Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Campaña nas escolas do país

"Dou e darei as clases en galego"

Como integrante da plataforma Queremos Galego, a CIG-Ensino inicia unha campaña de recollida de pronunciamentos do profesorado a prol das aulas na nosa lingua.

Redacción - 11:15 19/02/2010
Cartaz na manifestación a prol da lingua do pasado 21 de xaneiro

Cartaz na manifestación a prol da lingua do pasado 21 de xaneiro

"Hoxe aínda están en activo as profesoras e os profesores que, no seu día, desafiaron a ditadura franquista dando aulas en galego, ao igual que outras e outros docentes que chegaron a ser sancionados, nos anos 80, por transmitir os seus coñecementos na nosa lingua". Recórdano desde a CIG-Ensino, subliñando a tradición de implicación activa da comunidade educativa galega en favor da galeguización do ensino.

Con esa realidade na memoria, a formación sindical emprende unha iniciativa vencellada á Plataforma Queremos Galego e ás mobilizacións contra o decreto sobre as linguas no ensino impulsado polo actual Goberno. Así, a CIG deseñou unha campaña dirixida ao profesorado para que se visibilice o rexeitamento ao decreto e se expoña "a decisión inequívoca de continuar a dar aulas en galego, tal e como se viña facendo até o de agora". "Foi o profesorado galego quen, coa súa vontade e esforzo, conseguiu os avances que até o de agora se deron na normalización do noso idioma no ensino", defenden.


4.81/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: