Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CO APOIO DA XUNTA

Bota a andar o Clúster do Granito de Galiza

Unhas 200 empresas súmanse a este proxecto nun sector que factura 800 millóns de euros e dá emprego directo a máis de 10 mil traballadores.

Redacción - 18:36 02/03/2010
No Porriño aséntase a canteira de granito máis grande do mundo

No Porriño aséntase a canteira de granito máis grande do mundo

Reducir custes, fomentar a internacionalización e a innovación e completar o proceso produtivo avanzando na comercialización. Estes son os obxectivos que se marca o Clúster do Granito de Galiza, unha iniciativa que suma un total de 200 empresas de distintos ámbitos do sector e que conta co rotundo apoio da Xunta de Galiza.

O conselleiro de Economía, Xabier Guerra, subliñou a importancia do sector, que considerou “estratéxico” e “de referencia no ámbito internacional”. Destacou que “para a pedra natural galega é difícil competir en custe” cos países asiáticos, mais avogou por “facerse un oco no mercado a través da diferenciación do produto”. Malia que non deu detalles sobre a achega económica que a Xunta fai ao Clúster, Guerra destacou que a consellaría ten un orzamento para a internacionalización “un 60% maior que o ano pasado” (18 millóns de euros) e avanzou que se “irá incrementando ao longo da lexislatura”.

Para granito, O Porriño
No Porriño aséntase a canteira de granito máis grande do mundo: cada ano extráese máis dun millón de bloques. Segundo os datos do Clúster, esta industria galega é tecnoloxicamente a máis avanzada do mundo; en volume é a segundo máis importante de Europa (despois de Italia) e a quinta do mundo.

As empresas do sector facturan 800 millóns de euros e dan emprego directo a máis de 10 mil traballadores.


1.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: