Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DE MAIO DE 2011

O BNG adiará a asemblea nacional até que pasen as eleccións locais

Nin a UPG nin Máis BNG van apoiar a petición de Encontro Irmandiño, que pedía que se celebrase este mesmo ano.

Redacción - 10:25 12/03/2010

As dúas grandes tendencias do BNG (UPG e Máis BNG) non ven preciso celebrar unha asemblea nacional antes dos comicios municipais, tal e como pediu Encontro Irmandiño. Se xa se coñecía o posicionamento contrario da UPG, este xoves a dirección de Máis BNG decidiu que os seus representantes se absteñan cando se trate este punto no Consello Nacional deste sábado.

Dende Encontro Irmandiño subliñan que a cita debería celebrarse este ano para elaborar unha nova estratexia política de cara aos comicios locais e, á súa vez, anovar a dirección frontista. Os dous sectores maioritarios consideran que, lonxe de beneficiar, un debate interno dese tipo podería “descentrar” á militancia do traballo nos municipios.

O Movemento Galego ao Socialismo a cuarta corrente con presenza no Consello Nacional tamén adiantou que non van apoiar o adiantamento electoral ao considerar que aínda non se pechou o debate aberto na asemblea extraordinario. Ampliar este posicionamento aquí.


4.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: