Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN PONTEVEDRA E VIGO

Outro paso adiante cara ao financiamento privado da sanidade

O Consello da Xunta anulará oficialmente a ampliación do hospital de Montecelo. Mentres, colectivos de Vigo chaman a manifestarse pola xestión pública.

Redacción - 19:10 09/02/2010

O novo hospital de Pontevedra situarase definitivamente en Monte Carrasco, na parroquia pontevedresa de Marcón. Así o anunciara xa o executivo e así o referendará este xoves no vindeiro Consello da Xunta, cando se derrogará o proxecto de incidencia supramunicipal aprobada polo anterior goberno bipartito para a ampliación do Hospital de Montecelo.

Hospital único en Monte Carrasco
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, anunciou nunha visita ao Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) que esta decisión deixará sen efectos a expropiación dos terreos que xa estaba en marcha para a ampliación de Montecelo porque “xa non é necesaria”. Así, argumentou que a infraestrutura sanitaria que estaba prevista non se vai a realizar por “falta de viabilidade do proxecto funcional”.

Farjas adiantou que será este mércores cando explicará no Parlamento o uso que lle dará a Xunta ao edificio de Montecelo, unha vez que xa entre en funcionamento o hospital único de Monte Carrasco. Daralle así resposta a unha petición socialista, que leva tempo reclamando que este tema se leve ao debate na Cámara.

A mudanza no proxecto continúa a xerar inquedanza na comarca. O propio alcalde de Pontevedra, Anxo Fernández Lores (BNG) xa adiantou que “non hai argumentos que xustifiquen a negativa a ampliar o hospital de Montecelo”. Segundo explicou en reiteradas comparecencias, “a Xunta non está invertindo cartos públicos en hospitais, mentres introduce o financiamento privado na construción e na súa xestión”.

En Vigo, manifestación
A sombra dos intereses privados tamén está presente en Vigo, onde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, sindicatos e traballadores da área sanitaria xa convocaron unha manifestación para reclamar que o novo hospital vigués teña un financiamento e unha xestión pública. A marcha será o vindeiro 25 de marzo, partirá da Vía Norte e é xa a segunda destas características, logo de que a celebrada o pasado 29 de outubro congregase a unhas 15 mil persoas.

Esta protesta demandará á Xunta que retire a súa intención de financiar con fondos privados o novo hospital de Vigo xa que, segundo estes colectivos, “será máis caro” e “ofrecerá peores servizos aos pacientes”, que ademais “verán reducido o número de camas”.


4,38/5 (8 votos)

Comentarios (8)

sozinho #1 9/Febreiro/2010 sozinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Os feijoãos séntense donos da opinión pública coa súa vitoria a golpe de demagoxia, polo que é máis importante machacar tódolos logros bipartitos que gobernar.

LoboBranco #2 9/Febreiro/2010 LoboBranco
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sim, e o triste é que estas notícias semelham que ainda lhe dam mais votos ao PP (oxalá o inquérito de La Voz de sus Amos fosse mentira 100%...)
E o escândalo das últimas oposições em Sanidade, com notas maravilhosas de opositores que trabalham em PACs onde também trabalham integrantes dos tribunais? Neste caso, como no da privatizaçom da sanidade, a opiniom pública nem sabe, e se sabe nem reage...o ermo ameaça ser o único que fique nestes anos que ficamde governo "habichuelo" e da sua apisonadora da maioria absoluta.

pitiriti #3 10/Febreiro/2010 pitiriti
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O seguinte paso será privatizar a Xunta, xa estou vendo aos interesados na presidencia mandando curriculums e recomendacións...

xabinho #4 10/Febreiro/2010 xabinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois xa sabedes, a puta rúa!!!, e outra cousa se facemos caso o que dí a COZ, melhor agochar a cabeza e dicir AMEM!!
Pois nom!!, eso é o que querem joder, desmotivarnos e desmoralizarnos, e que nom o vedes??
HAI QUE LOITAR,OSTIA!!, polo menos eu morrerei coa conciencia tranquila por loitar polo bem do meu pobo e contra as desfeitas de estes exterminadores,nazis, imbecis e escuros, e cando sexa un puto fiambre as miñocas que me comam dirám:QUE BEM SABEM ESTOS ÍNTEGROS!!!!
ANIMO, QUE NOM QUEDA POUCO!!

ESPARAVANDA #5 11/Febreiro/2010 ESPARAVANDA
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Una sanidade pública, de calidade e rápida, é a cousa máis necesaria. Co prezo que custa unha intervención quirúrxica, quén podería operarse de pago?

revotado #6 11/Febreiro/2010 revotado
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xa veremos cante xente vai á manifestación: isto non interesa tanto como defender a unha caixa que se dedica a construir piso coma fungos...

ecoe #7 11/Febreiro/2010 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Continúa -entre os uns e os outros- o proceso INvolucionario que as clases poderosas donas da maior riqueza económica levan aiante cos SEUS gobernos da corda- contra as clases POBRES DO MUNDO, E DO €$TADO, E DO NOSO PAÍS, agora EXACERVADAS baixo formas de RADIKAL NEOLIBERALISMO disfrazado: o tempo de Antroido leva xa para un quarto de século!!

Tutti #8 14/Febreiro/2010 Tutti
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Viva a privatización dos servizos públicos! Adeus ó estado de benestar! Deámoslle todo ás coitadiñas empresas amigas do Partido Popular porque por culpa da crise non van poder ingresar miles de millóns só van ingresar centos de millóns, pobriñas....
NON Á PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS (sanidade, educación, etc)

naciongalega.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O goberno bipartito botara a andar o proxecto de ampliación de Montecelo
O goberno bipartito botara a andar o proxecto de ampliación de Montecelo
Colectivos de Vigo convocan unha nova protesta para o próximo 25 de marzo
Colectivos de Vigo convocan unha nova protesta para o próximo 25 de marzo
Imaxe da última manifestación a prol da sanidade pública en Vigo
Imaxe da última manifestación a prol da sanidade pública en Vigo