Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUNCAS revisa á baixa do prognóstico de crecemento

O PIB galego afrouxou menos que a media estatal en 2009

Malia o avance na converxencia coa UE, Galiza rexistra unha das menores taxas de actividade e o máis baixo incremento de produtividade.

Redacción - 10:45 04/03/2010

Galiza é unha das nove comunidades autónomas que rexistraron en 2009 descensos do seu Produto Interior Bruto (PIB) menores que a media estatal (as outras son Estremadura, Baleares, Madrid, Euskadi, Cantabria, A Rioxa, Nafarroa e Andalucía). Así, a evolución do PIB galego neses doce meses foi do -3,08% (a media estatal chegou ao -3,83% e os peores datos son os de Aragón, cun -4,87% e Cataluña, -4,69%). Son datos do estudo presentado este xoves pola Fundación de Caixas de Aforros (FUNCAS) baixo o título "Autonomías 2009: un retroceso desigual", ademais do informe de previsións económicos para o Estado Español no treito 2010-2011. A análise atribúelle xenericamente ao conxunto de autonomías onde a desaceleración foi menor factores tales como a maior diversificación sectorial ou unha menor proporción industrial na súa estrutura produtiva. Doutra banda, FUNCAS revisa á baixa os prognósticos de crecemento do PIB estatal para 2010 e 2011, agoirando que serán respectivamente do -0,7% e 0,8%.

Galiza sae de 2009 tamén cun dos índices máis baixos de desemprego (12,59%), por baixo da media estatal do 18,01%. Mais por outro lado o estudo tamén repara en que Galiza ten de seu unha das taxas de actividade máis baixas do Estado, cun 54,89%, lonxe da media do 59,36%, estando só por riba de Estremadura, Castela e León, e Asturias. Outro indicador analizado é a variación da produtividade neste período, onde tamén Galiza aparece de pechacancelas cun 0,90% e só por riba de Castela e León, lonxe do incremento medio estatal (2,73%).

O estudo de Funcas tamén sinala como queda o índice de converxencia fronte á Unión Europea logo deste 2009. Nesa lista aparece un primeiro grupo liderado por Madrid (133%), Nafarroa(129) e Euskadi(128). A continuación e nun segundo grupo no treito de 100 a 115% na media de converxencia, o estudo sitúa a Aragón, Cataluña, Cantabria, A Rioxa, Castela e León, Baleares e Canarias. De seguido, e por tras da Comunidade Valenciana (89,50) e Asturias (93,16%), Galiza aparece no terceiro grupo (de 85 a 100%), cun índice de converxencia do 90,56% ao final de 2009.


Ligazóns

1/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: