O servizo de asesoramento lingüístico do colexio compostelán de avogados achega novos recursos para a dinamización do galego no ámbito do Dereito.
Lexislación de ámbito galego e estatal e en breve escolma de xurisprudencia no ámbito lingüístico, son algúns dos contidos que poden navegarse de xeito directo desde o espazo "As leis en galego", fornecido polo servizo de asesoramento lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago. Especial interese terán os apartados específicos nos que traballa na actualidade o colexio, e que fará peneira de textos normativos de fondo lingüístico e resolucións de todo tipo que afecten dalgún xeito ao tratamento ou uso da lingua. Con esa fin, desenvolveron xa un acordo específico co propio Centro de Documentación Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial para botar man da súa base de datos xurisprudencial.
Ao tempo, destaca tamén o apartado de Formularios procesuais en lingua galega. Trátase dunha iniciativa xurdida en 2008 grazas ao apoio desinteresado de varios profesionais da avogacía que, de xeito colaborativo, contribúen a favorecer o uso do galego neste ámbito profesional. A través deste servizo achéganse demandas e outros escritos extraídos da práctica real de diferentes despachos de avogados do país e, desde o servizo de asesoramento do colexio, salientan ademais a renovación en canto ao estilo e o formato do seu plano lingüístico. "Agardamos que sirva de estímulo para seguir normalizando o uso da lingua nos xulgados galegos", apuntan. Neste sentido, destacan a xeito de exemplo a solicitude específica na que se pide que o procedemento e notificacións se fagan en lingua galega coa fundamentación legal que protexe este dereito:
Ao abeiro do artigo 3 e 3.2 da Constitución española; do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia; do artigo 231.3 da Lei orgánica do poder xudicial e dos artigos 1, 2, 6.3 e 7.2 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia, manifesto o meu desexo de utilizar nestas actuacións a lingua galega e de que as notificacións que se efectúen en relación co arriba indicado sexan igualmente en lingua galega.
há on-line mais recursos jurídicos sobre o galego
http://www.pglingua.org/index...
As leis en galego, é de xustiza.
E todo o demáis tamén.
As lápidas dos cimiterios, os casamentos, os enterros, as celebracións festivas, os cantos......etc. etc.
A Igrexa galega ten RESPONSABILIDADE de que os seus curas utilicen a língua galega nos seus actos. Os últimos funerais aos que asistín, fixéronse en castelán e non era o idioma que os finados practicaban. ¡Tristeira e inxusta despedida!.
De acordo co artigo 14 CE tanto as leis e demais textos normativos coma as resolucións dos órganos xurisdicionais e gobernativos que se dicten na súa aplicación DEBEN ser expresadas na lingua ou linguas oficiais propias dos territorios sobre os que os poderes e administracións públicas correspondentes proxecten as súas potestades públicas, e deben ser traducidas cando deban serlles aplicadas ou notificadas ós xustizábeis e administrados que lexítimamente aínda descoñezan as respectivas linguas oficiais propias do territorio nas que inicialmente deben ser expresadas.
E, o tratamento deses textos tamén debe ser feito polos órganos públicos e mais polos operadores privados sen discriminación (ex art. 14 CE): na lingua oficial propia do territorio con posibilidade de tradución para quen lexitimamente a descoñeza.
Porén, a conduta neste eido do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela insírese no terrorismo lingüístico (matalinguas)imperante e xeralmente tolerado incluso por quen cre estar en prol do uso normal de todas as linguas.
Cabe destacar que o ICA de Santiago de Compostela vén poñendo grande interese en protexer os seus colexiados que rexeitan usar o galego na súa actividade profesional.
Convén salientar, como exemplo do terrorismo lingüístico que implementa, que no texto recollido en cursiva no pé da nova, non se esixe o uso da lingua propia do territorio; senón que, simplemente se MANIFESTA O DESEXO ("manifesto o meu desexo de utilizar")de usala ... se iso non molesta a ninguén!
O terrorismo lingüístico do ICA de Santiago de Compostela está na liña do terrorismo lingüístico xeralizado na Galiza española consistente en botar sobre as costas dos demais (escolantes, familias dos escolantes, individuos ...) as responsabilidades institucionais propias: ESIXENCIA DO USO DA LINGUA OFICIAL PROPIA DO TERRITORIO SEMPRE E CANDO O INTERLOCUTOR NON A DESCOÑEZA LEXITIMAMENTE.
Cantos de Reis
Os tres Reis Magos van para Belén,
quitaron os zocos para correr ben.
Lupe da Caveira fáillelo café´
Esperanza de Macario peneira de pé.
Vinde os que as redes botades
no azulado mar de Neda.
Vinde os que a xedra xegades
na baixada da marea.
E veñan as panadeiras
co seu pan fresco de trigo,
e as que lavan ao abrigo,
e as que cultivan as leiras.
Traede a gaita de fol
pra tocar polo camiño.
Das alforxas queixo mol
pra levarlle ao pequeniño.
Din que está nunhas palliñas
o Neno Deus tan recente.
Máis guapo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.
A "Tixela Vella" ten un "matiné"
todo Neda sabe de que cor é.
Santos reis, santos coroados
Vinde ver quem vos coroou
Foi a Virgem, mãe sagrada
Quando por aqui passou
O caminho era torto
Uma estrela vos guiou
Em cima duma cabana
Essa estrela se pousou
A cabana era pequeninha
Não cabiam todos os Reis
Adoraram o meu meninho
Cada um de sua vez.
(Popular)