Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBITUARIO

Finou Leopoldo López Rego, relixioso e militante da esquerda nacionalista

Candidato ao Senado nas eleccións de 1977 polo BN-PG, foi avogado de referencia de Comisións Labregas en numerosos conflitos sociais.

Redacción - 00:46 21/02/2010
Tags:

Este sábado produciuse o pasamento de Leopoldo Hilario López Rego. Relixioso da orde dos Pasionistas, foi candidato ao Senado polo Bloque Nacional-Popular Galego nas eleccións de 1977. Dous anos antes, en plena ditadura franquista, fora detido por acumular propaganda política no convento melidense onde residía.

A faceta relixiosa de López Rego complementábase coa de avogado. Como tal defendeu a numerosos militantes das Comisións Labregas e a grupos veciñais en conflitos sociais. O seu compromiso provocoulle moitos enfrontamentos coa xerarquía eclesiástica, que censuraba o seu posicionamento político (ao igual que lle sucedeu a outro seu compañeiro, o histórico dirixente nacionalista Moncho Valcarce, ‘o crego das Encrobas')

Nos anos 80 deixou os hábitos relixiosos e aprobou unha oposición a secretario de concellos. Este domingo será soterrado en Boisaca (Compostela), onde haberá un acto na súa lembranza ás 19.30 horas.


4,92/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: