Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROTESTA

Máis dun milleiro de persoas saen ás rúas de Compostela ao berro de 'Galiza Non Se Vende'

A terceira manifestación nacional convocada pola plataforma rematou cun concerto na sala Nasa.

Redacción - 20:17 21/03/2010

Algo máis de mil persoas saíron este domingo ás rúas de Compostela convocadas pola plataforma 'Galiza non se Vende', que agrupa a 60 colectivos e asociacións de todo o país. A manifestación, a primeira que se convoca dende a chegada ao poder de Núñez Feijoo, partiu da Alameda pouco despois do mediodía co lema de “Galiza non se vende. Terra viva e vida digna para todas!

Nun ambiente festivo, manifestantes volveron berrar consignas contra a destrución de territorio e a especulación urbanística. O plan acuícola, a planta de Reganosa ou a necesidade dunha rede de transporte público figuraban en numerosas pancartas. A xornada conxugou a reivindicación coa festa. Así, ao longo da tarde houbo un espectáculo musical na sala Nasa no que actuaron Sacha na Horta, as pandereteiras de Bouba e O Sonoro Machín.

A participación foi menos numerosa que na última mobilización nacional convocada por 'Galiza Non Se Vende' que tivo lugar o 15 de febreiro de 2009, cando aínda estaba na Xunta o bipartito. Naquela ocasión até Compostela achegáranse perto de tres mil persoas procedentes das diferentes comarcas do país.


3.71/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: