Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DO BNG

O BNG denuncia graves deficiencias no cárcere de Teixeiro

Exixe o Goberno que solvente problemas como cortes de auga, falta de calefacción, ausencia de control de pragas ou falta de persoal.

Redacción - 14:07 22/01/2010

Reclusos e persoal funcionario do cárcere de Teixeiro teñen que soportar a diario condicións impropias dunhas instalacións deste século. Continuos cortes de auga, falta de calefacción, ningún tipo de control de pragas ou falta de persoal son algúnhas das “graves deficiencias” que denuncia o BNG. Os parlamentarios nacionalistas no Congreso, Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, exixen en consecuencia ao Goberno español que “garanta unhas condicións dignas” para a poboación deste centro penitenciario.

Auga, calefacción e pragas
Segundo explican, o cárcere abastécese de auga a través de pozos propios, pero os continuos fallos nas bombas de extracción e os cortes de subministro eléctrico fan que os pozos se baleiren con frecuencia. Ademais, os nacionalistas denuncian que no pasado mes de marzo “a dirección do centro deixou de facer os traballos de mantemento dos pozos, sen ningunha xustificación”.

O BNG advirte que, a maiores, algúns días “restrínxese a ración de pan diaria, xa que cando hai cortes de auga, non se pode elaborar pan na propia panadería que hai no centro e da que se abastece”. E tamén como consecuencia dos curtes de auga, falta a calefacción, un problema que xa fora denunciado anteriormente por funcionarios do centro, sen ningún tipo de resposta.

Doutra banda, lamentan o “desleixo” na desratización e desinfección, o que xa está dando lugar á aparición de focos de ratas e insectos. Finalmente, xunto ás graves deficiencias en infraestruturas e servizos, o BNG tamén denuncia o descenso no número de funcionarios.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: