Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Xornadas de análise no Consello da Cultura

Recortar o galego no ensino é "incumprir" a Carta Europea das Linguas Minoritarias

A xustiza e o ensino son os ámbitos onde "o Estado vulnera" de xeito "moi evidente" o documento. Expertos europeos participan na reunión, este luns e martes.

Redacción - 10:30 23/02/2010

A coordinadora das Xornadas sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, a profesora de dereito da USC Alba Nogueira, advertiu de que a "política de recortes" do galego no ensino, que na súa opinión prevé a Xunta, "vai en contra" do modelo que estabelece o documento e representa o seu "incumprimento".

Entre os participantes nesta reunión, que se desenvolve na sede do Consello da Cultura este luns e martes, figuran Simone Klinge, do Secretariado da Carta no Consello de Europa; Eduardo Ruiz, da Universidade de Deusto (Euskadi); Gwyn Parry, da Universidade de Swansea (Gales); Eva Pons, da Universidade de Barcelona (Cataluña); ou Robert Dunbar, da Universidade de Aberdeen (Escocia).

Nogueira recordou que a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, impulsada polo Consello de Europa e dirixida a "protexer as minorías lingüísticas", foi ratificada polo goberno español "co nivel de protección máis elevado" para as linguas cooficiais do Estado, en función do seu número de falantes. "Iso significa que se teñen que adoptar as medidas ás que se comprometeu", subliñou.

Xustiza e ensino
Ao respecto, xustiza e ensino son os ámbitos "onde a Unión Europea lle recorda reiteradamente ao Estado que hai incumprimentos moi evidentes e que non se cumpren os compromisos". Neste senso van as críticas á política lingüística en Galiza, "reiteradas por informes do comité de expertos" da UE que constataron "problemas de incumprimento no ensino", onde debería existir a posibilidade de acceso a un modelo "só en galego".

Nesta liña, aludiu ao proxecto da Rede de Galescolas impulsado pola Xunta do bipartito, encomiado polo último informe da institución europea -datado de 2008- e que "vai na liña" das políticas expostas na Carta.

Ademais, comentou outros modelos que se acollen ás formulacións da norma, como a inmersión en Cataluña; o sistema triplo do País Vasco -só en vasco, 50% entre vasco e catalán ou maioritariamente en castelán. "Non son válidos casos como o valenciano ou o galego", aclarou.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: