Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe 1999-2009

"Investir en ideas, ollar para o pasado e mirar fóra": Dez anos da FGS

A Fundación Galiza Sempre fai repaso dunha década de traballo que "debe servir para que o nacionalismo galego valore a importancia do traballo unitario".

Redacción - 09:15 26/03/2010
Beiras preside a FGS (imaxe de 1999)

Beiras preside a FGS (imaxe de 1999)

"Cumprimos dez anos e resulta obrigado rememorar e dar conta do feito". A Fundación Galiza Sempre (FGS) acaba de facer público un breve informe recompilador dunha década de traballo que, "malia a ausencia de medios ante tantas necesidades estratéxicas", afirman, "demostra que compensa investir en ideas, ollar para o pasado e mirar fóra, con tal de aprender e manter viva a esperanza na dimensión libertaria da política".

Constituída en 1999 por acordo do Consello Nacional do BNG, a FGS presentouse publicamente o 15 de novembro de 2000 en Compostela cunha conferencia de Xusto Beramendi, catedrático de Historia Contemporánea da USC. Case unha década despois, "renova a súa disposición" a servir de instrumento para conseguir "a soberanía nacional e a igualdade na sociedade galega".

Para este fin, "reclámase do nacionalismo capacidade para combinar o seu pluralismo co compromiso de edificar conxuntamente un proxecto sólido e solvente no longo prazo". Neste senso, o traballo que presentan, din, "debe servir para que o nacionalismo galego valore a importancia do traballo unitario en temas que transcenden as urxencias das eleccións e da política cotiá".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: