Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Contra a deforestación

Nestlé perde contra os ecoloxistas nas redes sociais

A multinacional tivo que deixar de censurar comentarios na súa páxina do Facebook, despois de acadar os resultados contrarios aos esperados.

Redacción - 10:45 22/03/2010
Comentarios contra Nestlé publicados no Facebook

Comentarios contra Nestlé publicados no Facebook

As redes sociais están a abrir novos xeitos de actuar para o activismo ecoloxista. A multinacional suíza da alimentación Nestlé converteuse no albo de varias accións a través de Facebook e, posteriormente, de Twitter, despois de que bloquease as críticas na primeira rede social.

Greenpeace leva tempo tentando que Nestlé deixe de usar aceite de palma, pois a súa produción produce deforestación, emisións de gases de efecto invernadoiro e a extinción de especies en perigo, especialmente os orangutáns. Aínda que a ONG publicou un vídeo en YouTube contra a multinacional, finalmente Nestlé conseguiu retiralo baseándose en dereitos de autor. Iso o que provocou foi, precisamente, máis publicidade para Greenpeace.

O seguinte paso, segundo informa Cnet, deuse en Facebook. Alí, Nestlé dispón dunha páxina de seareiros que foi aproveitada polos activistas para publicar lemas contra a empresa suíza e, ademais, usar reinterpretacións de logotipos das súas marcas como avatares. De novo, a propiedade intelectual volveu servir de escusa para borrar comentarios. As respostas volveron ser contundentes: "Non nos deixades alterar os vosos logotipos, pero vós podedes alterar as selvas indonesias", dicían algúns comentarios.

A presión na rede social obrigou a multinacional a rectificar e a desculparse por ter censurado comentarios e imaxes: "Deixamos de borrar comentarios e deixamos de ser repugnantes".


4.88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: