Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBITUARIO

Finou Antón Moreda, histórico dirixente nacionalista

Foi figura clave na reorganización do movemento nacional galego logo de que o golpe de Estado de 1936 tronzase a traxectoria do Partido Galeguista.

Redacción - 18:47 04/02/2010

Antón Moreda, figura clave na reorganización do movemento nacional galego logo de que o golpe de Estado de 1936 tronzase a traxectoria do Partido Galeguista, morreu nas últimas horas.

En agosto de 1953 participa na fundación das Mocedades Galeguistas de Arxentina. Asiste ao I Congreso Galego da Emigración celebrado en 1956. De volta en Galiza á altura de 1960, entra a traballar como axente comercial da Editorial Galaxia, aproveitando esta actividade para contactar con novos galeguistas organizados arredor das asociacións culturais e co grupo Brais Pinto.

Foi fundador e Secretario Xeral do Consello da Mocedade, punto de arranque do nacionalismo contemporáneo e resultado da coñecida como "Operación Pomba Mensaxeira" dirixida por Antón Moreda e destinada a organizar politicamente o nacionalismo en Galiza para liderar a oposición antifranquista.

Funeral, este venres e condolencias do BNG

Segundo fontes do Bloque Nacionalista Galego, que expresou a súa dor pola morte do histórico dirixente nacionalista, o funeral será este venres ás 16.00 horas en San Cosme de Barreiros. "Antón Moreda, con cuxa familia e achegados se solidariza o BNG, foi un deses bons e xenerosos que deron o mellor de si para construír unha nación galega máis libre e máis socialmente xusta", sinalaron.

En maio de 2008, un equipo de Vieiros desprazouse até Castro de Ribeiras de Lea para entrevistar a Antón Moreda nun centro psiquiátrico no que vivía de xeito habitual dende hai décadas en situación de "beneficiencia" como el mesmo definía. A lucidez daquela conversa quedou plasmada en varios vídeos. Poden ver aquí a reportaxe íntegra.


4,85/5 (26 votos)


Comentarios (19)

Atlantico #1 4/Febreiro/2010 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Unha grande magoa. Este era un galeguista dos de verdade.

Brais #2 4/Febreiro/2010 Brais
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Que a Terra te acolla, bo e xeneroso

chegaliza #3 4/Febreiro/2010 chegaliza
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

"Se Galiza fose un Estado teriamos a dignidade de dicir 'na miña casa mando eu'"

carlinhos21287 #4 4/Febreiro/2010 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

http://www.anosaterra.org/nova...

zarrulheiro #5 4/Febreiro/2010 zarrulheiro
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Em São Miguel de Reinante, onde nasceu e medrou, hoje foi-se o ar. Adeus companheiro.

Cuevillas #6 4/Febreiro/2010 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Que Deus che teña na groria, patreota!!! Que caba piñeiro se erga coma un cruceiro.

simplementeego #7 4/Febreiro/2010 simplementeego
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Márcha-se um independentista dos de verdade, um luitador de pro.

salga2 #8 4/Febreiro/2010 salga2
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Camarada, bo patriota, nunca te esqueceremos

opiloto #9 4/Febreiro/2010 opiloto
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

"Se Galiza fosse um Estado teríamos a dignidade de dizer 'na minha casa mando eu'" viva galiza ciebe....

ANGR #10 4/Febreiro/2010 ANGR
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Galeguista, irmão verdadeiro.

Vaia em paz

fillotolo #11 4/Febreiro/2010 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Algúns tan so botan merda na terra, outros sementes. Grazas polo servizo prestado ao teu país e a súa xente.

Viva Galiza.

GalizacapitalBraga #12 4/Febreiro/2010 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Semente que melhora a terra.

trebello #13 4/Febreiro/2010 trebello
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

até sempre.

juli_gz #14 5/Febreiro/2010 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

algun dia veras este pais ceive, até sempre compañeiro.

VIVA GALIZA CEIVE!

pitiriti #15 5/Febreiro/2010 pitiriti
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O esforzo dos que se foron non será en van, ata a vitoria compañeiro, na liberdade nos toparemos

breoghain #16 5/Febreiro/2010 breoghain
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

PATRIOTA !!!
SAUDAÇONS NACIONAIS !!

GALIZA TERÁ O ESTADO QUE QUERIAS E QUEREMOS !!!
E UM ESTADO NOM É UMHA CONHA DE POLÍTICOS !!
GALIZA JÁ TEM A PRIMEIRA GERAÇOM QUE ACREDITA EM UM ESTADO GALEGO !!!

galeguzo #17 5/Febreiro/2010 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Adeus, Dom Antom.

alenmar #18 7/Febreiro/2010 alenmar
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Bos Aires non esquecerá nunca a túa presencia e participación. Até sempre. Viva Galiza ceive.

luisfoz #19 8/Febreiro/2010 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bem pela informação mas seria bom que Vieiros informasse também de como correu o enterro.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: