Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Última enquisa sobre intención de voto

Un ano despois do paso polas urnas o PPdeG reforzaría a maioría absoluta

Unha recente sondaxe outórgalle 40 asentos no Parlamento. O PSdeG (23) perde cadanseu escano na Coruña e Pontevedra. Manteríase o BNG (12).

Redacción - 09:15 08/02/2010

En pouco menos dun mes cumprirase un ano da cita electoral do 1 de marzo que devolveu o PPdeG ao Goberno. E neste período, atendendo aos datos da enquisa feita pública este luns polo xornal coruñés La Voz de Galicia, os populares terían aumentado vantaxe sobre os rivais políticos neste primeiro treito no poder. A sondaxe outórgalles 40 escanos, por riba dos 38 obtidos en 2009 nas urnas. Desta volta, e a diferencia do que aconteceu naquela ocasión, en porcentaxe total de voto o PP (47,9) sumaría máis que PSdeG (26,6) e BNG (14,6), xa que se daquela rabuñara a maioría absoluta aínda colleitando menos votos que a suma de socialistas e nacionalistas.

Malia que en conxunto as forzas do bipartito se deixan neste período perto de sete puntos da confianza obtida en 2009, ese descenso renderíalle apenas nun punto de incremento para o PP. Así e todo, ese lixeiro ascenso traduciríase en dous deputados máis no Parlamento, un pola Coruña e outro por Pontevedra. Alén da Coruña, o PP obtería en Ourense o maior incremento. A maior caída para o PSdeG sería na provincia da Coruña e para o BNG na circunscrición de Lugo.


Ligazóns

1.22/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: