Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise química

Alertan da descarga de áridos perigosos para a saúde no porto de Ferrol

A Asociación Galega de Áridos pídelle á Xunta que paralice a importación dese material dos Países Baixos, que detectou a finais de xullo.

Redacción - 17:59 25/01/2010

A Asociación Galega de Áridos (AGA) pediu que a Xunta paralice a importación de material de construción procedente dos Países Baixos que está a realizar unha empresa fenesa por considerar que se trata de áridos contaminantes e perigosos para a saúde.

Segundo informou AGA, tivo coñecemento da chegada deste material ao porto de Ferrol dende finais do mes de xullo e denunciou os feitos perante as Administracións en setembro de 2009. A asociación asegura que eses áridos, importados pola empresa Manmer, do polígono Vilar do Colo, proceden de pavimentos de estradas neerlandesas e contan con concentracións de hidrocarburos policíclicos aromáticos superiores das permitidas.

A AGA calcula que xa se descargaron máis de 400 mil toneladas deses materiais. Os estudos encargados pola entidade á Universidade de Santiago e "a dúas consultoras privadas" corroboran que eses índices de contaminación demostran que eses residuos non se reciclaron convenientemente, malia que a empresa asegura contar con todos os certificados. Ademais do risco que supón para a saúde, a AGA entende que tamén supón un prexuízo económico para o país, ao existiren en Galiza áridos do mesmo tipo e sen eses problemas.

Segundo informou a asociación, os resultados das análises parecen indicar que se trata de residuos de estradas neerlandesas con base de chapapote, prohibido no país dende 1990. Así mesmo, da investigación conclúese que "é desaconsellábel" o uso deste material "e moito máis sen un estudo específico, sen unha análise de riscos e sen un plan de seguimento".


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: