Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queixas do alcalde vigués

Caballero insiste: a lei de caixas é unha "agresión" a Vigo e Caixanova

O rexedor da cidade olívica teimou este martes nas súas críticas ao que entende que "dana" Vigo.

Redacción - 17:25 29/12/2009

"Non hai máis ca un obxectivo con esa lei, que é o de botar fóra os órganos de dirección de Caixanova". Dese xeito, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu amosar este martes a que pasa por ser unha das facianas públicas máis belixerantes diante da reforma da lei de caixas ou a propia hipótese da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova.

Insistiu Abel Caballero en que desde a cidade de Vigo xa se leva abondo expresado o "masivo rexeitamento" da lei de caixas que este martes aprobou o Parlamento e subliñou que, tal e como sae adiante, a lei "dana" a cidade. Para Caballero, a propia tramitación desta reforma teríase realizado "con aleivosía" aproveitando as datas festivas do Nadal. Para o rexedor, a finalidade última do proceso sería facilitar a "absorción" de Caixanova por parte de Caixa Galicia. Mesmo chegou a dicir o alcalde que se trataría da maior "agresión" á cidade "na historia de Vigo", atribuíndolle a responsabilidade a PP e BNG.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: