoal do futuro de subjuntivo:

MÉTODO 1:
Antepor «quando» e avaliar a coerência da frase. No subjuntivo QUE/SE/QUANDO implicam PRESENTE/P.IMPERFEITO/FUTURO respeitivamente.

MÉTODO 2:
Substituir o verbo pelo verbo TER + PARTICÍPIO PASSADO:
«nós termos decidido» >> Infinitivo conjugado
«nós tivermos decidido» >> Futuro de subjuntivo

Nambuangongo #50 9/Decembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Quanto à manife, poucos sim. Mas não é o mesmo «poucos» que «nenhum» . A Galiza ainda não está TOTALMENTE «domada y castrada», daí a raiva dalguns TOTALITÁRIOS que por vieiros comentam...

Nambuangongo #51 9/Decembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Completando o #49, eu fiz uma interpretação pessoal da frase como «vontade de futuro», mas também tem cabimento uma leitura de «causa-efeito» no significado, que seria:

«sobre nós, (para) decidirmos nós»

Nesse caso é infinitivo pessoal e deve ser flexionado.

O que seria um castelhanismo expressivo é o «sobre nós, decidimos nós» que orneia um comentarista tão burro tão burro que quer dar-nos lições de língua quando nem sequer é capaz de escrever seu comentário em galego.

Seguro que ele escreve galego com total correção... en la intimidad... en los foros gallegos... no le da la gana, pero sólo porque no quiere, porque saber, ufff!!!...sabe más que cualquiera de nosotros!!!

Ximelez #52 9/Decembro/2009 Ximelez
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Não é subjuntivo... É infinitivo.

luisfoz #53 9/Decembro/2009 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Se não éramos mais que duzentos (com um dia que fez que muita gente, nomeadamente de fora de Santiago, ficasse na sua casa) a que vem tanto comentário e tanto falar de uma palavra de ordem que não tem nenumha incorreção gramatical. Alguém diz que o de flexionar o infinitivo é para "fazer mais luso" mas resulta que as regras de flexão do infinitivo são as mesmas em galego e em português (curioso, não?

Abril #54 9/Decembro/2009 Abril
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A todos e todas @s entusiastas do direito de autodeterminaçom, Agardo que nos vexamos na próxima. Nom entendo pq nom participades neste proxecto assembleario do que nom formam parte nengum colectivo: A única participaçom legítima é individual em Causa Galiza e está feito em positivo, en contra de ninguem.

Proxectos moi semelhantes noutros paises som respaldados e avalados por tod@s e aquí nom participamos nos nossos?

Recomendo o web para poder comprender o projecto http://causagaliza.org/home/

Saúdos

teixugo #55 9/Decembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Eu estive na manif, no jantar não. Para a proxima contade comigo de novo.

iamesa #56 10/Decembro/2009 iamesa
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Está claro que o lema é como é porque ese en concreto escríbese igual coa normativa RAG que coa AGAL...

Así non teñen que inventar tonterías como Partido de Gob(i)erno...

xardon #57 10/Decembro/2009 xardon
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Mcnally, igualdade lingüística sería que a miña avoa che cuspise na boca todas as mofas e as caras torcidas que tivo que papar durante toda a puta vida por parte dos da túa clase, burgués de merda, lambido/lambón ou cousa de repugnar ao propio. Por certo, quérote (pra que non se diga)

Opinador #58 12/Decembro/2009 Opinador
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

200 persoas: todo un éxito, o pobo galego está detrás, diso non hai dúbida. Mellor sería que se dedicasen a facer o que sempre fixeron mellor: tomar unhas chiquitas.

xardon #59 12/Decembro/2009 xardon
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ei opiniador! e ló, vásnolas cubrar tu?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: