Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Política Lingüística

O BNG tramitará a ILP de Queremos Galego por vía parlamentaria

O deputado Bieito Lobeira anunciou que apoiará o "texto literal" da iniciativa, para impedir que a mesa do Parlamento "cale o pobo".

Redacción - 17:50 10/03/2010
Bieito Lobeira, nunha intervención parlamentaria

Bieito Lobeira, nunha intervención parlamentaria

O voceiro de política lingüística do BNG, Bieito Lobeira, criticou que a mesa do Parlamento non admitise a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola plataforma Queremos Galego, afirmando que non se pode utilizar "un soporte técnico xurídico" para negar un debate sobre a lingua. Así mesmo, anunciou que o Bloque se pon "a disposición desta plataforma para tramitar pola vía regulamentaria esta iniciativa".

Segundo o deputado, "nin a maioría popular, nin a mesa do Parlamento, nin ninguén, vai calar o pobo", e exixiulles unha explicación do acontecido ao PPdeG, con maioría na Mesa e ao representante do PSdeG, que o secundou.

Lobeira achacou a decisión a que o PPdeG está a instrumentalizar o Parlamento dunha "maneira bochornosa", como demostra o feito de frear unha iniciativa proposta por unha plataforma, "expresión organizada de milleiros de galegos e galegas e 600 entidades, colectivos e organizacións sociais". Por iso, garantiu que o BNG apoiará o "texto literal" da ILP para asegurar o "dereito inalienábel" da plataforma a presentar as iniciativas que considere en materia lingüística.


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: