Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A través do portal eBay

A cea co presidente da Xunta en Monte Pío adxudicouse por 1.300 euros

Novas Xeracións non acada os tres mil euros na súa poxa benéfica. O resto dos obxectos non acadaron os 500.

Redacción - 10:50 05/01/2010

A madrugada do martes rematou a poxa benéfica organizada por Novas Xeracións en eBay e que ofrecía varios obxectos de diferentes conselleiros do Goberno, ademais dunha cea co presidente da Xunta. Aínda que as mocidades do PPdeG contaban con superar os tres mil euros ao remate da poxa, finalmente non se chegou a esa cifra por 40 euros.

A cea con Núñez Feijoo foi o obxecto máis cotizado, e tamén o único que non comportaba gastos de envío adicionais. Por 1.300 euros, a persoa afortunada poderá pasar unha velada co presidente da Xunta en Monte Pío.

A moita distancia quedou a escultura de Acisclo Manzano achegada polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, vendida por 440 euros. Algo máis económicos (300 euros) resultaron os cadros pintados polo propio responsábel de Medio Rural, Samuel Juárez.

Malia o atractivo que podería ter o nome de Mariano Rajoy, a súa gravata e porta-cigarros tivéronse que conformar co cuarto posto no que se refire ao prezo de venda: 275 euros. O resto dos obxectos que se ofertaban quedaron por debaixo dos 200 euros: o bolígrafo de Pilar Rojo (192,50), o de Rosa Quintana (152,50), o móbil de Alfonso Rueda (102,50), os zapatos de Beatriz Mato e o colgante de Pilar Farjas (100 euros cada un deles).


1.73/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: