Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O OUTRO DEBATE

As habitacións pechadas das caixas só se ventilan en internet

Diferentes blogs de traballadores das entidades de aforro dan outros puntos de vista sobre a fusión e sobre a “mala xestión” dos últimos anos.

Redacción - 13:50 22/02/2010

A fusión das caixas galegas orixinou un dos máis intensos debates políticos dos últimos anos. É precisa a fusión para manter a galeguidade das entidades? Hai opinións para todos os gustos. Canda esta primeira pregunta, aparecen as sempiternas loitas entre Norte-Sur.

Chama a atención que políticos e medios de comunicación eludan unha pregunta que semella básica: Por que as entidades galegas non son solventes a longo prazo? A situación na que se atopan débese só a causas esóxenas?  Por que non se analiza con luz e taquígrafos a xestión dos dirixentes das caixas?

Preguntas concretas e poucas, ou ningunha resposta nos foros públicos. Só a rede se mostra máis crítica con todo este proceso. Algúns blogs, como os das seccións sindicais das entidades de aforro ou o do economista coruñés Antonio Grandío Dopico dan algunhas respostas, que de seguro non son “politicamente correctas”.

Algunhas entradas:

Blog de Dopico Grandío:

-Carta aberta ao señor Méndez (20/02/2010): “Os resultados son moi malos, tanto en cifras absolutas, como comparados coa competencia. Ninguén pode afirmar, a partir de agora, agás irresponsábeis que os hai, que vostede é líder de nada nin que é un bo xestor. Vistede está deteriorando, día a día, unha caixa que primeiro axudou a construír”.

-Blogs das seccións sindicais da CIG en Caixa Galicia e Caixanova:

-Por que Caixa Galicia non pode seguir soa? (17/12/2009): “En primeiro lugar polo "aventurerismo financeiro" dos xestores das mesmas, os auténticos irresponsábeis que nos levaron á situación actual (...)”


4.91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: