Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Inxectará 66,5 millóns con tal fin

A Xunta agarda que administracións e institucións poidan absorber até 9.500 desempregados

A iniciativa máis ambiciosa do Goberno para combater o paro céntrase por agora en tratar de acomodar a desempregados en concellos, universidades e entidades sen ánimo de lucro.

Redacción - 16:33 11/03/2010

Á saída do Consello de Goberno desta quinta feira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, explicou os detalles do conxunto de tres medidas aprobadas polo executivo para combater o desemprego. En primeiro lugar, asígnanse 5 millóns de euros para unha iniciativa que entre 2010 e 2011 pretende beneficiar a 4 milleiros de desempregados. Estas axudas van especificamente destinadas a corporacións locais e a entidades sen ánimo de lucro. O obxectivo é que poñan en marcha "proxectos de formación, de orientación, de asesoramento e de práctica laboral e mobilidade xeográfica de persoas desempregadas".

A segunda iniciativa ten asignados 24,6 millóns de euros e asegura Núñez Feijoo que permitirá a contratación de 1.400 persoas cando finalice este 2010. O investimento vai destinado a universidades e entidades sen ánimo de lucro e, sinalou o presidente, facilitaría a contratación de 1.200 traballadores e 200 axentes de emprego. Por último, a terceira liña de axudas aprobada, cun orzamento de 37 millóns, di a Xunta que lle dará traballo a 4 mil persoas a través de programas que inclúen escolas obradoiro, casas de oficio, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento. Terán preferencia para beneficiarse destas axudas aquelas persoas que esgotaran as prestacións e subsidios por desemprego.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: