Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADIVIÑA, ADIVIÑA

Newsweek agoira a morte de Fidel Castro para 2010

A prestixiosa revista tamén vaticina un golpe de estado en Venezuela, onde Hugo Chávez deixaría o poder.

Redacción - 12:00 26/12/2009

Ao xeito das antigas meigas e dos máis afamados adiviños, a revista estadounidense Newsweek lanzouse esta semana a aventurar os grandes acontecementos que nos deparará o vindeiro ano 2010. Sexa polo ventureiro dos seus prognósticos ou polo prestixio que ten acadado a publicación nos últimos anos, son moitos os medios internacionais que se fan eco destes augurios. Velaquí algúns dos máis destacados.

Dunha banda, Newsweek debuxa un panorama económico sombrío e de descontento social en Venezuela, logo dunha década de vivir nunha "boiante economía global", di a revista. "Os militares intervirán para derrocar a Chávez e restaurar a orde, nun momento no que o socialismo do século XXI se afunde no coñecido escenario daquel século XX de escaseza, pobreza e caos", agoira.

O derrocamento de Chávez é a predición número catro das dez que publica a revista, unha listaxe que está encabezada polo éxito da estratexia do presidente Barack Obama de aumetnar as tropas estadounidenses en Afganistán; a caída da economía china ou un golpe de estado en Paquistán.

A morte de Fidel Castro
Outro dos agoiros que chama a atención polas calidades adiviñadoras que se auto-atribúe a publicación é o da morte de Fidel Castro. "2010 semella que será o seu último ano na Terra", di ao tempo que prevé "un espazo para as transformacións na Illa, que non mudará tampouco da noite para a mañá". Logo do seu falecemento, Obama enviará unha delegación de alto nivel para estabelecer un diálogo coa Habana. Aínda máis, segundo a revista, "en pouco tempo, se cadra a finais de ano, a secretaria de Estado, Hillary Clinton, anunciará un plan para normalizar as relacións con Cuba no 2013".


2,14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: